Períodos da Historia

By Eiprol
  • Period: 5000 BCE to 3300 BCE

    Prehistoria

    A Prehistoria é o período que abarca dende o surgimento dos primeiros homínidos ata a aparición da escritura. A escritura máis antiga foi creada en Cercano Oriente (Mesopotamia e Exipto), sobre o 3300 a.C
  • Period: 3300 BCE to 476

    Idade Antiga

    A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións. Tradicionalmente, considerouse a invención da escritura como o punto de partida da historia antiga. O concepto máis tradicional da historia antiga presta atención á invención da escritura, que convencionalmente a historiografía considerouna o fito que permite marcar o final da prehistoria e o comezo da historia.
  • Period: 476 to 1492

    Idade Media

    A Idade Media é o período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o XV. Convencionalmente, o seu inicio é situado no ano 476 coa caída do Imperio romano de Occidente e o seu fin en 1492 co descubrimento de América, ou en 1453 coa caída do Imperio bizantino, data que ten a singularidade de coincidir coa invención da imprenta, e co fin da guerra dos Cen Anos.
  • Period: 1492 to

    Idade Moderna

    A Idade Moderna está, comprendida entre o século XV e o XVIII. Cronoloxicamente alberga un período cuxo inicio pode fixarse na caída de Constantinopla (1453) ou no descubrimento de América (1492), e cuxo final pode situarse na Revolución francesa (1789). Nesta convención, a Idade Moderna correspóndese ao período en que se destacan os valores da modernidade (o progreso, a comunicación, a razón) fronte ao período anterior, a Idade Media.
  • Period: to

    Idade Contemporánea

    Idade Contemporánea é o nome co que se designa ao período histórico comprendido entre a Revolución francesa e a actualidade. Neste período, a humanidade experimentou unha transición demográfica, concluída para as sociedades máis avanzadas (o chamado primeiro mundo) e aínda en curso para a maior parte (os países subdesarrollados e os países recentemente industrializados), que levou o seu crecemento máis aló dos límites que lle impoñía historicamente a natureza.