-
711
GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA
– A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
– Gallaecia vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I. -
1037
A PLENA IDADE MEDIA
É nestes séculos centrais da Idade Media cando Galicia fixe a grandes trazos o
territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala
independencia de Portugal.
– No século XII, coñecido coma a Era Compostelá, Galicia xogará un papel
político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e
Galicia.
– Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai
significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular. -
1284
A BAIXA IDADE MEDIA
Galicia entra no s. XIV cunha situación similar ao resto dos reinos da monarquía, sumida en medio de conflitos xeneralizados.
A segunda metade do século I vai vir marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara.
No século XV, os enfrontamentos continuarán e o poder da nobreza imporase sobre o dos reis.
- O levantamento Irmandiño é a máis importante revolta antifeudal da Idade Media. -
1500
GALICIA E OS REIS CATÓLICOS
-O reinado de Sabela e Fernando en Castela vai supor a integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construír. Durante este reinado asistimos á desaparición da clase dirixente galega.
- A creación da “Santa Hermandad” é unha boa mostra de como os Reis Católicos van consolidar e reforzar o seu poder nos diferentes reinos da Coroa.
- O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder dos reis na nosa terra.