Imagescaq4ex9n

Fases da descolonización

  • Autogoberno, Dominio de Canadá

    Foi concedido por Gran Bretaña, a súa metrópole.
  • Period: to

    Ata a Primeira Guerra Mundial

  • Anexión de Cuba, Puerto Rico e Guam por EE.UU.

    A derrota española na Guerra Hispano-Estadounidense de 1898, provocou a desaparición do Imperio colonial español tras a anexión de Cuba, Puerto Rico e Guam polos EE.UU.
  • Autogoberno, Dominio de Australia

    Foi concedido por Gran Bretaña, a súa metrópole.
  • Autogoberno, Dominio de Nova Zelanda

    Foi concedido por Gran Bretaña, a súa metrópole.
  • Dominio de Sudáfrica

    Foi concedido por Gran Bretaña, a súa metrópole.
  • Period: to

    Período de Entreguerras

  • Period: to

    Conflito árabe-israelí en Oriente Medio

  • Declaración Balfour

    Declaración Balfour
    No contexto da Primeira Guerra Mundial en Oriente Medio, o Goberno británico estableceu un pacto cos xudeos de Palestina para que os apoiasen na guerra contra o Imperio Otomano. A cambio de revelarse contra o dominio turco, os Aliados prometían a creación dun estado independente e propio para que se asentase o pobo xudeo no territorio de Palestina, a "Terra Prometida" que tradicioanalmente lles fora prometida. Porén, os británicos firmaran en secreto un acordo similar con árabes-palestinos.
  • Creación do Mandato Británico de Palestina

    Creación do Mandato Británico de Palestina
    Tras a derrota dos Imperios Centrais na Primeira Guerra Mundial e a desintegración do Imperio Otomano, a Sociedade de Nacións entregoulle o control de Palestina a Gran Bretaña, coa condición de que o territorio fose administrado desde Londres ata que se establecesen as comunidades xudías e árabes na zona. Xudeos e árabes, aos que lles fora prometido o mesmo, comezaron a enfrontarse polas rúas e a pedir a disolución do Mandato Británico de Palestina.
  • Period: to

    Primeira Guerra Fría

    Produciuse a independencia da case totalidade dos territorios coloniais de Asia Oriental e Meridional, así como do Oriente Próximo e do norte de África. Os procesos de independencia estiveron, en moitos casos, marcados pola violencia e a guerra (como en Indochina, Indonesia ou Alxeria), xa que as metrópoles resistíronse a perder os seus imperios.
  • Independencia da India

    Independencia da India
    A protesta contra o dominio británico na India xurdiu xa a finais do século XIX, cando as elites nativas, hindús e musulmáns, crearon diversas organizacións. Entre os seus líderes destacou Mohandas Gandhi, quen para conseguir a independencia propuxo a non cooperación basada na non violencia, combinadas con protestas e manifestacións masivas. As protestas provocaron ao fin da II Guerra Mundial que o goberno de Attle favorecese o proceso de independencia.
  • Inicio da Guerra de Independencia de Alxeria

    Inicio da Guerra de Independencia de Alxeria
    Alxeria, administrada directamente polo goberno francés e considerada parte do Estado galo desde 1830, comezou a experimentar revoltas nacionalistas ante a negativa de Francia de concederlle autogoberno. En 1947 Ahmed Ben Bella propuxo a insurreción armada como medio para conseguir a independencia e a imposición dun réxime socialista. Ante a guerra que seguiu, o Goberno francés intentou negociar cos nacionalistas alxerinos en 1958...
  • Partición da India

    Partición da India
    Tras a Acta de Partición da India, o Goberno Británico dividiu o antigo territorio do Raj en dous novos estados: a Unión India, de maioría hindú, e Pakistán, de maioría musulmá e dividido en dous; Pakistán Occidental (o actual) e Pakistán Oriental (hoxe Bangladesh). Esta división deu lugar a varias guerras e múltiples desprazamentos de poboación.
  • Creación do Estado de Israel

    Creación do Estado de Israel
    Xa en 1937 o Goberno británico comezou a ver claro que a única maneira de evitar os conflitos en Palestina sería crear dous estados, un xudeo e outro árabe. Tras a II Guerra Mundial e as masacres sufridas polo pobo xudeu, a ONU decidiu en 1947 repartir o territorio do antigo Mandato, deixando Xerusalén baixo control internacional. O acordo non foi aceptado polos árabes, pero si polos xudeus, que en 1948 fundaron o Estado de Israel, rematando coa presencia británica en Oriente Medio.
  • Period: to

    Período de distensión da Guerra Fría

    Son os anos da independencia das colonias da África Subsahariana, nun proceso moi rápido. Especialmente significativo foi o ano 1960, no que se independizaron 18 países. Desaparecen os vellos imperios de Gran Bretaña, Francia, Bélxica, Portugal e España. En liñas xerais, a independencia foi negociada, aínda que non estivo exenta de conflitos (guerras civís en Nixeria e no Congo etc.)
  • Independencia de Alxeria

    Independencia de Alxeria
    Ao mesmo tempo que o Goberno francés negociaba cos independentistas alxerinos, en 1958, varios xenerais franceses opostos á idependencia deron un golpe de Estado que puxo fin á IV República. Para solucionar a grave crise chamouse de novo ao poder ao mítico Charles De Gaulle, que instaurou a V República, recuperou o control e intentou manter Alxeria dentro de Francia. Pese a todo, en 1962, Francia recoñeceu a independencia da República Democrática Popular de Alxeria.
  • Period: to

    Fin da Guerra Fría e mundo actual

    Fase final do proceso descolinizador. As poucas colonias que aínda permanecían gobernadas por occidentais foron alcanzando a independencia.