-
Invención da máquina de vapor
Foi a primera máquina de vapor práctica, inventada por James Watt, convertiuse nunha das forzas impulsoras da Revolución Industrial. -
Declaración de Independencia EEUU
É un texto aprobado polo Congreso Continental dos Estados Unidos de América, no que se anuncia que as trece colonias que se atopaban naquel momento en guerra con Gran Bretaña pasaban a constituírse en estados independentes e deixaban de formar parte do imperio británico. -
Inicio da Revolución Francesa
Foi un conflito social e político, con diversos períodos de violencia, que convulsionou Francia e otras nacions de Europa que enfrentaban a partidarios e opositores do sistema coecido como Antigo Réxime. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asamblea Nacional en 1789 e finalizou co golpe de Estado de Napoleón Bonaparte en 1799. -
Inicio do Ludismo
Os artesáns ingleses protestaron contra as novas máquinas que destruían o empleo, queimando fábricas e máquinas. -
Revolucións liberais de 1820
Conxunto de procesos revolucionarios que tiveron lugar en Europa ao redor de 1820.Os seus eixes ideolóxicos foron o liberalismo e o nacionalismo, dado que os países máis afectados foron os do sur de Europa. -
Primeira Liña De Ferrocarril
En 1825 circulou o primeiro tren mineiro en Inglaterra. -
Revolucións liberais de 1830
É coñecida como Revolución de Xullo, foi unha revolta da clase media francesa contra o rei Carlos X que o forzou a abdicar, sendo substituído polo rei orleanista Luís Filipe co título de rei dos franceses e non o tradicional de rei de Francia. -
Unificación de Italia
Foi o proceso histórico que ao longo do século XIX pretendeu a unificación dos diferentes estados nos que se atopaba dividida a península Itálica, na súa meirande parte vencellados a dinastías dos Habsburgo ou os Borbón. -
Publicación do manifesto comunista
É unha obra fundamental no desenvolvemento das ideas socialistas, foi eleborado por Karl Marx e Friedrich Engels -
Revolucións liberais de 1848
Coñecidas noutros países como A Primavera dos Pobos, foron unha onda de manifestacións populares que se xeneralizaron en varias rexións de Europa no primeiro semestre do ano. Caracterízabanse maioritariamente pola súa brevidade e rápida expansión. Ao contrario que as revolucións de 1820 e 1830, esta onda tivo gran repercusión en Francia, Austria, Alemaña, Italia, Hungría e entre os diversos pobos da Europa central. -
Imperio de Napoleón III
O Imperio de Napoleón III estaba dividido en 3 etapas: autoritario, liberal e parlamentaria. -
I Internacional
Foi fundada en Londres e reuniu a sindicalistas ingleses, anarquistas e socialistas franceses e italianos republicanos. O seu fin era a emancipación da clase obreira. Tamén participaron nela Karl Marx, Friedrich Engels e Mijaíl Bakunin. -
Proclamacion da III República francesa
Foi unha democracia parlamentaria, que empezou ao apresar Napoleón III trala batalla de Sedán. Xurdiu debido ao baleiro no poder creado tras ser derrotado Napoleón III, rematando así o Segundo Imperio Francés tras 18 anos de existencia. -
Unificación de Alemaña
Foi un proceso iniciado a mediados do século XIX e finalizado en 1871, para a integración e posterior unificación de diversos estados xermánicos en só. O proceso foi liderado polo primeiro ministro prusiano Otto von Bismarck, coñecido como o chanceler de ferro, e culminou coa formación do Segundo Reich (Imperio) alemán. -
Sistemas Bismarck
Son sistemas de alianzas con todos países veciños para illar a Francia e asegurar a hexemonía alemá en Europa. Foron creados por Otto von Bismark. -
Domingo sanguento
Manifestación pacífica que se dirixia ao palacio de inverno de San Petesburgo para presentar ao tsar unha serie de peticións sociais, políticas e laborais. Esta manifestación foi duramente reprimida polo exército, por orde do tsar, provocando un elevado número de mortos. -
Guerras dos Balcáns
En 1912 foi a primeira guerra na que Serbia, Bulgaria e Grecia estaban aliadas e derrotaron ao Imperio turo, pero a falta de acordo para fixar as fronteiras deu lugar a outra guerra en 1913, na que Bulgaria que era o país con máis territorios conquistados enfrontouse a contra todos os Estados veciños, sendo finalmente derrotada. -
I Guerra Mundial
Foi unha guerra na que estiveron involucradas as grandes potencias formadas en dúas alianzas. Por unha parte a Triple alianza e por outra a Trilple ente. -
Revolución febreiro 1917
As mulleres de Petrogrado logo de estar esperando diante das panaderías organizaron unha manifestación espontánea polas rúas da cidade en protesta polo desabastecemento do pan e a miséria pola que estaban pasando. Ao non poder controlar a situación o tsar abdicou e días depois Rusia pasaría a ser un República. -
Revolución outubro 1917
Foi acordado por Lenin e o Comité central do partido olxeique o inicio da insurrección armada. A Garda Vermella asaltou o palacio de inverno onde estaba reunido o Goberno, ocuparon o palacio e detiveron os membros do Goberno, menos a Kerenski, facía triunfar a Revolución bolxevique e daba paso ao poder dos soviets. Foi a segunda fase da Revolución Rusa. -
14 puntos Wilson
Son unha serie de 14 propostas sobre os que se debía organizar a paz, formuladas polo presidente norteamericano Thomas Wilson. -
Creación da Sociedade de Nacións
Organismo internacional encargado de velar pola mantemento da paz, a seguridade internacional e a condena da guerra para solucionar as diferenzas entre as nacións. Foi creada grazas as propostas de Wilson e elaborada mediante un pacto na Conferencia de paz reunida en París. -
Paz de Versalles
Foi o primeiro tratado en asinarse despois da I Guerra Mundial. No que se recolle o Estatuto fundacional da Sociedade de Nacións e as condicións impostas a Alemaña. -
Creación da URSS
A URSS é a unión das repúblicas soviéticas de Rusia, Bielorrusia, Ucraína e Transcaucasia ( formada por Armenia, Xeorxia e Acerbaixán). -
Pacto Briand-Kellogg
Declaración de renunciar á guerra como medio para resolver os conflitos internacionais e de atacar a arbitraxe da Sociedade de Nacións. -
Anshluss
Foi a anexión de Austria con Alemaña, despois da ocupación nazi en Austria. -
Period: to
II Guerra Mundial
Foi o maior enfrontamento armado da Historia e nel estiveron involucrados a maoría de países do mundo. -
Operación Barbavermella
Invasión da URSS por parte de Alemaña sen respetar o Pacto de non agresión asinado en 1939 entre Hitler e Stalin. -
Ataque a Pearl Harbour
Ataque sorpresa efectuda pola Armada Imperial Xaponesa sen previa declaración de guerra, a base naval nortamericana. Con motivos de levantar todos os embargos que lle impuxeran Gran Bretaña e Estados Unidos. -
Desembarco de Normandía
O día 6 de xuño de 19444, día D, as forzas aliadas dirixidas por Eisenhower desmbarcaron nas praias francesas de Normandía, unha das principais operacións da guerra. -
Conferencia de Postdam
Conferencia celebrada tras a derrota alemá, nela reuníronse as tres grandes potencias para trazar as liñas da vitoria e impoñer as condicións aos países vencidos. -
Creación da ONU
É a maior organización internacional existente. Creóuse para manter a paz e a seguridade internacionais, fomentar as relacións de amizade entre as nacións e lograr a cooperación internacional para solucionar problemas globais. -
Bombardeo Atómico
Foron dous borbardeos atómicos lanzados sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki. O lanzamento das bombas atómicas foi ordenado polo presidente dos Estados Unidos, Truman, para lograr a rendición do Xapón. -
Independencia da India
Abarca diferentes movementos con obxetivos similares. Levouse a cabo gracias a Gandhi e a súa filosofía de protesta non violenta e desobediencia civil. -
OTAN
Unha alianza militar intergubernamental que está rexida polo Tratado do Atlántico Norte. É un sistema de defensa colectiva, na cal os Estados membros acordan defender a cualquera dos seus membros se son atacados por unha potencia externa. -
Guerra de Corea
Conflito bélico que ocurriu na Península de Corea entre 1950 e 1953. Onde se enfrentaron a Corea do Sur, apoiada polas forzas armadas de varios países comandados por Estados Unidos; e Corea do Norte, apoiada pola República Popular China e a Unión Soviética. -
Conferencia de Bandung
Foi unha reunión de Estados asiáticos e africanos, a maioría dos cales acababan de acceder a la independencia. Celebrouse co obxetivo de favorecer a cooperación económica e cultural afroasiática, en oposición ao colonialismo e neocolonialismo das antigas metrópolis. -
Pacto de Varsovia
Acuerdo de cooperación militar firmado polos países do Bloque do Este. Deseñado baixo o obxetivo expreso de contrarrestar a ameaza da Organización do Tratado do Atlántico Norte, e en especial o rearme da República Federal Alemá. -
Guerra Vietnam
Conflicto bélico que se produciu dende 1955 ata 1975 para impedir a reunificación de Vietnam baixo o poder dun goberno comunista. -
Muro de Berlín
Rodeaba e separaba a cidade de Berlín en días mitades, unha parte comunista e a outra capitalista. -
Crise dos misís de Cuba.
Foi un conflito entre os Estados Unidos, a Unión Soviética e Cuba , xerado a raíz do descubrimento por parte dos Estados Unidos de bases de misís nucleares de alcance medio de orixen soviéticos en territorio cubano. -
Independencia de Guinea Ecuatorial
A independencia de Guinea Ecuatorial de España proclamouse, durante o undécimo Goberno de Francisco Franco, como parte do proceso de descolonización de África, apoiado polas Nacións Unidas.