Liña do tempo HMC

  • BASES DO ANTIGO RÉXIME

    BASES DO ANTIGO RÉXIME
    Durante os anos 1600 a 1679 na maioría de países europeos e as súas colonias presentaban un sistema político na cal un monarca gobernaba de maneira absoluta. Tamén a sociedade trátabase dunha sociedade estamental e dividíase en dous grupos: privilexiados e non privilexiados, A economía que tiñan tratábase dunha economía de subsistencia, na cal a agricultura era de autoconsumo, cun escaso comercio e con numerosas crises de subsistencia.
    https://youtu.be/ge1xCQ5wAus
  • PARLAMENTARISMO INGLÉS: THE BILL OF RIGHTS

    PARLAMENTARISMO INGLÉS: THE BILL OF RIGHTS
    En 1649, o descontento que probocou na poboación a monarquía absoluta da dinastía Estuardo, producíu unha primeira revolución dirixida por Oliver Cronwell. Posteriormente o novo monarca, Carlos II, aceptou o Habeas Corpus en 1679.
    En 1689 produciuse unha segunda revolución que destronou definitivamente os Estuardo. Entón o Parlamento escolleu como monarca a Guillerme de Orange e obligoulle a xurar a Declaración de Dereitos (The Bill of Rights).
  • TRATADO DE UTRECHT

    TRATADO DE UTRECHT
    O tratado de Utrecht foi un documento que puxo fin ao conflicto que se producíu en toda Europa, este conflicto tratábase da Guerra de Sucesión á Coroa Española e que se producíu entre 1700 a 1713. Este conflicto otorgoulles unha serie de beneficios territorias a Rusia, Prusia, o Ducado de Savoia e as Provincias Unidas.
    Logrou que Gran Bretaña se consolidara como a gran potencia marítima e comercial. Ademais Francia, Austria e Rusia tamén se consolidaron como grandes potencias.
  • ILUSTRACIÓN

    ILUSTRACIÓN
    A Ilustración foi un movemento intelectual que se desenvolveu en Europa, especialmente en Francia, no século XVIII. Neste movemento os filósofos defendían a razón ou a intelixencia humana como único medio para entender e explicar o mundo, fronte a concepción medieval, baseada na tradición e relixión. tamén defendían a liberdade de conciencia e pensamente, así como os principios de liberdade e igualdade.
    https://youtu.be/O9Rxxlzr1Ls
  • SISTEMA NORFOLK

    SISTEMA NORFOLK
    No ano 1730 producíuse unha difusión dunha nova rotación de cultivos. Combinaba a semente de cereais, que empobrecen a terra, coa de plantas forraxeiras, que enriquecen a terra porque axudan a fixar o nitróxeno no solo.
    Esta rotación cuadrienal permitiu suprimir o barbeito e ampliar a superficie cultivada, ademais o crecemento da produción de forraxe incrementou a cabana gandeira.
  • REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

    REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
    Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a grande escala.
    Esta revolución foi o resultado dunha serie de transformacións conectadas entre elas, que provocou o xurdimento do sistema industrial de producción.
    https://youtu.be/eZtmIClLJWM
  • ENCLOSURE ACTS

    ENCLOSURE ACTS
    Durante a Idade Media, o metodo agrícola dominante era a rotación de cultivos en campos abertos e baseado en dereitos comunais tradicionais, que practicaba unha agricultura orientada ao autoabastecemento.
    Durante o século XVIII decidiron que estas terras comunais se cerraran, para segundo aplicar novos sistemas para mellorar a productividade. Para isto en 1760, o Parlamento inglés aprobou unhas leis de cerramento para legalizar o proceso, chamado Enclosure Acts.
  • MÁQUINA DE VAPOR

    MÁQUINA DE VAPOR
    James Watt creou en 1769 a máquina de vapor, que se accionaba mediante a combustión de carbón. Este descubrimento permitíu poñer en marcha todo tipo de máquinas industriais e agrícolas e tamén se lles aplicou aos medios de transporte. https://youtu.be/k2UAR60Z_bY
    https://youtu.be/GRrZ3I-DXq8
  • O MOTÍN DO TÉ

    O MOTÍN DO TÉ
    Os colonos americanos estaban cansos do goberno inglés porque a metrópole non lles permitía enviar representación ao Parlamento, obrigábaos a pagar impostos e impoñíalles un monopolio comercial.
    Pero cando en 1773, o goberno británico lle otrogou o monopolio do té a unha compañía inglesa. Isto provocou unha rebelión e os colonos de Boston protestaron tirando varios cargamentos de té ao mar.
  • CONVOCATORIA DOS ESTADOS XERAIS

    CONVOCATORIA DOS ESTADOS XERAIS
    Ante a proposta dunha reforma fiscal, os privilexiados convocaron aos estado Xerais. Luis XVI acabou cedendo e reunironse en Versalles o 5 de maio de 1789. Alí debatiron a proposta de reforma social que demandaba o Terceiro Estadoe como este mesmo estado demandaba o voto por cabeza e non por estamento.
    O rei e os privilexiados negaronse e o Terceiro Estado, xunto con nobres e cregos liberais, crearon o 20 de xuño a Asamblea Nacional. O rei ante isto, forma a Asamble Nacional Constituínte.
  • ASALTO Á BASTILLA

