Download

GALICIA NA TRANSICIÓN Á DEMOCRACIA

  • ESTADO SOCIO-ECONÓMICO

    ESTADO SOCIO-ECONÓMICO
    Galicia mantiña a fins da ditadura franquista un considerable atraso económico e social a respecto do conxunto do Estado. A inicios da Transición continuaba
    a ser un país maioritariamente rural, acollendo as cidades e vilas só o 30% da poboación.
    O crecemento económico veu acompañado dun desenvolvemento urbano, cunha sociedade que comeza a mudar a medida que as cidades crecen, asumindo novos valores e costumes que non se pudo impedir.
  • ESTATUTO DE AUTONOMÍA

    ESTATUTO DE AUTONOMÍA
    En Galicia non se acadou o Estatuto de Autonomía coma no País Vasco e Cataluña. Ademais, existiron diferentes posturas no tocante ao tema. A dereita de Alianza Popular quería o mantemento do sistema introdución unha leve descentralización administrativa; o groso do centro e da esquerda estaba disposto a aceptar a recuperación do Estatuto de 1936 ou algo semellante; e o nacionalismo de esquerda apostaba polo dereito de autodeterminación.
  • APROBACIÓN E.A.

    APROBACIÓN E.A.
    Despois de moitos desencontros, entre os que destaca a Manifestación de 1979, aprobarase un Estatuto de Autonomía en 1981 para Galicia, que ten competencias equiparables as de Cataluña.
  • POLÍTICA DA GALICIA AUTONÓMICA

    POLÍTICA DA GALICIA AUTONÓMICA
    X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros da Autonomía. Creáronse as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado e aprobáronse unha serie de Leis.
    O goberno acabou nunha moción de censura coa que F. González Laxe, do PsdeG-PSOE, pasou a ser presidente dun goberno que sería coñecido como Tripartito. Este goberno non tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do novo proceso electoral.
  • CAMBIO RADICAL PANORAMA POLÍTICO

    CAMBIO RADICAL PANORAMA POLÍTICO
    A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcaron un cambio radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes até ese
    momento. Por outra banda, a decisión unilateral do PP de elevar até o 5% a porcentaxe mínima de votos para obter representación parlamentaria.
  • PARTIDOS POLÍTICOS

    PARTIDOS POLÍTICOS
    O BNG adquiriu un discurso máis moderado, acollendo no seu seo
    a todas as correntes do nacionalismo agás o independentismo, motivando que non se puidese consolidar en Galicia unha forza política nacionalista de centro.
    Ao principio da autonomía existía gran pluralidade parlamentaria, mais o Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no s. XXI: PpdeG, PsdeG-PSOE e BNG.