-
Lei seca
Consistiu na prohibición de calquera actividade relacionada co alcohol: producilo, vendelo, consumilo, importalo, transportalo...
A súa imposición estaba directamente relacionada coas costumes puritanas.
A prohibición deu lugar ó contrabando clandestino e ilegal, aparecendo os "gángsters" (contrabandistas). -
Inicio da hiperinflación alemá
A hiperinflación é unha desorde monetaria provocada pola subida rápida e incontrolada dos prezos. A moeda do país perde o seu valor.
Alemaña foi presa deste fenómeno; a principal causa foi a necesidade que tiña de facer fronte ás indemnizacións fixadas polos vencedores da Gran Guerra (Tratado de Versalles). -
Lei de Cotas
Debido ó predominio da ideoloxía conservadora e puritana xunto co medo a outras ideoloxías ou minorías sociais a parte do branco, anglosaxón e protestante (WASP) tomáronse unha serie de medidas en EE.UU. Entre elas, a Lei de Cotas, co principal obxectivo de controlar a inmigración. -
Conferencia de Xénova
Para intentar solventar o complexo panorama económico tiveron lugar varias conferencias internacionais; nesta en concreto, acordouse estabilizar as moedas asegurando o seu valor mediante o patrón-ouro. -
Plan Dawes
Proxecto financeiro e político norteamericano co obxectivo de reducir as cantidades que Alemaña tiña que pagar aos vencedores como débedas de guerra. Consistía na flexibilización dos pagos e a concesión de créditos que debilitarán a economía xermana.
A fórmula buscaba que Alemaña poidese facer fronte aos seus acredores e que estes saldasen tamén as súas obrigacións, establecéndose unha especie de circuíto de diñeiro no que USA quedaría como destinatario final. -
Acordos de Locarno
Os representantes de diferentes países reuníronse en Locarno (Suíza) para asinar diferentes acordos (o máis importante entre Alemaña, Francia e Bélxica) os cales deron lugar a unha certa cordialidade coñecida como "Espírito de Locarno", diminuíndo a tensión en Europa e normalizando as relacións internacionais.
Afectou positivamente á expansión económica europea da segunda metade dos anos vinte. -
Deflación nos EE.UU.
A partir do 1927 prodúcese unha situación de deflación (caída dos prezos provocada por unha oferta superior á demanda), á cal levaron tanto a superprodución como a acumulación de stocks. -
Execución de Sacco e Vanzetti
A execución destes dous italianos que vivían e traballaban nos EE.UU. foi un feito que simboliza a represión á que estaba sometido o movemento obreiro naquel momento, especialmente os comunistas e anarquistas. -
Pacto Briand-Kellogg
Tratado de carácter internacional polo cal os participantes comprometíanse a non recorrer a guerra como medio para solventar conflitos e tamén a acatar as indicacións da SdN. -
Plan Young
Programa establecido entre 1929 e 1930 co fin de resolver o problema das reparacións de guerra impostas a Alemaña e fixadas no Tratado de Versalles; substituíu o Plan Dawes de 1924, que fixaba cuotas anuais. En canto se fixo evidente que Alemaña nunca podería cumprir os seus compromisos, os países vencedores decidiron buscar outras alternativas. -
Xoves Negro
O 24 de outubro de 1929 puxéronse á venta millóns de accións, mais a demanda era case nula. Esta situación levou á maioría de norteamericanos ó pánico, xa que moitos deles tiñan importantes débedas pola compra descontrolada de accións.
Ese día comezou a caída da bolsa de Nova York -
Crac da bolsa de Nova York
O martes 29 o afundimento da bolsa de valores de Nova York xa era total; finalmente tocou fondo no 1932.
Desencadeou unha crise económica nos Estados Unidos e en case tódolos países occidentais industrializados. -
Gran Depresión dos Anos 30
A crise toma definitivamente unhas dimensións mundiais debido á vixente hexemonía económica dos EE.UU. e ás medidas que este comeza a tomar: reduce as súas compras no exterior, retira as súas inversións no estranxeiro...
Ante esta situación o seguinte goberno (Roosevelt) pon en marcha un programa que favorece o intervencionismo do Estado na economía, o New Deal. -
Inicio do New Deal
O New Deal é un conxunto de reformas económicas cuxa finalidade foi devolver a confianza a consumidores e investidores. Baseábase no intervencionismo por parte do Estado na economía para acabar co desemprego e aumentar progresivamente o consumo. Estas medidas inspiráronse nas teorías de Keynes.
Como xa se mencionou, foi levado a cabo polo novo presidente Roosevelt tras o fracaso do goberno anterior.