-
Independencia de Ucraína
Co desmoronamento do Imperio Ruso, Ucraína alcanzou a autonomía e converteuse na República Popular de Ucraína, ata que os bolcheviques negáronse a recoñecela e a invadiron para incluila no Estado soviético. -
Disolución da URSS
O referendo de Ucraína en decembro de 1991 supuxo o fin da URSS, e Rusia, Ucraína e Bielorrusia iniciaron a súa disolución formal; sen embargo, Ucraína non se uniu á estreita alianza que estas dúas formaron entre elas, senón que mantivo a mirada posta en Occidente -
Primeiros desencontros
En 2003, baixo a presidencia de Putin, produciuse a primeira grande crise diplomática entre Moscú e Kiev, cando Rusia comezou a construír unha presa no estreito de Kerch cara ao illote ucraniano de Tuzla -
Inicio das tensións
As primeiras manifestacións estalaron o 21 de novembro, cando o entón presidente ucraíno, Viktor Yanukóvich, anunciou que non firmaría o acordo de asociación coa Unión Europea, baixo condicións desfavorables para a poboación do seu país. -
Period: to
Euromaidan
O Euromaidan, tamén chamada Revolución da Dignidade, foron unha serie de protestas e disturbios europeístas e nacionalistas, apoiados polos sectores ultradereitistas e ata polas Igrexas ucranianas, que se estenderon por gran parte de Ucraína para derrocar a Víktor Yanukóvich, líder prorruso responsable da repentina suspensión da firma do Acordo da Asociación entre Ucraína e a UE. -
Yanukóvich destroado
O 22 de febreiro, as forzas da dereita apoiadas por agrupacións neofascistas obrigaron a saída do poder do presidente Yanukóvich. Os manifestantes tomaron, ademais, as sedes da Presidencia e do Goberno. -
Rusia anexiona a Península de Crimea
Putin fixo un referendo o 16 de marzo do 2014, no que se impuxo por maioría a adhesión da Península de Crimea a Rusia; o Parlamento da República de Crimea votou con 85 votos a favor e a península uniuse formalmente a Rusia o 18 de marzo. Non obstante, o Goberno ucraniano dixo que o voto era ilegal e que violaba a súa constitución. Isto supuxo o comezo dunha guerra non declarada entre ambos países. -
Expulsión de Rusia do G8
O G8 (Grupo dos Oito) foi un grupo formado polos países máis industrializados e con maior peso político, económico e militar do mundo. Nun principio os seus integrantes eran Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e Rusia; mais en 2014 Rusia foi expulsada pola ofensiva na declaración da independencia de Crimea respecto a Ucraína . -
Inicio Guerra do Dombás
A Guerra do Dombás é un conflito armado que dende o 6 de abril de 2014 leva enfrontando ao goberno e exército ucranianos coas forzas separatistas rusas do Dombás nunha guerra de trincheiras. -
Novo presidente en Ucraína
O 25 de maio, o destacado empresario pro-occidental Petro Poroshenko gañou as eleccións presidenciais. O entón presidente de Estados Unidos, Barack Obama, amosou interese en axudar ao novo mandatario e nomeou ao seu vicepresidente, Joe Biden, principal enviado para Ucraína. -
Avión de Malaysia Airlines derribado
En xullo, un avión de Malaysia Airlines foi derribado por un mísil de fabricación rusa sobre o espazo aéreo de Ucraína. -
Acordo de Minsk ou Minsk II
Neste acordo, Alemaña, Francia, Rusia e Ucraína intentaron poñer fin á guerra do Dombás; con medidas como o alto ao fogo incondicional, a retirada das armas pesadas da fronte de combate, a liberación dos prisioneiros de guerra e a reforma constitucional de Ucraína; sempre desde o seguimento das medidas da OSCE (Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa).
Esa é a teoría, pero na práctica estes acordos foron pisoteados e a loita continuou. -
Boa relación de Ucraína con Occidente
En marzo, Estados Unidos aprobou a venda de armas antitanque a Ucraína. En outubro, Ucraína participou nos exercicios aéreos realizados por Estados Unidos e a OTAN. -
Zelensky presidente de Ucraína
O 21 de abril de 2019, Zelensky resultou elixido presidente de Ucraína, con máis dun 70% dos votos fronte ao prorruso Petro Poroshenko; facendo a promesa de retomar a rexión do Dombás. -
Novo intento de paz
O 10 de decembro, o actual presidente de Ucraína, Volodímir Zelensky, e Putin acordaron retomar o proceso de paz en París, mediante o formato do “Cuarteto de Normandía” (xunto con Francia e Alemaña). -
Primeiras ameazas rusas
Ante o fortalecemento das forzas da OTAN no Leste de Europa, en xaneiro e abril de 2021, Rusia comezou exercicios de táctica militar no Occidente do seu territorio de forma rutineira. En outubro, Rusia comezou a acumular tropas e armamento ao longo da fronteira con Ucraína. En decembro, Rusia anunciou condicións para a retirada das súas tropas na rexión, incluídas garantías de que Ucraína non se unirá á UE e unha redución do despregue de tropas da OTAN en Europa do Leste. -
Independencia de Donetsk e Lugansk
O 21 de febreiro de 2022, Vladimir Putin firmou un decreto no Kremlin no que se recoñecían as rexións separatistas ucraínas de Donetsk e Lugansk, situadas no leste de Ucraína e fronteira con Rusia, como independentes; e ordenou ás tropas do exército ruso entrar nesas zonas co obxectivo de “manter a paz”. -
Estalido definitivo da guerra actual
O pasado 24 de febreiro Putin puxo en marcha unha ”operación militar especial en Ucraína”, primeiro adestrando soldados rusos e enviando avións e tanques cerca da fronteira con Ucraína, e despois invadindo e bombardeando definitivamente varias localidades deste país, desatando a guerra que actualmente enfronta aos nacionalistas ucranianos e aos separatistas prorrusos.