La era mundial de las revoluciones de 1820 a 1848 independencia usa 600x480

Historia do Mundo Contemporáneo

  • Invención da máquina de vapor

    Invención da máquina de vapor
    James Watt inventa a máquina de vapor, o que permite obter unha fonte de enerxía para mover as máquinas e liberar así a capacidade de traballo.
  • Period: to

    Monarquía constitucional

    Comeza a gobernar a Asemblea Nacional e aproba a Constitución de 1791
  • Inicio da Revolución francesa

    Inicio da Revolución francesa
    Toma da prisión de Bastilla polos habitantes de París
  • Period: to

    Primeira República francesa

    A nova Asemblea proclamou a república, na que se distinguen a Convención, o Directorio e o Consulado
  • Inicio do ludismo

    Inicio do ludismo
    Inicio do movemento ludista, que era unha forma de protesta contra as máquinas, xa que eran consideradas a causa da perda de empelo e da baixada dos salarios
  • Period: to

    Revolucións de 1820

    Destacan a de España, co pronunciamento militar de Rafael del Riego, e a de Grecia, que estaba asociada ás reivindicacións nacionalistas
  • Primeira liña de ferrocarril

    Primeira liña de ferrocarril
    Inauguración da primeira liña de ferrocarril, chamada liña Stockton-Darlington, en Inglaterra. A partir de entón o sector non parou de medrar
  • Revolucións de 1830

    Revolucións de 1830
    Iniciáronse en Francia, onde comezou a gobernar Luís Filipe de Orleáns, e destacan tamén a de Bélxica e a de ESpaña, con dous revolución sucesivas entre 1835 e 1836
  • Revolucións de 1848

    Revolucións de 1848
    Iniciáronse en Italia e Suiza, pero a máis intensa foi a de Francia. Tamén afectou ao Imperio austrohúngaro e á Confederación xermánica
  • Period: to

    Unificación de Italia

    Esta unificación produciuse arredor do Reino de Piemonte-Serdeá e tivo dous protagonistas: Camilo Benso e Giuseppe Garibaldi. Víctor Manuel II foi nomeado rei nesta etapa
  • Publicación do manifesto comunista

    Publicación do manifesto comunista
    Publicación da obra fundamental no desenvolvemento das ideas socialistas e pretendía que as súas ideas fosen a única solución aos problemas derivados da industrialización
  • Period: to

    Imperio de Napoleón III

    Napoleón III deu un golpe de Estado e proclamou o Segundo Imperio, mantivo un goberno autoritario e personalista mantendo os principios liberais conservadores. Caeu en Sedán a mans de Prusia
  • Period: to

    Unificación de Alemaña

    Produciuse tras 3 guerras: En 1864 contra Dinamarca; en 1866 contra Austria; e en 1870 contra Francia. O 18 dexaneiro de 1871 creouse o Segundo Imperio alemán
  • Primeira Internacional

    Primeira Internacional
    Creación da Primeira Internacional tras a reunión de Londres por parte dos sindicatos obreiros ingleses, franceses e belgas. A súa idea principal era que a emancipación da clase obreira tiña que ser obra dos propios traballadores. Marx tivo un papel moi importante da redacción dos estatutos.
  • Proclamación da 3ª República francesa

    Proclamación da 3ª República francesa
    Produciuse tras a derrota de Napoleón III en Sedán
  • Period: to

    Sistemas Bismarck

    Xogo de alianzas cos países veciños de Alemaña realizado por Bismarck co obxectivo de illar a Francia e de asegurar a hexemonía alemá
  • Domingo sanguento

    Domingo sanguento
    Día no que unha manifestación pacífica dirixiuse ao Palacio de inverno para presentar unha serie de protestas ao tsar, pero foi reprimida con moita violencia, causando un gran número de mortos.
  • Period: to

    I Guerra dos Balcáns

    Guerra entre Serbia, Bulgaria e Grecia aliadas contra o Imperio turco, finalmente derrotado por estes tres países
  • II Guerra dos Balcáns

    II Guerra dos Balcáns
    Guerra na que Bulgaria enfrontouse a todos os Estados veciños, tendo que ceder determinados territorios debido ao Tratado de Bucarest
  • Period: to

    I Guerra Mundial

    Guerra entre os Imperios centrais e os Aliados provocada polas tensións entre os diferentes países que terminaron por estalar tras o asasinato do archiduque Francisco Fernando por un nacionalista serbio-bosnio en 1914. A primeira etapa coñécese como a Guerra de movementos e a segunda fase como Guerra de Trincheiras. A Guerra rematou co armisticio asinado por Alemaña o 11 de novembro de 1918.
  • Revolución de febreiro de 1917

    Revolución de febreiro de 1917
    Revolución realizada en Rusia en 1917 provocada polo maestar debido ás derrotas da guerra e á gran crise económica. Foi iniciada cunha manifestación das mulleres pola falta de pan. O tsar abdicou e o poder recaeu nun Goberno provisional incapaz de solucionar a situación debido ás reclamacións dos obreiros e dos campesiños, ademais das revoltas e das manifestacións, así como das derrotas na Gran Guerra.
  • Revolución outubro 1917

