-
711
CHEGADA DOS MUSULMÁNS Á PENINSULA IBÉRICA
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá. -
Period: 711 to 1037
GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA
– A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.
– A sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder. -
813
SEPULCRO DO APÓSTOLO
A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
850
REINADO DE ORDOÑO I
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I.
Durante o s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino. -
Period: 1037 to 1284
A PLENA IDADE MEDIA
– É nestes séculos centrais Galicia empeza a fixar o seu territorio.
– No século XII, coñecido coma a Era Compostelá, Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
- As aldeas encherán o espazo rural, xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades.
– Crecemento demográfico.
- A nobreza eclesiástica principal propietaria de terras en Galicia. -
1230
UNIÓN DAS COROAS DE CASTELA, LEÓN E GALICIA
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular.