-
Period: 40,000 BCE to 10,000 BCE
Paleolítico
-Aparición dos primeiros homínidos (4,4 millóns de anos). Era unha economía depredadora. Eran nómades. Facían instrumentos de pedra. Descubriron o lume. A socidade estaba formada por tribos o por unhas 20 o 30 persoas unidas entre si por lazos familiares.
Crían nas crenzas no poder dos elementos da natureza, os rituais máxicos e ao culto os mortos. Xurdiron a arte mobiliar e rupestre. -
Period: 10,000 BCE to 4500 BCE
Neolítico
Iniciouse coa aparición da agricultura e a gandaría. A economía era produtora (basábase no cultivo de cereais como o trigo e o arroz)
Eran sedentarios. Xurdiron aldeas e poboados e co tempo convertéronse en cidades. Usaban a técnica do puído. Inventaron a cerámica e os tecidos. Crían no culto aos astros, aos mortos,etc. As manifestacións máis importantes foi a cerámica. -
Period: 4500 BCE to 1000 BCE
Idade dos metais
Inciouse coa aparición da metalurxia e finalizou co descubrimento da escritura. Coñecíanse o cobre (4500 a.C), o bronce (1500 a.C) e o ferro (1500 a.C). Estes metais traballáronse en frío, forxa e en fundición. A economía basábase na agricultura, gandería e na artesanía. O comercio desenvolveuse debido á necesidade de obter metais e de intercambialos por outros productos. Xurdiu a arquitectura con monumentos megalíticos: o menhir, o crómlech e o dólmen.