-
Voto
Finlandia foi o primeiro país europeo no que as mulleres conseguiron o dereito ao voto, con representantes electas nestas primeiras eleccións.
En España aparece na ditadura de Primo de Rivera (1923) limitado ás locais. Incorporao por fin a Constitución de 1931 e puideron exercelo nas eleccións de 1933. Foi suspendido por Franco para ambos sexos que o recuperaron para o referéndum de 1966.
https://www.youtube.com/watch?v=M5k6yN1Gha0 -
Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais
Creado polo Consello de Europa, foi ratificado por España en 1979.
Inspirado na Declaración Universal de Dereitos da ONU (1948) estableceu que a protección de dereitos e liberdades atribúesellle a unha Comisión e a un Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
Seguíronlle doce Protocolos. -
Tratado de Roma
O Tratado de Roma (1957) creou a Comunidade Económica Europea (CEE). No artigo 119- hoxe o 141 dunha versión consolidada polo Tratado de Ámsterdam- estableceu a igualdade de retribución.
Fai referencias expresas: igualdade de emprego e ocupación, non discriminación no cotiá, igualdade de retribucións e promoción de emprego e mellora de condicións das mulleres. -
Carta Social Europea
Referida a dereitos no ámbito laboral e de proteccions social, e de forma específica de certos colectivos como o das traballadoras. Establece o compromiso de asegurar un descanso, antes e despois do parto, dun mínimo de 12 semanas, un periodo de lactación e o despido durante o embarazo como ilegal.
España ratificouna en 1980. -
Directiva 75/117/CEE
Prohibe calquera discriminación por motivos de sexo en materia de remuneración, abre a vía xurisdicional ás persoas prexudicadas por non respectarse o principio de igualdade de retribución e protexe de posibles reaccións a quen reclamen. Así mesmo, invita aos Estados a erradicar calquera discriminación das disposicións legais, regulamentarias ou administrativas, e a informar ao seu persoal das medidas adoptadas en aplicación da Directiva. -
Comité Director para a Igualdade entre as mulleres e os homes
Formado por persoas expertas coa tarefa de promover a posta en marcha de acciós dentro do Consello e a nivel de cada Estado, para lograr a igualdade efectiva.
Elabora análises, informes, estudos, estratexias, medidas políticas e instrumentos xurídicos. -
Comité consultivo para propoñer accións para a igualdade
-
Comité de Dereitos da Muller
-
Conferencias Ministeriais sobre Igualdade entre Mulleres e Homes
Teñen por obxecto reforzar o diálogo intergubernamental sobre materias concretas, así como a busca de solucións comúns.
Tiveron lugar oito: Estrasburgo (1986), Viena (1989), Roma (1993), Istambul (1997), Skopje (2003), Bakú (2010) e Tallin (2016). -
Lobby Europeo de Mulleres
ONG de coordinación das asociacións de mulleres (máis de 2500) na UE. Traballa por promover os dereitos das mulleres e a igualdade.
Ten estatus consultivo no Consello de Europa e no Consello Económico e Social da ONU e participa nas actividades da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller da ONU.
http://www.womenlobby.org/ -
Tratado de Maastrich
Non ten efectos destacados sobre o principio de igualdade -
Resolución do Consello de 2 de decembro de 1996
Integra o principio de igualdade de oportunidades nos Fondos Estruturais Europeos. Subliña a necesidade de combater a desigualdade no emprego, a formación o acceso ao mercado laboral e a participación nos procesos de toma de decisións. -
Tratado de Ámsterdam
Modifica o Tratado Constitutivo da Unión Europea, os tratados constitutivos das comunidades europeas e actos conexos –ratificado en España en 1998-, converteuse na nova normativa legal da Unión Europea. Establece como misión «eliminar as desigualdades entre mulleres e homes» e «promover a súa igualdade, introducindo este principio en todas as políticas e programas» -
Informe Igualdade entre Homes e Mulleres
Desde 2001, anualmente, a Comisión Europea informa ao Consello Europeo de Primavera dos logros conseguidos en materia de igualdade nos Estados membros e presenta futuros retos, prioridades e orientacións estratéxicas. -
Convenio do Consello de Europa sobre a Loita Contra a Trata de Seres Humanos
Busca:
• Prever e combater a trata, garantindo a igualdade de xénero.
• Protexer os dereitos humanos das vítimas, deseñar un marco global de protección e de asistencia a vítimas e testemuñas garantindo a igualdade de xénero, e asegurar investigacións e actuacións penais.
• Promover a cooperación internacional.
España ratificouno en 2009.
http://www.boe.es/boe/dias/2009/09/10/pdfs/BOE-A-2009-14405.pdf
http://igualdade.xunta.gal/gl/content/trata-e-prostitucion -
European Institute for Gender Equality-EIGE
O European Institute for Gender Equality-EIGE, proporciona ás institucións europeas e estados membros datos obxectivos e comparables en materia de igualdade. Os datos e informes poden consultarse na súa web.
http://eige.europa.eu/
En 2013 presentouse por primeira vez o Índice de Igualdade de Xénero; unha primeira medida sintética da igualdade de xénero e un mapa das fendas de xénero na UE e nos Estados que a compoñen. -
Tratado de Lisboa
Establece que a Comisión debe promover a igualdade e ser un axente contra a discriminación. Incorpora a igualdade na Carta de Dereitos Fundamentais e convértea nun principio vinculante para todos os Estados membro. -
Convenio de Istambul
O Convenio do CE sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica ten por obxectivo protexer ás mulleres contra todas as formas de violencia e insta ás partes a adoptar medidas -lexislativas ou do tipo necesario- para promover e protexer o dereito a vivir a salvo da violencia no ámbito público e privado, en particular das mulleres.
Entrou en vigor en 2014, cando por fin o ratificaron dez membros.
http://www.boe.es/boe/dias/2014/06/06/pdfs/BOE-A-2014-5947.pdf -
Estratexia de Igualdade de Xénero 2014-2017
A súa meta é lograr o progreso e o empoderamento das mulleres e, por tanto, a realización efectiva da igualdade nos membros do Consello de Europa a través do apoio á implementación das normas existentes.
Estableceu cinco obxectivos estratéxicos que teñen en conta os dereitos específicos e as necesidades de mulleres e homes ao longo do ciclo de vida, formulados para dar resposta ás situacións de múltiple discriminación.