Crack 29

O PERÍODO ENTRE GUERRAS

  • Lei seca

    Lei seca
    O puritanismo de costumes deu lugar á aprobación da Lei seca que prohibía fabricar, vender e consumir bebidas alcohólicas. A súa aplicación deu lugar a un tráfico clandestino de alcohol de inmensas proporcións que contribuíu á aparición da delincuencia organizada en bandas gánsters, entre as que resulta emblemática a de Al Capone en Chicago.
  • Inicio da hiperinflación en Alemaña

    Inicio da hiperinflación en Alemaña
    O termo hiperinflación fai referencia á desorde monetaria provocada pola subida rápida e incontrolada dos prezos. A moeda do país que a padece perde o seu valor. A principal causa imputable a tal feito foi a necesidade que tiña a República de Weimar de facer fronte ás indemnizacións fixadas polos vencedores da Gran Guerra ( Tratado de Versalles )
  • Lei de Cotas

    Lei de Cotas
    Debido o predominio da ideoloxía conservadora e puritana xunto co medo a outras ideoloxías ou minorías sociais a parte do branco, anglosa...
  • Conferencia de Xénova

    Conferencia de Xénova
    A Conferencia de Xénova foi a Segunda Conferencia Monetaria Internacional convocada pola Sociedade de Nacións que tivo lugar na cidade italiana de Xénova do 10 de abril ao 19 de maio de 1922. Reuníronse alí 34 países en procura de acordos para a reconstrución do comercio e o sistema financeiro internacional, tras a Primeira Guerra Mundial. A proposta que se derivou da conferencia foi a instauración do denominado patrón cambio ouro.
  • Plan Dawes

    Plan Dawes
    Denomínase así ao proxecto que o financeiro e político norteamericano Charles Dawes propuxo para reducir as cantidades que Alemaña víase obrigada a abonar aos vencedores en concepto de reparacións de guerra. Contemplaba a flexibilización dos pagos e, sobre todo, a concesión de importantes créditos que dinamizasen a maltreita economía xermana. A fórmula buscaba que Alemaña quedase en disposición de poder facer fronte aos seus acredores e que estes saldasen tamén as súas obrigacións.
  • Os acordos de Locarno

    Os acordos de Locarno
    Oito pactos destinados a reforzar a paz en Europa despois da I Guerra Mundial asinados polos representantes de Bélxica, Checoslovaquia, Francia, Alemaña, Reino Unido, Reino de Italia e Polonia en Londres, Inglaterra, o 1 de decembro de 1925.
    A conferencia na que se negociaron os tratados tivo lugar en outubro de 1925 e o seu resultado foi que Francia, Bélxica e Alemaña renunciaron a cambiar violentamente as fronteiras entre os seus países.
  • Pacto Briand-Kellogg

    Pacto Briand-Kellogg
    O Pacto Kellogg-Briand, tamén coñecido como Pacto de París, é un tratado internacional que foi asinado o 27 de agosto de 1928 en París por iniciativa do ministro de Asuntos Exteriores francés, Aristide Briand, e do secretario de Estado dos Estados Unidos, Frank B. Kellogg polo que os quince estados asinantes comprometéronse a non utilizar a guerra como mecanismo para a resolución de disputas internacionais.
  • Plan Young

    Plan Young
    O Plan Young foi un programa establecido entre 1929 e 1930, para resolver o problema das reparacións de guerra impostas a Alemaña ao finalizar a IGM, mediante o Tratado de Versalles de . O Plan Young substituíu ao Plan Dawes, que fixaba montos elevados de pago anual en calidade de reparacións de guerra. En canto fíxose evidente que Alemaña nunca podería cumprir tales compromisos por un prazo indefinido, os países vencedores da Gran Guerra decidiron buscar outras alternativas.
  • Crac da Bolsa de Nova York

    Crac da Bolsa de Nova York
    En 1929a economía mundial sufriu a maior crise ata entón coñecida. A caída ou crac dos valores bolsistas de Nova York que afectou a todo o mundo capitalista. O crecemento expansivo dos anos vinte nos Estados Unidos presentaba diversas debilidades entre as que destacaban: A superprodución donde tanto na industria como na agricultura as novas tecnoloxías dispararon a produción, e a especulación na Bolsa donde foron incrmentando o valor da Bolsa de Nova York ao longo dos anos vinte.
  • Gran Depresión dos anos trinta

    Gran Depresión dos anos trinta
    A Gran Depresión, tamén coñecida como a caída de 1929, foi unha importante crise financeira global que se prolongou durante a década de 1930, nos anos previos á Segunda Guerra Mundial. A súa duración depende dos países analizados. Foi a depresión máis longa no tempo, a máis profunda e a que afectou a maior número de países no século XX.A chamada Gran Depresión orixinouse nos Estados Unidos, a partir da caída da bolsa de Nova York o martes 29 de outubro de 1929,
  • New Deal

    New Deal
    New Deal é o nome que deu o presidente dos Estados Unidos, Franklin D. Roosevelt á súa política intervencionista posta en marcha para combater os efectos da Gran Depresión nos Estados Unidos. Este programa desenvolveuse entre 1933 e 1938 co obxectivo de apoiar as capas máis pobres da poboación, reformar os mercados financeiros e dinamizar unha economía estadounidense ferida dende o crash de 1929 polo desemprego e as crebas en cadea.