-
Period: to
infancia e adolescencia en Ferrol
Ricardo e o maior de seis irmans, dos cales dous morren na infancia.Dende moi pequeno, vai a sesions de teatro e también ao cine que se celebraron no Teatro Jofre, ao mesmo tempo que comenza a leer novelas, teatro e a facer seus primeiros escritos: poemas, alguns xa en galego, que publica na revista " Maruxa ". -
Period: to
VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO
Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras máis importantes da
cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que
exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia
que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.
Para simplificar unha presentación esquemática, a súa traxectoria vital pode dividirse en cinco tramos, de
duración desigual: -
Period: to
xuventude estudantil en Compostela e iniciación á vida adulta en Ferrol
En 1926, a edade de dezaséis anos, terminóu sua licenciatura e se matriculóu na Universidade de Compostela nese primero ano do curso de Filosofía e Literatura e o curso preparatorio de Dereito. Dende os primeros momentos ha estado en contacto cos alumnos do Seminario de Estudos Galegos. -
Period: to
GALEGUISMO, GUERRA E REPRESIÓN
Ricardo Carvalho Calero puido realizar os estudos primarios e
medios na súa cidade natal e, unha vez aprobado o bacharelato na Coruña, trasladarse con dezaseis anos a Santiago de Compostela para estudar Dereito, ben que a súa vocación o inclinaba máis ben para Filosofía e Letras. Foi destacado líder dun movemento estudantil moi activo contra a Ditadura de Primo de Rivera, após a proclamación da IIª República participou na fundación do Partido Galeguista -
Period: to
o tempo das tribulacións, marcado polo trauma da guerra e as represalias da posguerra
En 1936, unha gran maioría dos galegos aprobóu o Plebiscito do Estado Autónomo de Galicia. Sen embargo, uns días despois, produxose un levantamento militar, instigado pola dereita reaccionaria, contra o nuevo goberno progresista, e contra a legalidade republicana actual. -
Period: to
madureza, cunha primeira etapa centrada no colexio Fingoi de Lugo seguida dun período de plenitude que atinxe o seu clímax tras o seu establecemento como profesor en Compostela e cando gaña a cadeira universitaria.
En 1951, publicou A Gente da Barreira, a primeira novela publicada en galego na posguerra e o primeiro premio da editorial "Bibliófilos Gallegos" no ano anterior. En 1954, doutorouse en Madrid coa tese «Aportaciones fundamentales a la literatura contemporánea gallega». O 17 de maio de 1958 ingresou na Academia Gallega co discurso «Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía». -
Period: to
que lle permitiu desenvolver unha intensa actividade como orador e publicista ata o seu pasamento
Nos vinte anos da súa madureza plena publica as súas monografías máis importantes: a Historia da Literatura
Galega Contemporánea, da que inicialmente aparece un primeiro volume (1963), dedicado ao século XIX, e
finalmente un volume único, que abrangue ata 1936 (1975), e a Gramática elemental del gallego común (1966).
Ambas as obras foron encargadas e editadas por Galaxia, e constituíron manuais de imprescindible manexo polos
primeiros estudantes universitarios de filoloxía galega.