Independencia

FASES DA DESCOLONIZACIÓN

  • Autogoberno de Canadá

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Period: to

    Ata a Primeira Guerra Mundial

  • Anexión de Cuba polos Estados Unidos

    Desaparición do imperio colonial Español
  • Autogoberno de Australia

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Autogoberno de Nova Celandia

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Autogoberno de Sudáfrica

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Period: to

    Período de entreguerras

  • Conflito árabe-israelí, Declaración Balfour

    O goberno británico emite a Declaración Balfour, na que "contempla con beneplácito o establecemento en Palestina dun fogar nacional para o pobo xudeu e fará uso dos seus mellores esforzos para facilitar a realización deste obxectivo, non se fará nada que poida prexudicar os dereitos civís e relixiosos das comunidades non judíasa, ou os dereitos e o status político dos xudeus en calquera outro país"
  • Period: to

    Conflito árabe-israelí en Oriente Medio

  • Period: to

    De 1945 a 1959

    Produciuse a independencia da case totalidade dos territorios coloniais de Asia oriental e meridional, así como do mundo islámico do Oriente Próximo e do norte de África. En moitos casos marcados pola violencia e a guerra.
  • Independencia de Alxeria

    Independencia de Alxeria
    No 1947 fundouse a Fronte de Liberación Nacional dirixida pot Ahmed Ben Bella, quen propuxo a insurrección armada para conseguir a independecia. As sublevacións populares foron reprimidas, dando lugar a guerrillas. O Estado de violencia levou o Goberno francés a iniciar negociacións cos nacionalistas alxerianos en 1958. Houbo un golpe de Estado que fixo que caera a IV República. O custo económico e en vidas humanas determinou a independencia da República Democrática Popular de Alxeria en 1962.
  • Independencia da India

    A protesta contra o dominio británico na India xorde xa a finais do século XIX (revolución dos Cipaios, 1885). Entre os seus líderes destacaron Mohandas Gandhi, quen para conseguir a independencia do dominio británico propuxo fórmulas novas: a non cooperación basada na non violencia e a resistencia pasiv, combinadas con manifestacións masivas. Estas protestas foron moi intensas nos ano 20 e 30.
  • Partición da India

    Partición da India
    As diferenzas étnicas e relixiosas deron lugar a numerosos enfrontamentos e á partición do territorio e dous novos Estados: a Unión India (maioría hindú), e Paquistán (maioría musulmá), dividido en Paquistán occidental e Paquistán oriental. Desde a independencia a tensión entre estas dúas comunidades relixiosas mantívose constante e deu lugar a varias guerra, así como a numerosos desprazamentos de poboación
  • Conflito árabe-israelí, Estado de Israel

    O 14 de maio, David Ben-Gurión declara o establecemento do Estado de Israel. Un día despois comeza a guerra árabe-israelí de 1948. A Nakba continúa ata algo despois do fin da guerra e deixa máis de 700 000 civís palestinos no exilio.
  • Conflito árabe-israelí, nacionalización Canle de Suez

    Tras a nacionalización da Canle de Suez por parte de Exipto, o exército israelí invade a península do Sinaí en coordinación cos exércitos de Francia e Reino Unido. Grazas ás presións exercidas polos Estados Unidos e a Unión Soviética, o conflito termina co statu quo ante bellum salvo pola apertura ao tráfico marítimo israelí dos Estreitos de Tirán. A República de Sudán independízase do Reino Unido.
  • Period: to

    De 1960 a 1975

    Son os anos da independencia das colonias da África Subsahariana. Os vellos imperios de Gran Bretaña, Francia, Bélxica e Portugal desapareceron.
  • Conflito árabe-israelí, Guerra dos seis días

    O exército israelí bombardea as bases aéreas exipcias dando comezo á guerra. Siria, Xordania e Iraq, aliadas de Exipto, súmanse á contenda. Israel obtén a vitoria e ocupa militarmente a península do Sinaí e a Franxa de Gaza de Exipto, Cisxordania e Xerusalén Este de Xordania, e os Altos do Golán de Siria.
  • Period: to

    De 1976 en adiante

    Fase final do proceso descolonizador. As poucas colonias que aínda permanecían gobernadas polos occidentais foron alcanzando a independencia.