-
Period: to
GUERRA CIVIL
A Guerra Civil en Galicia, 3 características: inexistencia de fronte bélica, brutal e indiscriminada represión inicial co fin de lograr o sometemento absoluto da poboación e existencia dunha resistencia armada de amplo apoio social con características propias con respecto a outras zonas do Estado. Resistencia protagonizada, nun primeiro momento, polos fuxidos ou escapados e, máis tarde, despois de 1939, polas guerrillas. -
RÉXIME
Retroceso no recoñecemento da súa singularidade e da súa autonomía, sendo perseguido o uso do galego e a súa cultura.
O réxime, ata a morte do ditador en 1975 apoiado polo exército, as xerarquías eclesiásticas, a Falanxe, os funcionarios e o gran capital, censura ás forzas contrarias a súa ideoloxía. -
OPOSICIÓN
Retroceso no recoñecemento da súa singularidade e da súa autonomía, perseguidno o uso do galego e a súa cultura. O réxime estará apoiado polo exército, as xerarquías eclesiásticas, a Falanxe, os funcionarios e o gran capital, censura ás forzas contrarias a súa ideoloxía. A oposición política ata 1950 desenvólvese no exilio en América, onde destaca Castelao. Despois, unha vía máis centrada no cultural liderada por Ramón Piñeiro a través da editorial Galaxia e da revista Grial. -
EVOLUVIÓN SOCIOECONÓMICA
Na evolución socioeconómica de Galicia durante o franquismo temos que diferenciar, igual que no resto de España, dúas fases definidas claramente por parámetros case opostos. Na primeira etapa, que se desenvolve nos anos da posguerra comprendidos entre 1939 a 1959, a economía de Galicia caracterízase pola autarquía na que está sumida, pola fame e a privación, polo estraperlo e o racionamento. -
POLÍTICA
Tan so a comezos dos anos sesenta vanse formando na clandestinidade agrupacións políticas ata fundarse o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Pobo Galego (UPG). Tamén neste contexto desenvólvese o movemento obreiro, impulsado polo Partido Comunista, e o movemento estudantil así como as primeiras mostras de desconformidade en sectores importantes da Igrexa. -
FINAL FRANQUISMO
Nos sesenta introdúcense unha serie de cambios que modifican profundamente a vida cotiá dos galegos. Estes cambios afectan á familia, ao fogar, á cidade e inclúen a expansión do automóbil, a construción das bases dun sistema educativo e sanitario e o desenvolvemento de novos hábitos de consumo e de ocio marcados pola chegada da televisión. Pouco a pouco se vai organizando un novo sistema de mercado no que o diñeiro é cada vez máis imprescindible para resolver as necesidades básicas. -
SEGUNDA ESTAPA
A segunda fase iníciase co Plan de Estabilización de 1959 e finaliza coa morte do ditador, aínda que xa a crise do petróleo de 1973 introduce cambios importantes no panorama económico. Esta etapa, caracterizada polo forte intervencionismo estatal e a posta en marcha de políticas desarrollistas, califícase de milagre económico polo forte desenvolvemento que vive Galicia.