    ASALTO Á BASTILLA
    A ameaza dunha reacción por parte dos privilexiados e do exército real conduciu aunha revolta popular. O 14 de xullo, o pobo asaltou a Bastilla, prisión e símbolo do absolutismo.
  • Period: to

    A REVOLUCIÓN FRANCESA

    As causas da revolución comezaron no ano 1780, pois moitos sectores sociais en Francia amosaban un gran descontento coa situación económica e social, sobre todo o Terceiro Estado era o máis descontento. Os campesiños vivían unha situación de grave necesidade,. A burguesía sentiase marxinada socialmente, propugnaba a igualdade ante a lei e os impostos.
    A Facenda estaba en bancarrota e Luís XVI pensaba que a única solución era facer tributar aos privilexiados, cousa que eles non querían.
  • ASAMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE

    ASAMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE
    Tras asalto á Bastilla, a noticia espallouse por toda Francia e deu lugar a novas revoltas do pobo, estas coñecense como o Gran medo. Tras esto a Asamblea Nacional tomou unha serie de medidas, como a abolición dos privilexios e dereitos feudais dos privilexiados ou a Declaración de Dereitos Humanos.
    A Asamblea elaborou en 1791 tamén unha Constitución, onde o rei conservaba o poder executivo, a Asamblea tiña o poder lexislativo e os xuíces o xudicial, e estableceuse tamén o sufraxio censatario.
  • PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA

    PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA
    O 20 de abril de 1792, a Asamblea Nacional decidiu declararlle a guerra a Austria, considerada o foco da contrarrevolución e que ameazaba con invadir Francia. En xullo, as tropas austríacas estaban preto de París, entón a Asamblea propuxo unha leva de masas.
    Os sans-culottes, xunto os xirondinos e xacobinos, levaron a cabo unha insurección, onde asaltaron o palacio das Tullerías e detiveron aos monarcas.
    A Convención Nacional, anova asamblea, aboliu a monarquía e proclamou a República.
  • ÉPOCA XIRONDINA

    ÉPOCA XIRONDINA
    O grupo dos xirondinos, obtiveron a maioría de votos no Convenio. Coa proclamación da República, consideraron que a revolución acabara e que debían gobernar para que non cundira a anarquía.
    Os xacobinos e xarondinos discrepaban con respecto aos seus ideais, pero sobretodo a monarquía. Debido a presión social, a Convención guillotinou aos monarcas.
    As execucións reais deronlle impulso a unha coalición europea antirrevolucionaria, a unha insurección campesiña e a numerosas reformas sociais.
  • Period: to

    ÉPOCA REPUBLICANA

    Tras a Revolución Francesa, os liberais e conservadores decidiron que a mellor forma de goberno sería unha república. Pero durante estos periodos de tempo, leváronse a cabo numerosas repúblicas e diferentes constitucións.
  • ÉPOCA XACOBINA

    ÉPOCA XACOBINA
    Os xacobinos acusaban os xirondinos de non responder as necesidades populares, entón estos xunto aos sans.culottes detiveron os principais deputados xirondinos e executáronos.
    Os xacobinos elaboraron unha nova Constitución que reflectía a democracia social e impulsaron tamén numerosas reformas sociais, como por exemplo a Lei de máximum.
    Decidiron realizar unha leva de masas e democratizouse o exército para enfrontarse aos exércitos estranxeiros
  • BURGUESA MODERADA

    BURGUESA MODERADA
    Tras a caída de Robespierre, a Convención pasou a estar controlada polos sectores burgueses moderados e comezouse a desmantelar as medidas dos xacobinos. Estableceuse en 1794 e 1795 un Directorio, estableceuse un corpo lexislativo formado polo Consello dos Cincocentos e o Consello dos Anciáns. Estableceuse o sufraxio censatario e aprobouse unha Constitución.
    Pero o Directorio non conseguía estabilizar a situación, esto probocou que se realizaran numerosas revoltas radicais.
  • O TERROR

    O TERROR
    Para impoñer todas as reformas, estableceuse un goberno revolucionario, o Comité de Saúde Pública, gobernado por Robespierre. Este goberno suprimiu as garantías constitucionais e implantou o coñecido como o Terror. Neste Robespierre concentrou todos os poderes e aprobou a chamada Lei de sospeitosos.
    A comezos de 1794 os sectores radicais pedían máis medidas igualitarias peroRobespierre levou a cabo unha sanguenta represión. Os seus inimigos deron un golpe de Estado e guillotinaron a Robespierre
  • NAPOLEÓN BONAPARTE

    NAPOLEÓN BONAPARTE
    As clases acomodadas viron en Napoleón Bonaparte un xeneral vitorioso, que podia garantir a revolución liberal e evitar os excesos democráticos. O 9 de novembro de 1799 deu un golpe de Estado e concentrou o poder nel. Estableceu un goberno coñecido como o Consulado e unha nova Constitución que afirmou o seu poder. Conseguiu ser nomeado cónsul vitalicio en 1802 e proclamouse emperador en 1804. Foi entón cando comezou a conquistar os territorios Europeos, pero derrotarono na Batalla de Waterloo.
  • NACEMENTO DE SINDICATOS

    NACEMENTO DE SINDICATOS
    A partir de 1820-1830, os traballadores animados polas novas ideas socialistas, comezaron a crear organizacións para defender os seus dereitos.
    O primeiro tipo de organizacións foron as asociacións de Socorro Mutuos, nas cales se axudaba a traballadores e familias en paro ou con algunha enfermidade. Posteriormente, crearonse as Trade Unions, tras este unironse todos os sindicatos e creouse a Great Trade Union.
    En 1840, espallouse o sindicalismo a Francia e a España.
  • GUERRA DO OPIO

    GUERRA DO OPIO
    As Guerras do opio producíronse entre 1839 a 1842 e entre 1856 a 1860, entre os chineses e británicos. Os británicos tiñan o monopólio do opio debido a súa colonia da India.
    Estas guerras desenvolvéronse debido a prohibición chinesa do comercio do opio de Gran Bretaña. As guerras permitíronlle a Gran Bretaña conseguir o enclave de Hong Kong e abrir os portos de comercio internacional
    https://youtu.be/8norKRpGiTw
  • PROCESO DE URBANIZACIÓN

    PROCESO DE URBANIZACIÓN
    A difusión da industrialización producíu que os campesiños se transladaran a cidade e se convertiran en xornaleiros. Na cidade vivían a burguesía e os obreiros, pero cada un nun tipo de barrio diferente.
    Os barrios burgueses estaban ben estructurados e dotados de servicios públicos.En cambio, os barrios obreiros non estaban estructurados, carecían de infraestructuras e de servicios públicos.
    http://soriamm4b.blogspot.com/2017/03/la-nueva-sociedad-de-clases.html
  • O PENSAMENTO MARXISTA

    O PENSAMENTO MARXISTA
    En 1848, publicouse o Manifesto do Partido Comunista, escrito por Karl Marx e Friedrich Engels. Neste manifesto defendían a necesidade de destruír a orde liberal e o sistema económico capitalista para crear unha sociedade máis igualitaria. Isto debían conseguilo a través da revolución .
    https://youtu.be/_I0Wq_wtKy0
  • A PRIMAVERA DOS POBOS

    A PRIMAVERA DOS POBOS
    En 1848 producironse en todo o continente, numerosas revolucións que tiveron unha gran transcendencia porque afectaron a todo o continente e que espallou todas as demandas de liberdade e de reinvidicación nacional.
    Isto supuxo a fin da maioría das monarquías absolutas que quedaban en Europa, a orixe das ideas democráticas e o xurdimento dun movemento nacionalista contra os grandes imperios.
    http://www.claseshistoria.com/revolucionesburguesas/revolucion1848.htm
    https://youtu.be/Q-ti2BeJSuw?t=76
  • XAPÓN

    XAPÓN
    Cara a 1850 o Xapón era un imperio feudal; gobernado por un emperador que era como un deus, máis o goberno estaba en mans dun shagun e un exército de guerreiros de samurais.
    Na segunda metade do século XIX, a chegada de estranxeiros , xerou a repulsa popular contra o goberno militar e favoreceu ao emperador Mutsuhito. Esto denominouse a Revolución Meixi.
    Tras esto adoptouse a Constitución inspirada na de Alemaña, tamén xapón se abreu a un crecemento industrial.
  • COMERCIO INTERNACIONAL

    COMERCIO INTERNACIONAL
    Debido a gran vaga de insdustrialización, houbo un aumento de comercio e unha reforma dos sistemas de venda. O volume do comercio internacional multiplicouse, grazas aos progresos no transporte e a expansión do librecambio e a produción masiva de bens, que permitiu unha redución do seu prezo.
    O comercio interior tamén sufríu unha gran expansión, pois aumentou o salario dos obreiros e os novos sistemas de veda.
  • RUSIA TSARISTA

    RUSIA TSARISTA
    Rusia era unha sociedade tradicional, cunha forte aristocracia, unha policía e unha Igrexia otordoxa. Coa chegada ao poder do tsar Alexandre II e ante a grave situación económica, iniciouse unha serie de reformas na administración.
    Unha reforma máis importante foi a abolición da servidume, pero foi unha reforma que probocou o empobrecemento da poboación campesiña e o nacemento da nova burguesía rural, chamados kulaks. Impulsouse a industrialización e recorreuse a investimentos estranxeiros.
  • GUERRA DE SECESIÓN

    GUERRA DE SECESIÓN
    A mediados do século XIX, os Estados Unidos dividianse polo seus ideais en Estados de norte e os Estados de sur. En 1860, Abraham Lincoln, foi o dirixente do novo partido republicano que era contrario a escravitude e que dispuña de moito apoio no norte. Os candidatos, democrata e republicano, enfrontaronse e finalmente Abraham Lincoln obtivo a vitoria.
    En 1861 os Estados do sur decidiron abandonar a Unión e aprobaron a Constitución, despoís atacaron o forte Sumter e iniciou a Guerra de Secesión.
  • A PRIMEIRA INTERNACIONAL

    A PRIMEIRA INTERNACIONAL
    Co aumento do número de traballadores en sindicatos, en 1864 creouse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores. A AIT organizouse en asociacións e tiña un Consello Xeral dirixido por marx, que redactou os estatutos e o manifesto onde se establecían os principios básicos da internacional.
    Realizaron diferentes congresos para establecer as reivindicacións que estes querían levar a cabo. Máis existían diferencias entre as ideas marxistas é anarquistas, fracasando e disolvendose.
  • ALEMAÑA

    ALEMAÑA
    Tras a unificación dos Estados alemáns, o país iniciou a construcción dun novo Estado e converteuse nunha gran potencia que quería impoñer a súa hexemonía. O II Reich de Alemaña forxouse baixo a impronta do chanceler Bismarch e do káiser Guillerme I, asentado baixo a Constitución de 1871 que mostraba o compoñente autoritario.
    Para evitar algún estalido revolucionario, Bismarch adoptou unha serie de reformas sociais que favorecían sempre as clases populares.
    https://youtu.be/oBSRBEPOy9k
  • 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

    2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
    No século XIX, producíronse unha serie de innovacións tecnolóxicas que impulsaron unha segunda fase da industrialización, que coñecemos como a Segunda Revolución Industrial. as principais innovacións foron o uso de novas fontes de enerxía, como a electricidade; os novos medios de transporte, como o tranvía e o metro; a expansión das redes de telegrafía e o teléfono; o desenvolvemento de novos produtos e novos sectores produtivos.
    https://youtu.be/os6JSUgA9YQ
  • GRAN BRETAÑA

    GRAN BRETAÑA
    Duranto o reinado da raiña Vitoria I, Gran Bretaña foi un exemplo de monarquía liberal, denominado era vitoriana.
    O seu sistema baseábasena alternancia no poder dos dous grandes partidos: os tories, os conservadores; e os whigs, os liberais. A finais de 1890 os trballadores optaron polo Partido Laborista.
    Para democratizar o sistema liberal baseouse nas diversas leis de reforma; ampliaron o dereito a voto e a Parliament Act limitou os poderes das Cámaras.
    https://youtu.be/BEHoAX3RMeE
  • INDIA

    INDIA
    As metrópoles concentráronse en diferentes puntos de África e Asia. A colonización británica centrouse na India, onde a Compañía Británicas das Indias Orientais posuia algunhas zonas desde o século XVII. En 1876, a raíña Vitoria foi proclamada emperatriz da India, considerada a "xoia da Corona".
  • GUERRAS DOS BÓERES

    GUERRAS DOS BÓERES
    As Guerras dos Bóeres producíronse entre 1880 a 1881 e entre 1889 a 1902, entre Gran Bretaña e os granxeiros holandeses. Iniciáronse por mor da pretensión británica de expulsar aos granxeiros holandeses que se estableceranno Cabo no século XVII e ocuparan Orange e Transvaal.
    A intención británica era a explotación das minas de ouro e diamantes, polo que despois de anos de guerra, os territorios foron anexionados a Gran Bretaña.
  • Period: to

    CAUSAS DA GUERRA

    Entre 1900 a 1914, formáronse dous bloques antagónicos e aumentaron as tensións e rivalidades entre as potencias, probocando unha política de rearmemento. Os anos anteriores a guerra denominaronse "a paz armada".
    https://youtu.be/6Fxifmvz7Rw
  • O ANARQUISMO TRAS A AIT

    O ANARQUISMO TRAS A AIT
    Tras o fracaso da Primeira Internacional, os anarquistas trataron de manter esa experiencia formando unha Internacional Antiautoritaria, cuyo congreso se levou a cabo en 1881.Conformouse unha corrente chamada anarcocomunismo, que se opoñía a calquera forma de organización e propugnaba a acción violenta. Como resultado disto, producironse numerosos atentados en contra de gobernantes e persoaxes políticos. Conformouse outra corrente,o anacosindicalismo, as súas ideas fraguaron na Carta de Amiense.
  • FORDISMO

    FORDISMO
    O fordismo é un sistema de produción que se caracterizapor facer que a produción se realice en serie ou en candena. Este sistema foi realizado por Henry Forde que combinaba a produción en serie cos incentivos salariais.
    https://youtu.be/TSylyuBmiA8
  • TAYLORISMO

    TAYLORISMO
    O taylorismo é un sistema de organización do traballo industrial creado por F. W. Taylor, baseado na máxima utilización da maquinaria e na especialización do traballador en pequenas tarefas, que son cronometradas, co fin de reducir os tempos mortos e establecer un pagamento de primas atendendo ao rendemento.
    https://youtu.be/LxN0Dy6QLpY
  • TRIPLA ALIANZA

    TRIPLA ALIANZA
    A primeira alianza que se formou, nos períodos anteriores a Guerra, foi a chamada Tripla Alianza. Nesta unianse Alemaña, Italia e o Imperio austrohúngaro. Esta alianza tiña como obxetivo consolidar a hexemonía alemá na política continental europea e a contención dos rivais.
    https://www.lifeder.com/triple-alianza-1882/
  • CONFERENCIA INTERNACIONAL DE BERLÍN

    CONFERENCIA INTERNACIONAL DE BERLÍN
    No século XIX, as potencias europeas botáronse a conquista de extensas zonas de África e Asia. A rivalidade entre estas desatou unha verdadeira carreira colonial por conquistar e denominar os novos territorios. Debido a esto e ante a crecente rivalidade, convocouse a Conferencia Internacional de Berlín de 1885. Esta conferencía estipulou as condicións para ocupar novos territorios por parte das metrópoles e estableceu as diferentes zonas de influencia.
  • A SEGUNDA INTERNACIONAL

    A SEGUNDA INTERNACIONAL
    A Segunda Internacional fundouse en París en 1889, na cal solo se incorporaron partidos socialistas e organizouse como unha confederación de partidos nacionais autónomos. Non tiñan un Consello Xeral e en 1900 creouse un Buró Socialista Internacional.
    A Segunda Internacional adoptou unha serie de resolución e dereitos que debían de ter os traballadores, e creou algúns símbolos do movemento obreiro. Ademáis, impulsou diferentes organismos, como a Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas.
  • GUERRA ENTRE EE.UU E ESPAÑA

    GUERRA ENTRE EE.UU E ESPAÑA
    A Guerra produciuse cando Estados Unidos lle declarou a guerra a España en 1898, por culap do afundimento do seu acoirazado Maine no porto da Habana. Foi entón cando en maio de 1898 se nfrontaron ambas potencias navais na baía de Manila.
    o gañador foi Estados Unido, e España tras a súa derrota militar, na Paz de París renunciou a Cuba, Filipinas e Porto Rico.
  • CRISE DE FACHONDA

    CRISE DE FACHONDA
    Esta crise producíuse en Sudán entre Francia e Gran Bretaña, pois os intereses de ambos chocaron cando en África bateron Fachonda. Ambos os dous quixeron ocupar unha zona estratéxica do alto Nilo.
    Gran Bretaña tiña unha gran superioridade militar, polo que os franceses se retiraron e os ingleses se fixeron co territorio.
  • O IMPERIO RUSO

    O IMPERIO RUSO
    A Rusia de comezos do século XX, era un imperio donde o territorio era inmenso e moi poboado, pero tamén moi atrasado pois continuaba sendo unha autocracia e sostiñase na agricultura e sen case nada de industrialización.
    A sociedade dividiase en estamentos onde destacaban os nobres. Os campesiños vivían en condicións de extrema pobreza e con duros ritmos de traballos.Os obreiros traballaban en grandes empresas en condicións precarias. A burguesía tiña pouca influencia.
  • POSDR

    POSDR
    En 1898 fundouse en Rusia o Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso. En 1904, este partido escindiuse en dous bandos: bolxevique, que propugnaba un novo tipo de partido máis minoritario, cunha organización ríxida e centralizada e integrado por unha elite de revolucionarios; e os menxeviques, que se trataba de masas que seguia as directrices da II Internacional.
    Os bolxeviques estaban dirixidos por Lenin, un revolucionario que voltou a Rusia durante a 1ª Guerra Mundial.
  • 1ª CRISE MARROQUÍ

    1ª CRISE MARROQUÍ
    O káiser alemán Guillerme II ofreceulle apoio militar ao sultán de marrocos para resistir as presións francesas de establecer un protectorado na zona. Para resolver o enfrontamento, convocouse en !906 a Conferencia de Alxeciras, que estableceu un protectorado compartido entre españa e Francia.
  • DOMINGO SANGUENTO

    DOMINGO SANGUENTO
    En xaneiro de 1905 estoupou un movemento revolucionario en San Petersburgo. Foi unha gran manifestación ante o Palacio de Inverno,donde o pobo protestou contra o despotismo e inxustiza social, además demandaban melloras nas súas condicións de vida e a celebración dunha Asamblea Constituínte elixida por eles.
    O tsar decidiu enviar ao exercito, este reprimiu a protesta de maneira rdical e sanguenta.
    https://youtu.be/PMl_SMIdXcs
    https://youtu.be/Fmd0LZrH8aI
  • TRIPLO ACORDO

    TRIPLO ACORDO
    A segunda alianza que se producíu, anteriormente ao estalido da guerra, foi o Triplo Acordo. Nesta alianza uníronse Francia, Rusia e Gran Bretaña.
    O primeiro acordo asinado foi en 1892, feito por Francia e Rusia, que se sentían ameazadas por Alemaña. Posteriormente en 1904, Francia asinou con Gran Bretaña o Acordo Cordial; este debido a que temían a rivalidade de Alemaña no comercio marítimo.
  • 1ª GUERRA BALCÁNICA

    1ª GUERRA BALCÁNICA
    O Imperio ruso apoiou a creación dunha Liga balcánica, que agrupaba Serbia, Bulgaria, Grecia e Montenegro. todo isto para enfrontarse ao Imperio turco.
    Isto provocou que os turcos tiveran que abandonar os territorios europeas, recoñecer a independencia de Albania e cederlle a Bulgaría a saída ao mar Exeo.
  • GUERRA DE MOVEMENTOS

    GUERRA DE MOVEMENTOS
    A guerra tivo como comezo cando as tropas comezaron a moverse en ambas frontes co obxetivo de obter unha vitoria rápida. O Plan Schilieffen prevía atacar Francia entrando por Bélxica e Luxemburgo, entón esta debería capitular e entón eles poderían atacar a fronte rusa. Os franceses atacaron por Alsacia, pero tiveron que retroceder e invadiron Francia. O mariscal Joffre reorganizou o exército e venceu aos alemans na batalla de Marne. Unha nova ofensiva austro-alemá reconquistou territorios.
  • Period: to

    1ª GUERRA MUNDIAL

    A 1ª Guerra Mundial dividese en tres etapas.
    https://youtu.be/3XtXgH4YSrU
  • ESTALIDO DA GUERRA

    ESTALIDO DA GUERRA
    O detonante da guerra foi o asasinato do arquiduque Francisco Fernando en Saraxevo, por parte dun estudante relacionado cos grupos nacionalista serbios.
    Entón Austria declaroulle a guerra a Serbia. Como resposta Rusia, que apoiaba a Serbia, delaroulla a guerra a Austria. Alemaña declaroulle a guerra a Rusia e Francia.
    Gran Bretaña declaroulle a guerra a Alemaña e Austria, tras a invasión de Bélxica. Só Italia se mantivo neutral nun principio.
    https://youtu.be/FeB1rY4RPvg
  • GUERRA DE TRINCHEIRAS

    GUERRA DE TRINCHEIRAS
    As frontes quedaron inmobilizadas e iniciouse a guerra de trincheiras, na que os exércitos se protexían mediante trincheiras para impedir o avance. Unironse a guerra o Imperio turco e Bulgaria, por parte dos imperios centrais e Italia, por parte dos aliados. A guerra mundializouse e extendeuse aos mares.
    En febreiro de 1916, iniciouse a batalla de Verdún e intentouse unha ofensiva no río Somme, sin éxito. Tamén se realizou a batalla de Xutlandia, na que se iniciou unha guerra submarina.
  • REVOLUCIÓN DE FEBREIRO 1917

    REVOLUCIÓN DE FEBREIRO 1917
    En febreiro de 1917 estalou unha segunda revolución, esta comezou cunha gran manifestación en Petrogrado. Toda esta revolución foi impulsada polos sóviets, que agrupaban a todas as forzas revolucionarias en contra ao tsarismo. O día 27 de febreiro tivo lugar unha folga xeral nas principais cidades e que foi seguida polos amotinamentos dos militares.
    Ante esto, o tsar decidiu abdicar. Entón a Duma tomou o protagonismo da crise e nomeu un goberno provisional, presidido polo príncipe Lvov.
  • ARMISTICIO

    ARMISTICIO
    En 1917, os combates sementaron o desánimo e producíronse numerosos motíns na fronte. Co triunfo da revolución en Rusia, esta saliu da guerra e asinou o tratado de Brest-Litovsk con Alemaña. Foi decisivo tamén a unión de estados Unidos na guerra.
    En 1918, o bando aliado venceu na fronte balcánica aos turcos, búlgaros e austríacos. O Imperio austrohúngaro rendeuse e abdicou o emperador. Na fronte occidental, os aliado venceron e o Reich comezou a afundirse. O 11 de novembro firmouse o armisticio.
  • ASAMBLEA CONSTITUÍNTE

    ASAMBLEA CONSTITUÍNTE
    O goberno provisional convocou en novembro de 1917 eleccións para elixir unha Asamblea Constituínte. O resultado das votacións non foi o esperado por parte dos bolxeviques, ante isto, decidiron disolver a Asamblea porque se negaban a someter as súas decisións á aprobación dos sóviets. A revolución bolxevique non quería un sistema democrático-parlamentario e un Congreso de sóviets era o encargado de establecer as novas institucións do proletariado.
  • ASASINATO DA FAMILIA ROMANOV

    ASASINATO DA FAMILIA ROMANOV
    Tras a abdicación do tsar, a familia Romanov viveu nun constante medo aos bolxeviques. Estos crían que a familia real, era unha mostra do caráctr absolutista do Antigo Réxime.
    Cando aguerra civil comezou en Rusia, os bolxeviques temían de que o Exército branco rescatase a familia real e estes instauraran de novo o absolutismo en Rusia. Foi entón, cando no medio da guerra, en xullo de 1918 o tsar Nicolao II e a súa familia foron executados en Ekaterinburgo, onde eran prisioneiros.
  • GUERRA CIVIL

    GUERRA CIVIL
    Na Rusia de 1918 había numerosos bandos con ideas muy diferentes, pero destacaban principalmente os bolxeviques e os partidarios da antiga orde.
    Drixidos polos vellos mandos do exercito tsaristas, naceron os rusos brancos. entón estalou unha guerra, na cal conbatian os rusos brancos e o Exército Roxo.
    Os primeiros meses o exército de rusos brancos obtivo algunhas vitorias, pero a finais de 1918, o Exército roxo comezou a dominar a situción.
  • REPÚBLICA DE WEIMAR

    REPÚBLICA DE WEIMAR
    Tras a abdicación do káiser Guillerme II, proclamouse a República de Weimar, baseada nunha Constitución amplamente democrática. Pero esta república estivo ameazada pola extrema esquerda comunista, extrema dereita nacionalista e a difícil situación económica.
    Foi cando comezou a ascender o Partido Nacionalsocialista, pero non foi ata a crise económica de 1929 que este partido obtivo moita importancia.
  • CONFERENCIA DE PARÍS

    CONFERENCIA DE PARÍS
    En 1919, os países vencedores reuníronse en París para preparar uns tratados de paz que remodelaran Europa.
    En París, establecéronse 5 tratados, cada un deles dirixido a un país vencido. Todos eles forn obrigados a ceder territorios, a pagar reparacións polos danos e a reducir o seu exército. O máis destacado foi o Tratado de Versalles, que obrigaba a Alemaña a recoñecer a suas responsabilidades na guerra.
  • SOCIEDADE DE NACIÓNS

    SOCIEDADE DE NACIÓNS
    Os tratados de paz que seguriron á guerra, deron lugar a unha reestruturación territorial. Nesta, os grandes imperios foron desmantelados, crearonse novos Estados e cederonse territorios.
    Tamén se produciron transformacións políticas, co fin de democratizar os Estados.
    No 1919 creouse a Sociedade de Nacións, que se trataba dunha organización internacional que debía garantir a paz no futuro e fomentar a colaboración e coperación entre Estados.
  • FELICES ANOS VINTE

    FELICES ANOS VINTE
    A gran expansión económica estadounidense, o aumento da demanda interna fomentou unha etapa de properidade coñecida como os felices anos vinte.
    Este crecemento económico baseouse na mellora da productividade e mais na diminución dos custos de produción, e tamén no uso de novos produtos.
  • NOVA POLÍTICA ECONÓMICA

    NOVA POLÍTICA ECONÓMICA
    Lenin propuxose iniciar unha nova orientación da economía que permitise mellorar as condicións de vida da poboción e acalar as críticas.
    A Nova Política Económica, a NEP, supuxo dar un paso atrais nalgunhas mediadas máis radicais do comunismode guerra para permitir unha economía mixta na que os sectores socializados coontrolados polo Estado convivisen coa economía de mercado e a pequena propiedade privada.
  • PARTIDO NACIONAL FASICSTA

    PARTIDO NACIONAL FASICSTA
    Benito Mussolini aproveitou o descontento da poboación, tras a crise económica, para formar con mozos da burguesía e ex combatentes; os chamados fasci di combattimento actuaron contra as organizacións de esquerdas de maneira brutal.
    En novembro de 1921 Mussolini fundou o Partido Nacional Fascista, este partido obtivo moita afiliación, pois contaban con un progama populista no social e era defensor da propiedade privada e cun forte militarismo e nacionalismo. Contaba tamén con simboloxía propia.
  • URSS

    URSS
    En 1922 creouse a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. na URSS a Constitución soviética de 1923 estableceu un novo modelo de estado baseado nos siviéts, que negaban as eleccións libres e o parlamento.
    O Partido Comunista da Unión Soviética converteuse no centro do poder do novo Estado Soviético, e nun principio o que estos definian como ditadura do proletariado, transformouse na ditadura do Partido Comunista.
  • MARCHA SOBRE ROMA

    MARCHA SOBRE ROMA
    En agosto de 1922 os fascista conseguiron abortar unha folga xeral convocadas polas organizacións de esquerda. Nese mesmo ano organizaron un golpe de Estado encuberto chamado a "marcha sobre Roma", e unha serie de manifestaciósn en diferentes partes do país.
    Cando a marcha finalizou, o rei Vítor Manuel III, presionados polos apoios de Mussolini encargoulle a Mussolini a formación de Mussolini.
    https://youtu.be/EQ9mvlpjwsY
  • SUCESIÓN DE LENIN

    SUCESIÓN DE LENIN
    Tras a morte de Lenin de 1924, o poder do partido estaba discutido en dous candidatos a este. O primeiro Trotski, o cal era un bolxevique moi destacado e Stalin, que desempeñaba a secretaría do PCUS.
    Trostki defendía o abandono da NEP e a profundización do comunismo, en cambio, Stalin, propoñia continuar con un sistema de economía mixta, consolidar o comunismo e reservar as decisións políticas para o partido. En 1927 Stalin consigueo vencer a Trotski e mandalo ao exilio.
  • DITADURA FASCISTA

    DITADURA FASCISTA
    En 1925 Mussolini iniciou a instauración dunha ditadura fascista, que se caracterizaba principalmente pola supresión da democracia, a concentración de todos os poderes en Mussolini e a creación dun Estado corporativo donde as corporacións se converteron nos organismos da sociedade.
    Estableceuse en 1929 mediante o Convenio de Letrán as relacións co Vaticano e creouse unha política exterior expansionista, así como unhas leis racias que se ditaron en 1938.
  • FEBRE BOLSISTA

    A sobreprodución que se producira no país comezou a ser un problema para a economía. Foi así como chegou o momento no que as vendas das empresas non podían aumentar, pois a demanda medraba amodo e os beneficios non. A partir de 1926, unha parte das ganancias comezou a dirixirse cara á compra de accións na Bolsa.
    A boa situción das empresas e a demanda de accións probocou un aumento de prezos na Bols, xerando unha burbulla especulativa. Isto probocou tamén que moitos inversores se endebedaran.
  • XOVES NEGRO

    XOVES NEGRO
    No chamado "Xoves Negro" da historia financieira dos Estados Unidos. O pánico apoderouse dos investidores, e durante ese día puxeronse moitas accións a venda sen que naide as comprara. Isto provocou a caída en picado do seu valor, e perderonse millóns de dólares.
    https://youtu.be/sxqzgjizzdo
  • MARTES NEGRO

    MARTES NEGRO
    Tras a creba da bolsa de Nova York, houbo unha meirande vaga de vendas o 29 de outubro de 1929. Pois moitos bancos esixiron o pagamento dos préstamos forzando as vendas a calquera prezo, porque os investidores non podían facerlle fronte as súas débedas. O mercado de valores caeu e as cotizacións non comezarona a subir ata 1932.
  • NEW DEAL

    NEW DEAL
    O New Deal foi unha nova política que puxo en práctica o presidente dos Estados Unidos Roosevelt en 1933 para superar a crise económica e paliar os seus efectos sociais. As liñas de intervención foron a creación de WPA (Works Progress Administration), NRA (National Recovery Administration), AAA (Lei de Axuste Agrario), as axudas para pagar as hipotecas, a lei de relacións laborais e o seguro de desemprego.
    https://youtu.be/IfGu0dTNo_0
  • ELECCIÓNS DE MARZO

    ELECCIÓNS DE MARZO
    Con este novo ambiente, en marzo de 1933, levaronse a cabo unhas eleccións. Nestas eleccións o Partido Nazi obtivo 288 deputados pero non conseguiu chegar a maioría absoluta.
    Foi entón cando chegou a un acordo cos nacionalistas do Partido de Centro Católico, foi entón cando Hitler aprobou a lei de plenos poderes e que o facultaba para gobernar durante catro anos a marxe do parlamento e para anular o contido da Constitución, sempre e cando fora polo ben de Alemaña.
  • INCENDIO DO EDIFICIO DO REICHSTAG

    INCENDIO DO EDIFICIO DO REICHSTAG
    O 27 de febreiro de 1933 iniciouse un incendio do edificio do Reichstag. Este foi atribuido, sen probas, aos comunistas e serviu de pretexto para desencadear unha violenta persecución contra os seus militantes e para promulggar un novo decreto. Neste quedaban suprimidos todos os dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución.
  • HITLER XEFE DO ESTADO

    HITLER XEFE DO ESTADO
    Tras a morte do presidente Hindenburg en agosto de 1934, nomearon a Hitler como xefe do Estado. Foi ahí cando se converteu en Führer, é dicir, en caudillo e chanceler do III Reich.
  • LEIS DE NUREMBERG

    LEIS DE NUREMBERG
    En 1935 promulgáronse as Leis de Nuremberg. Estas leis foron unhas leis antisemitas e racistas, nas cales se expoñía as diferencias entre as razas e a raza ária e se expoñían que non podían misturar as razas.
    Estas leis degradaron oficialmente os xudeus alemáns á categoría de cidadáns de segunda clase.
    https://youtu.be/njNhmW6wcHM
  • CONSTITUCIÓN SOVIÉTICA

    CONSTITUCIÓN SOVIÉTICA
    En 1936, creouse unha nova Constitución, baseada na Constitución soviética de 1923. Nesta definíase a URSS como un Estado socialista de obreiros e campesiños que se fundamentaba na representatividade dos soviéts, tanto a nivel local e nos diversos Estados.
    Formalmente era un Estado federal e democrático, que recoñecía as diversas nacionalidades, o sufraxio universal, a división de poderes e os dereitos cidadáns.
  • NOITE DOS CRISTAIS ROTOS

    NOITE DOS CRISTAIS ROTOS
    O 9 de novembro de 1938 tivo lugar a Noite dos cristais rotos. Nesta noite, combinaronse unha serie de linchamentos e ataques ocorridos na Alemaña nazi. Estes ataques foron realizados a cidadáns xudíos e aos seus comercios e casa polas tropas de asaltos da SA.
    Esta noite, foi o presaxio da famosa Shoá ou o futuro holocausto e exterminio de xudeos en Europa.