-
711
1. GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA (711-1037)
- Os musulmáns chegan á Península, mais en Galicia só inflúe na desapareción da estrutura política da monarquía visigoda e na integración no reino asturiano.
- A sociedade estaba moi xerarquizada (servos, aristocracia, nobles...) e era maioritariamente campesiña.
- A economía caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.
- Descúbrese o sepulcro do Apóstol Santiago, referente para os cristiáns.
-
1037
2. A PLENA IDADE MEDIA (1037-1284)
- No século XII (Era Compostelá) Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia. – Transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas no rural, xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades. – Crecemento demográfico => intensificación da produción agrícola, expansión da actividade comercial e artesanal.
- Nobreza eclesiástica => propietaria terras.
-
1284
3. A BAIXA IDADE MEDIA (1284-1474)
- Galicia, igual que os demais reinos, entra nesta época con conflitos xerneralizados.
- Profunda crise demográfica e lenta recuperación, acompañada dunha contracción da produción agrícola. Polacontra, o s. XV vivirá o auxe do comercio marítimo.
- O campesiñado foi quen máis sufriu as consecuencias das fames e da peste ao longo do s. XIV.
- Ademais é o que máis nota a violencia dende os castelos e fortalezas => Revolta Irmandiña (conflictividade social).
-
1474
4. GALICIA E OS REIS CATÓLICOS (1474 - 1516).
- O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón en Castela vai supor a integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construir, desaparecendo así a clase dirixente galega.
- “Santa Hermandad” => consolidar e reforzar o poder nos distintos reinos.
- Trala execución de Pardo de Cela no 1483 pódese dicir que a paz e a orde quedaron restauradas en Galicia.
- Proceso de transformación da aristocracia galega, de guerreira convértese en cortesá.