-
Nacemento
Naceu en Santiago de Compostela o 14 de febreiro nunha casa do Camiño Novo(hoxe Rosalía de Castro). -
Period: to
Primeiros anos de vida
Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada –sen precisar datas- polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa onde nacera seu pai, denominada Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira). -
Period: to
Fogar
Consta que nese ano vivía coa súa nai en Padrón, nunha casa da Rúa do Sol (hoxe Xoán Rodríguez do Padrón), xunto con súa nai, dona Teresa de Castro e Abadía, e a criada María Martínez. -
Traslado
Trasládase con súa nai a Compostela, onde participa nas actividades do Liceo de la Juvendud como actriz. -
Period: to
Santiago
Reside coa súa nai en Santiago (Bautizados, 6). É probable que estivesen Compostela desde 1847. -
Liceo de la Juventud
En 1854 protagoniza Rosamunda de Gil y Zárate no Liceo de la Juventud de Santiago. -
Period: to
Padrón
Reside coa súa nai en Padrón, aínda figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de Compostela), sé do Liceo de la Juventud. -
Period: to
Madrid
Viaxa en abril de 1856 a Madrid. Residirá na casa da súa tía María de Castro (Ballesta, 13). -
La Flor
Publica o seu primeiro libro, o poemario ‘La Flor’ (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de Murguía. -
Casamento
O 10 de outubro casa con Manuel de Murguía en San Ildefonso de Madrid e publica a súa primeira novela: ‘La hija del mar’. Comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”. -
Primeira filla
Primeira novela, ‘La hija del mar’ (Madrid/Vigo). Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago (Conga, 1). Apadríñaa o político Alejandro Chao. Finará en 1937. -
Interpretación
O 31 de xaneiro intervén como actriz en Santiago, nunha velada teatral a beneficio dos soldados feridos na guerra de África. -
Poema en galego
Reside algún tempo en Madrid. Primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes” (El Museo Universal).
Publica por entregas ‘Flavio’, ambientada na Terra de Iria. -
Morre nai
Morre súa nai en Compostela de xeito repentino. Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela. -
Clave do Rexurdimento literario
Domicilio en Santiago, Mercado Vello 7 -2º (hoxe Praza da Universidade, 4).
Publica ‘A mi madre’ e ‘Cantares gallegos’, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia (Vigo, Juan Compañel). -
Único conto
Publica o seu único conto en galego coñecido baixo un título que supón un proxecto máis amplo: “Contos da miña terra”.
Os seminaristas de Lugo ameazan con apedrar a imprenta de Soto Freire para lle impedir que publique, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía “El Codio” (texto que ninguén coñece). -
Artigo
“Las literatas (Cartas a Eduarda)”, artigo sobre a condición feminina, en Almanaque de Galicia (Lugo). -
Novela
‘Ruinas’, novela publicada por entrega en El Museo Universal de Madrid. -
Novela máis longa
Publica a súa novela máis longa e ambiciosa: ‘El caballero de las botas azules’. -
Segunda filla
Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.
Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942. -
Period: to
Coruña
En Simancas escribe grande parte do poemario ‘Follas Novas’. A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid (Claudio Coello, 13- 3º) e coñece a Bécquer.
Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña. -
Xemelgos
Reside co seu home na Coruña ata 1874. Nacen en Lestrobe os xemelgos Gala e Ovidio. Gala finou en 1964. Ovidio, que foi pintor de certa calidade, finará na Coruña en 1900. -
Segunda edición
Segunda edición de ‘Cantares Gallegos’ (Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de Rosalía. -
Quinta filla
Nace na Coruña, Príncipe 3-2º (hoxe Padilla) Amara, que finou na mesma cidade, en 1921. -
Sexto fillo
Nace en Santiago (Senra, 17 principal) Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois. -
Sétima filla
Nace morta en Santiago Valentina. -
Period: to
Santiago
Vive en Santiago, primeiro en Altamira 2 e, despois en Hórreo 9. -
Publicación "Follas Novas"
Publícase ‘Follas Novas”, obra que a consagra como poeta galega. -
Period: to
Alterna de fogar
Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía alterna a súa residencia en Santiago con estancias en Lestrobe. -
Publicación e asinacións
Publicación de ‘El primer loco’, co apéndice de “El domingo de Ramos”. Tamén neste ano asina en Lestrobe varias entregas co título de “Padrón y las inundaciones”. -
Period: to
Poemas casteláns
Publica un número considerable de poemas casteláns na Ilustración Cantábrica (Madrid) e en La Nación Española (Buenos Aires) que recollerá no libro ‘En las orillas del Sar’. Polo menos desde 1883 vive no lugar de A Matanza (Padrón) na que, desde 1972, é Casa-Museo gobernada pola correspondente Fundación. -
Publicación último libro poemas
Publica o seu último libro de poemas: ‘En las orillas del Sar’. -
Defunción
Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. O certificado de defunción consigna: “…a consecuencia de una degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Adina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”. -
Exhumación
O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente.