-
Period: Jan 1, 711 to Jan 12, 1474
Galicia Medieval.
En esta línea del tiempo aparecerán la fechas más importantes de sucesos ocurridos en Galicia durante la Edad Media.
https://youtu.be/UFAA8Lv1IKs -
Period: 711 to 1037
Galicia en la Alta Edad Media
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a
conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que
facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se
encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de
repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá. -
786
Descuberta do Sepulcro do Apóstol Santiago.
A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
850
Gallaecia no reino Asturiano.
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I. Durante o s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino. -
Period: 1037 to 1284
Galicia na plena Idade Media
É nestes séculos centrais da Idade Media cando Galicia fixe a grandes trazos o
territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala
independencia de Portugal. -
1107
A era Compostelá
Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
Nestes séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural,xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades, insignificantes no período altomedieval, nacerán e crecerán integradas perfectamente na súa contorna rural. -
Period: 1284 to 1474
A baixa Idade Media
Galicia entra no s. XIV cunha situación similar ao resto dos reinos da monarquía, sumida en medio de conflitos xeneralizados.
Na Baixa Idade Media Galicia asistirá a unha profunda crise demográfica e a
unha lenta recuperación, acompañada dunha contracción da produción agrícola. -
1366
Guerra Civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara.
A segunda metade do século I vai vir marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara. No século XV, os enfrontamentos continuarán e o poder da nobreza imporase sobre o dos reis. -
1467
Levantamento Irmandiño
O levantamento Irmandiño é a máis importante revolta antifeudal da Idade Media.
O levantamento Irmandiño pon fin a un século caracterizado por unha grandeconflitividade social.
Obsérvase unha confluencia entre o campesiñado e as masas urbanas, unidas nas mesmasreivindicacións, na busca dunha maior xustiza e dunha paz interior inexistente durante todo o s. XV., o que está detrás deste levantamento xeral que vivirá Galicia dende o
1467. -
1469
Reyes Católicos
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular.