-
Period: to
Fin do Antigo Réxime
Coa entrada da sociedade burguesa e do liberalismo, comeza a decadencia do Antigo Réxime. -
Period: to
Lixeiro crecemento demográfico
Na segunda metade do século XVIII prodúcese un estancamento da poboación resultado dos desequilibrios existentes entre a poboación e os recursos, que non son suficientes para manter a unha poboación en aumento. Entre 1787 e 1804, houbo unha fase de lixeiro crecemento demográfico. -
Period: to
Gran fortaleza da economía tradicional
Nos dous primeiros terzos do s. XIX a economía tradicional amosa unha gran fortaleza, máis non vai permanecer inmutable.
Foméntase a aparición dunha agricultura orientada ao mercado, a cal é o medio de vida da maior parte da poboación. O sistema foral polo que estaba condicionada impediu a introducción da agricultura capitalista en Galicia. -
Period: to
Mantemento de estratos sociais
A perviviencia do foro impediu que a sociedade burguesa entrase con forza na estrutura social galega.
Sigue presente a fidalguía, que se adapta á nova sociedade, mentres que a Igrexa é a gran damnificada ao perder poder político e exencións fiscais.
A burguesía foi un grupo social feble e no que tiveron un grande protagonismo sectores foráneos, especialmente os cataláns. -
Period: to
Emigración galega
A emigración galega está presente en todo o século XIX, sendo de difícil cuantificación e superior á española.
Dentro da península destacan os movementos de carácter temporeiro a Castela e Andalucía relacionados coa sega e a vendimia, aparecendo con forza na segunda metade do século a emigración ultramariña. -
Period: to
Caída do crecemento demográfico
Fronte ao lixeiro crecemento demográfico ate o 1804, dáse unha caída de máis dun 9% da poboación, asistindo a un periodo de grandes fluctuacións demográficas. -
Primeira constitución en España
-
Period: to
Trienio Liberal
Durante esta etapa recuperouse a constitución de 1812 e toda a lexislación liberal da época.
Produciuse unha división en 4 provincias sen tradición algunha en Galicia, como a división actual. -
Period: to
Novo crecemento demográfico
A poboación de Galicia e do Estado español experimentan un notable crecemento en contraposición coa etapa anterior. -
Period: to
Afianzamento do Estado Liberal
O Estado Liberal remata por afianzarse neste periodo na que se produce a primeira Guerra Carlista que enfrentaba aos defensores do absolutismo e aos que apostaban pola configuración dun estado liberal. O Carlismo fracasa en Galicia por falta de apoio popular. -
Period: to
Moderantismo no poder
Co mantemento do moderantismo no poder, nesta década impúlsase a inacabada construcción dun Estado liberal segundo os principios do liberalismo doutrinario. Dótase ao Estado liberal dunha estabilidade, mais o seu funcionamento derivou nunha oligraquización e na posta en práctica de actuacións políticas afastadas dos mecanismos legais e institucionais. -
Levantamento provincialista
O provincialismo tivo como obxectivos a toma de conciencia da galeguidade, a denuncia do atraso e a prostración do noso país e, por último, apelar á unidade dos galegos para unha acción política a través do movemento provincialista. O levantamento de 1846 foi resultado da alianza conxuntural de distintas posicións políticas: o reformismo moderado, un sector do progresismo que buscaba unha transformación do réxime e o provincialismo. -
Period: to
Unión Liberal
Neste período prodúcese en Galicia a renovación da representación política. Os deputados vanse dividir en tres grupos: os novos, os reselados e os enfeudados. -
Period: to
Sexenio Revolucionario
É o resultado dun desexo de cambio do modelo de Estado liberal en España. En Galicia tiveron un especial protagonismo os progresistas e os republicanos. Estes últimos chegaron a sublevarse para constituir unha República Federal.