Carabelas

OS GRANDES DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS

  • 1487

    Chegada ao cabo de boa esperanza ( ou das Tormentas )

    Chegada ao cabo de boa esperanza ( ou das Tormentas )
    Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza, deixando aberto o paso cara o océano Índico
  • Dec 10, 1492

    Descubrimiento de América

    Descubrimiento de América
    Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves:
    a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os
    ventos alisios e o 12 de outubro de 1492 chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron
    Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana).
  • 1494

    Tratado de Tordesillas

    Tratado de Tordesillas
    Para evitar conflitos con Portugal, os Reis Católicos asinaron o Tratado de Tordesillas (1494): Este
    documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as
    terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal.
    Creáronse os dous grandes imperios ultramarinos da Idade Moderna.
  • 1498

    Expedición a India

    Expedición a India
    Os portugueses seguiron a ruta do Leste bordeando África na busca dunha ruta cara a India.
  • 1513

    Descubrimento do Océano Pacífico

    Descubrimento do Océano Pacífico
    En 1513, Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o
    Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente.
  • Period: 1519 to 1522

    Primeira volta ao mundo

    Entre 1519 e 1522 levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición, dirixida por Fernando de
    Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos
    Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.