-
Nacemento 1 de maio 1939
Nace en Valencia de Alcántara (Cáceres)
Pai: Vicente Nai: Sara -
Nace a súa irmá Sara
No 1940 vive en Badaxoz -
Nace o seu irmán Antonio
No ano 1942 -
Nace o seu irmán Rafael
A familia vive agora en Segovia onde se trasladaron porque o pai fora designado administrador da prisión. -
Primeiro contacto da escritora con Galicia
Ven canda a súa tía Conchita e a súa irmá Sara a Valdomiño en Ferrol -
Falecemento do seu pai
Queda orfa de pai. Vicente Moreno morre en setembro de tuberculose -
Vai estudar o bacharelato a Barcelona
Como obtén unha bolsa de estudos vai para Barcelona con tan só 12 anos -
Vai estudar a Madrid Filoloxía románica
Estuda a carreira na Universidade Complutense.
Traballa traducindo libros para a ONCE e así coñece ao que sería o seu marido José Luís LLácer. -
Finaliza a carreira. Casamento o 6 de xullo. Vai para Pontevedra
En Pontevedra o seu home traballa no colexio da ONCE e ela traballa de profesora no Instituto Feminino, primeiro da latín e logo francés. -
De 1965 a 1967 da clases en Lugo
Aproba as oposicións de Lingua e Literatura sendo destinada ao Instituto Masculino de Lugo onde se fai amiga de Xesús Alonso Montero -
Regresa a Pontevedra no 1967
Volve dar clases no Instituto Feminino ata 1986 -
Gaña o 1º premio de contos nos Xogos Florais Minho-Galaicos
Obra premiada: "La casa de las Marías" -
2º lugar nos Premios O Facho
Con "Crarisca e o Luceiro". Empeza a dar cursos de galego. -
Libraría Xuntanza. Publicación de "Mar adiante " e "Os novísimos da poesía galega"
A nivel persoal inicia os trámites para adoptar a Begoña e Carlos. -
Da clases de galego no Ateneo de Ourense. Retirada do pasaporte
Naquel tempo non estaba ben visto falar na nosa lingua pero ela sempre defendeu o galego malia non ser galega de nacemento. -
Con "O Cataventos" gaña o Premio O Facho.
Adopción de Begoña e Carlos. -
Acada a praza de catedrática
-
Imparte Literatura Galega para o profesorado
O ano anterior aprobouse a Lei de Normalización Lingüística. Daquela o profesorado necesitaba formarse en galego. -
Gaña o 3º premio Barco de Vapor con "Leonardo e os fontaneiros"
Este libro será publicado ao ano seguinte do premio. -
De 1986 a 1990 exerce de Catedrática no Instituto de Vilalonga en Sanxenxo
Publica "Leonardo e os fontaneiros" e "A festa no faiado". Tamén imparte un curso de literatura galega en Vilagarcía de Arousa. -
Publica o libro de Literatura Galega para 3º de BUP xunto con Xesús Rábade e Luís Alonso Girgado
Nesta época tamén participa na vida política indo nas listas electorais do PSG por Pontevedra -
Publicación de Anagnórise
Con esta obra entraría logo na lista IBBY -
Publica "Verso e prosa" e o ensaio "As linguas de España"
-
Participa na revista CLIJ co artigo <>
Neste ano tamén publica "Querida avoa" en Contos do Castromil. -
Participa co relato "Pan con chocolate" na obra Relatos para un tempo novo e con "O libro das saudades e os degoiros" en Ruta Rosalía 1993
-
"¿Un cachiño de bica?" e "¿Escritora alófona eu?, na obra colectiva Poetas alófonos en lingua galega
-
Morre José Luis LLácer, o seu home, o 19 de xaneiro
-
Publica "E haberá tirón de orellas?"
Foille diagnosticado un cancro de mama. -
Publica "Xa non teño medo" na colección A maxia das palabras.
-
Publica "Guedellas de seda e liño" e "A brétema"
-
Participa na Campaña da lectura 2001 con "Amigos de mil cores"
É homenaxeada na Feira do Libro de Pontevedra -
Recibe o 30 de xuño a homenaxe dos compañeiros do Instituto Torrente Ballester
Xubílase o 1 de setembro -
Casa polo civil en Cuba con Pedro Ferriol o 16 de maio
Participa en Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (Consello da Cultura Galega) con <<Carta de amor>> e Un libro, a maior aventura con <<O encontro>> -
Publica o ensaio sobre o cancro "Diario da luz e a sombra" e o relato "O grumete" na obra colectiva Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas.
Casa en Pontevedra o 2 de febreiro.
O día da presentación do libro comunícanlle que ten metastase de fígado -
Morre o 22 de novembro en Pontevedra pouco despois de publicar "Eu conto, ti cantas"
-
Publícase o poemario "Elexías de luz"
O IES Torrente Ballester a quen doou a súa biblioteca, rendeulle homenaxe o 23 de marzo. Pónselle unha placa conmemorativa na Ponte da Avenida de Vigo en Pontevedra -
Publícase a obra póstuma "Onde o aire non era brisa"
Reeditase Mar adiante -
Homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018
É a cuarta muller que recibe esta honra.