-
nacemento
Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). -
Mudanza
En 1850 trasládase con súa nai a Compostela, onde participa nas actividades do Liceo de la Juvendud como actriz. -
1º Libro
1857: Publica o seu primeiro libro, o poemario ‘La Flor’ (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de Murguía. -
Casamento e 1ª novela
1858: O 10 de outubro casa con Manuel de Murguía en San Ildefonso de Madrid e publica a súa primeira novela: ‘La hija del mar’. Comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”. -
1ª filla
1859: Primeira novela, ‘La hija del mar’ (Madrid/Vigo). Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago (Conga, 1). Apadríñaa o político Alejandro Chao. Finará en 1937. -
"Adeus ríos, adeus fontes"
1861: Reside algún tempo en Madrid. Primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes” -
Morte da nai
1862: Morre súa nai en Compostela de xeito repentino. Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela. -
"Cantares gallegos"
1863: Domicilio en Santiago, Mercado Vello 7 -2º (hoxe Praza da Universidade, 4).
Publica ‘A mi madre’ e ‘Cantares gallegos’, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia -
"El caballero de las botas azules"
1867: Publica a súa novela máis longa e ambiciosa: ‘El caballero de las botas azules’. -
2ª filla
1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.
Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942. -
Escribe "Follas Novas"
1870: En Simancas escribe grande parte do poemario ‘Follas Novas’. A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid (Claudio Coello, 13- 3º) e coñece a Bécquer.
Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña. -
3º e 4º fillo
1871: Reside co seu home na Coruña ata 1874. Nacen en Lestrobe os xemelgos Gala e Ovidio. Gala finou en 1964. Ovidio, que foi pintor de certa calidade, finará na Coruña en 1900 -
2ª edición "Cantares Gallegos"
1872: Segunda edición de ‘Cantares Gallegos’ (Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de Rosalía. -
5ª filla
1873: Nace na Coruña, Príncipe 3-2º (hoxe Padilla) Amara, que finou na mesma cidade, en 1921. -
6ª filla
1875: Nace en Santiago (Senra, 17 principal) Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois. -
Filla morta
1877: Nace morta en Santiago Valentina. -
"Follas Novass"
1880 Publícase ‘Follas Novas”, obra que a consagra como poeta galega. -
Último libro
1884: Publica o seu último libro de poemas: ‘En las orillas del Sar’. -
Morte
1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. O certificado de defunción consigna: “…a consecuencia de una degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Adina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”. -
Exhumación
1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.