-
Nacemento
Naceu o 1 de maio de 1939 en Valencia de Alcántara (Cáceres). -
Infancia
A familia trasládase a Segovia, alí pasará gran parte da súa infancia. -
Adolescencia
Trasládase a Barcelona para cursar o Bacharelato. Comeza pois a descubrir a Literatura. -
Mocidade
Comezou os seus estudos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e rematounos en 1963. -
Chega a Pontevedra
Despois de coñecer e casar con José Luís Llácer, trasladáronse a Pontevedra no ano 1963 por motivos laborais. Traballa como docente interina no Instituto Feminino de Pontevedra (actual IES Valle Inclán). -
Lugo
En 1965 aprobou as oposicións de lingua e literatura en Galicia. É destinada ao Intituto Masculino de Lugo onde comezará a súa amizade con Xesús Alonso Montero, mergullándose de cheo na lingua e literatura galega. -
Pontevedra
Imparte docencia no Instituto Feminino de Pontevedra (actual IES Valle Inclán) ata1986. -
"Mar adiante"
Edicións Castro publica o seu primeiro libro "Mar adiante", reeditado en 2009 por Edicións Xerais. Con esta publicación, convértese nunha das autoras pioneiras da literatura infantil galega. "Crarisa e o luceiro" -capítulo VII deste libro- gañou o segundo premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1972. -
"O cataventos"
Libro de literatura infantil escrito por María Victoria Moreno e ilustrado por Carme Peris. No ano 1989 publicouno Sotelo Blanco Edicións, como parte da colección "Libros do sol e da lúa". A obra fora distinguida co primeiro premio en contos para nenos do VIII Concurso nacional de contos infantís O Facho. -
"A festa no faiado"
Conto infantil escrito por María Victoria Moreno no que se nos conta a historia dunha boneca, Uxía, que foi abandonada no faiado. -
"Leonardo e os fontaneiros"
"Leonardo e os fontaneiros" é unha novela infantil-xuvenil de María Vitoria Moreno. Logo de recibir en 1985 o 3º Premio O Barco de Vapor, en 1986 foi publicada por Editorial Galaxia e Edicións S.M. Tivo varias reedicións e foi traducida ao castelán en 1988 co título de "Leonardo y los fontaneros" na colección O Barco de Vapor de SM - traducido pola súa filla Begoña Llácer. -
"Anagnórise"
Libro recoñecido en 1990 na Lista de honra do LBBY (Consello Internacional de libros para a Mocidade). -
"E haberá tirón de orellas?"
A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal. -
"Guedellas de seda e liño"
Novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada en 1999 pola Editorial Galaxia. Esta novela recibiu unha mención nos Premios da Crítica Galicia 2000 e foi recoñecida na White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Munich en 2002. -
Feira do Libro de Pontevedra
Foi homenaxeada no verán de 2001 por libreiros e libreiras na feira do libro de Pontevedra, recoñecendo a súa labor como escritora e defensora do idioma galego e da súa literatura. -
Falecemento
Finou en Pontevedra o 22 de novembro de 2005. -
"Eu conto, ti cantas..."
Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: Xa non teño medo, Can branco, can negro e ¿Un cachiño de bica? -
"Nota de aula"
"Educar un neno é axudarlle a ser feliz e demostra-las potencialidades que favorecen a súa realización humana".
Notas de María Victoria Moreno para aula
Fonte: Arquivo da familia de María Victoria para culturagalega.org
"María Victoria Moreno:A reivindicación da literatura infantil e xuvenil"