-
A revolución de 1905
Domingo vermello ou sanguento: unha manifestación pacífica dirixiuse cara ao palacio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e laboral. A manifestación, por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un número elevado de mortos. -
Motín do acoirazado Potemkin
O descontento tamén chegou ao exército, producíndose motíns das tropas (como o amotinamento dos mariñeiros do acoirazado Potemkin, que se negan a comer carne con vermes). -
Duma Imperial de Rusia
O tsar viuse obrigado a ceder a unha parte das reivindicacións: concesión de liberdades cívicas e creación da Duma ou Asemblea lexislativa. Estas concesións debilitaron as protestas e o Goberno aproveitou as circunstancias para recuperar o control, incrementar as detencións e acabar pola forza coas desordes públicas; despois, os escasos poderes da Duma foron recortados paulatinamente. -
Inicio da Primeira Guerra Mundial
Rusia formou parte da Primeira Guerra Mundial no bando dos aliados porque formou parte da Triple Entente. -
Inicio da Revolución de febreiro de 1917
A poboación de Petrogrado (San Petersburgo) protestou pola falta de pan. Foi o inicio da Revolución. -
Abdicación do Tsar Nicolás II
O 27 de febreiro organizouse de novo o Soviet de Petrogrado, formado por representantes dos obreiros e dos soldados, e dirixido por menxeviques e eseristas. Incapaz de controlar a situación, o tsar abdicou. -
Proclamación da República e establecemento do Goberno Provisional.
O poder legal quedaba nas mans dun Goberno provisional que estaba dirixido polo príncipe Lvov, apoiado polas forzas liberais burguesas. -
Teses de abril
Nas Teses de abril, Lenin expuxo a estratexia que debían seguir os bolxeviques para pasar da revolución burguesa á socialista: saír da I GM, ruptura co Goberno provisional, establecer unha república de soviets, eliminación da propiedade privada das terras, nacionalización da banca e crear o Partido Comunista. -
As xornadas de xullo
En xullo, a situación desesperada das masas populares, as ofensivas alemás na fronte de guerra e as chamadas dos bolxeviques e anarquistas, provocaron violentas manifestacións en Petrogrado contra o Goberno. A insurrección foi controlada polo exército e os bolxeviques foron perseguidos, e Lenin tivo que fuxir a Finlandia. -
Goberno provisional de Kerenski
As xornadas de xullo supuxeron un freo para as tendencias máis radicais da revolución perseguidas polo Goberno presidido por Kerenski (eserista), que contaba co apoio dos eseristas e dos menxeviques. -
Golpe de Estado do xeneral Kornilov
O xefe supremo do exército ruso, o xeneral Kornilov, organizou un golpe de Estado que fracasou pola intervención decidida das masas obreiras mobilizadas polos bolxeviques. -
O triunfo bolxevique
Lenin e o Comité central do partido bolxevique, acordan iniciar a insurrección armada. A data fixada foi o día 25.
Na noite do 24, a Garda Vermella ás ordes de Trotski tomou os centros neurálxicos dda cidade; pola mañá case toda a capital estaba en mans dos insurrectos. -
Creación dun novo Goberno
O II Congreso dos Soviets tamén aprobou a creación dun novo Goberno(Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin e do que formaban parte, entre outros, Trotski, como Comisario de Exteriores, e Stalin para Asuntos das Nacionalidades.