LIÑA DO TEMPO

  • 1 CE

    LINGUAS CELTAS E PRECELTAS

    LINGUAS CELTAS E PRECELTAS
    Séc.VIII- VI a.C.
    Do celta conservamos palabras de uso común (billa, carro,etc.); e dos preceltas palabras como carballo, morea,etc. Estas palabras coñecénse como elementos de sustrato.
  • 2

    LATÍN

    LATÍN
    Séc. I a.C - Séc. II d.C. É a lingua da que deriva fundamentalmente o galego. Foi traído polos romanos cando conquistaron o nosos país.
  • 3

    XERMÁNICOS

    XERMÁNICOS
    S. V. d.C. No século V sufrimos a invasión dos pobos xermánicos, éstes deixaronnos palabras de uso común e referentes á guerra ( escuma, espía, etc.), topónimos (Forcarei, Gondomar, etc.) e antropónimos (Luís, Elvira, etc.). Estas palabras coñécense como elementos de superestrato.
  • 4

    ÁRABES

    ÁRABES
    S. VIII d.C. Os árabes chegaron ó noso país no século VIII, deles temos palabras como alfaia, aceite, azucre, etc; tamén topónimos como A Mezquita ou Rábade.
  • 5

    GALEGO-PORTUGUÉS

    GALEGO-PORTUGUÉS
    séc. IX. A partir deste século o galego-portugués xa era un idioma perfectamente diferenciado do latín e das outras linguas románicas. Recibiu este nome porque se falaba tanto en Galicia como no norte do actual Portugal.O galego-portugués tivo a súa máxima importancia dende finais do s. XII ata mediado o s. XIV.
  • 6

    TEXTOS ESCRITOS EN GALEGO-PORTUGUÉS

    TEXTOS ESCRITOS EN GALEGO-PORTUGUÉS
    séc. X. O documento da lírica portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost´o senhor de Navarra" de Johan Soarez de Pávia, datado en 1196.O rei Afonso X o Sabio, de Castela, coordinou as Cantigas de Santa María en galego-portugués, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela.
  • 7

    LITERATURA

    LITERATURA
    séc. XII. Transmitiuse durante séculos de forma oral na nosa sociedade. Os ilustrados comezan a ter interese pola cultura do pobo e así eses textos son estudados, recupéranos e fíxanos por escrito. A literatura popular galega ten unha gran variedade de textos: en prosa, en verso e, en menor medida, teatrais ou parateatrais.