    Revolución outubro 1917
    Revolución realizada en Rusia o día 25 de outubro por orde de Lenin e do Comité central do partido bolxevique, asaltando o Palacio de inverno e facéndose co poder o día 26.
  • 14 puntos Wilson

    14 puntos Wilson
    Proposta realizada polo presidente estadounidense Wilson para organizar a paz. Estaba baseada na defensa do liberalismo como principio reitor da nova orde, na devolución de Alsacia-Lorena a Francia, no recoñecemento do principio de autodeterminación dos pobos e na creación dunha Sociedade de Nacións.
  • Paz de Versalles

    Paz de Versalles
    Tratado de paz entre os países vencedores e Alemaña, que foi considerada como a culpable da guerra, impóndolle fortes sanción económicas, miliatares e territoiais.
  • Creación da Sociedade de Nacións

    Creación da Sociedade de Nacións
    Creación do organismo proposto por Wilson para manter a paz, a seguridade internacional e para condenar a guerra como medio para solucionar os problemas entre as nacións. Estaba formada por unha Asemblea e un Consello, controlados por unha Secretaría Xeral. Inicialmente só formaban parte os países vencedores e os neutrais, pero posteriormente admitiuse a entrada de Alemaña e da URSS
  • Creación da URSS

    Creación da URSS
    Creación da Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas en 1922. O triunfo do exército vermello na guerra civil favoreceu aos movementos revolucionarios en Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia. Esta unión seguiu os principios da Declaración de Dereitos dos Pobos.
  • Anschluss

    Anschluss
    Fusión entre Austria e a Alemaña Nazi
  • Invasión de Polonia

    Invasión de Polonia
    Hitler decide invadir Polonia, chegando rapidamente a Varsovia gracias á súa táctica da guerra lóstrego. Foi o desencadeante da Segunda Guerra Mundial.
  • Period: to

    Segunda Guerra Mundial

    O maior conflito na Historia, no que se enfrontaron as tropas do Eixe e as tropas dos Aliados, causando millóns de mortos e destrozando boa parte de Europa, ademais provocar numerosas modificacións territoriais.
  • Period: to

    Operación Barbavermella

    Campaña militar mediante a que Hitler tratou de invadir a URSS, pero a derrota en Stalingrado marcou o declive de Alemaña na guerra, tendo que retrodecer as posicións e quedando finalmente atrapada por ambos lados.
  • Ataque a Pearl Harbor

    Ataque a Pearl Harbor
    Ataque xaponés á base norteamericana de Pearl Harbor, establecida en Hawaii, mediante o cal EEUU entrou na guerra.
  • Desembarco de Normandía

    Desembarco de Normandía
    Desembarco das forzas aliadas nas praias francesas de Normandía, mediante a cal abriron unha fronte en Francia, acelerando a derrota de Alemaña e liberando París.
  • Conferencia de Bandung

    Conferencia de Bandung
    Conferencia afroasiática que supuxo a irrupción do Terceiro Mundo nas relacións internacionais.
  • Period: to

    Conferencia de Postdam

    Reunión entre Gran Bretaña, EEUU e a URSS na que se acordou a división de Alemaña en 4 rexións ocupadas por estas tres potencias e Francia
  • 1º bombardeo atómico

    1º bombardeo atómico
    Lanzamento da bomba atómica sobre Hiroshima por parte de EEUU
  • 2º bombardeo atómico

    2º bombardeo atómico
    Lanzamento da segunda bomba atómica, neste caso en Nagasaki.
  • Creación da ONU

    Creación da ONU
    Creación do organismo internacional encargado de velar pola seguridade colectica e a paz. Xurdiu da Conferencia de San Francisco
  • Period: to

    Guerra de Vietnam

    Conflito entre a República Democrática de Vietnam e Francia, que terminou nun novo conflito entre o bloque capitalista e o bloque comunista.
  • Independecia da India

    Independecia da India
    Foi conseguida grazas a unha serie de mobilizacións contra o dominio británico para conseguir o autogoberno, que aumentaron tras a IIGM
  • OTAN

    OTAN
    Creación da OTAN, alianza militar realizada entre diversos países do bloque occidental e liderada polos EEUU.
  • Pacto de Varsovia

    Pacto de Varsovia
    Sinatura do Pacto de Varsovia, alianza militar realizada por diversos países do bloque comunista, impulsda pola URSS.
  • Period: to

    Guerra de Corea

    Conflito entre Corea do Norte e Corea do Sur tras a invasión desta última por parte da zona Norte da península
  • Construción muro de Berlín

    Construción muro de Berlín
    Levantamento dun muro na cidade de Berlín que separaba a cidade en dous bloques, o capitalista, illado do resto da zona oriental, e o comunista.
  • Independencia de Alxeria

    Independencia de Alxeria
    Proceso mediante o cal se radicalizou o nacionalismo de Alxeria debido ao rexeitamento por parte de Francia de dotar de autogoberno a este país. Creouse a Fronte de Liberación Nacional e tras unha serie de sublevacións populares conseguiuse a independencia.
  • Crise dos mísiles de Cuba

    Crise dos  mísiles de Cuba
    Foco de tensión entre EEUU e a URSS tras un avistamento de mísiles den Cuba dun U-2 norteamericano.