-
Inicio da Lei Seca
A Lei Seca foi unha controvertida medida que aplicou os EE.UU no 1919, consistente na ilegalización da fabricación, transporte, importación, exportación e a venda de alcol. A lei seca, ao prohibir o alcol e non dar resposta á demanda existente, favoreceu a xeración de mercados negros e diñeiro negro, que conseguen o licor noutros lugares onde se produce, introdúceno ilegalmente e véndeno para satisfacer tal necesidade a un prezo máis elevado. Nesta época destacou Al-Capone. -
Os Felices Anos Vinte
Os felices anos 20 corresponden ao período de prosperidade económica que experimentou Occidente, especialmente: Alemaña, Australia, Canadá, Francia, Estados Unidos e Reino Unido, nos anos 1920 como parte do período expansivo dun ciclo económico. Esta prosperidade beneficiou a toda a sociedade e fixo que a economía seguise crecendo a un ritmo que non se rexistrou antes, xerando unha burbulla especulativa. -
Inicio da hiperinflación alemá
O termo hiperinflación fai referencia á desorde monetaria provocada pola subida rápida e incontrolada dos prezos. A moeda do país que a padece perde o seu valor.Alemaña foi presa deste fenómeno. A principal causa imputable a tal feito foi a necesidade que tiña a República de Weimar de facer fronte ás indemnizacións fixadas polos vencedores da Gran Guerra (Tratado de Versalles) -
Conferencia de Xénova
A Conferencia de Xénova foi a Segunda Conferencia Monetaria Internacional convocada pola Sociedade de Nacións que tivo lugar na cidade italiana de Xénova. Reuníronse alí 34 países en procura de acordos para a reconstrución do comercio e o sistema financeiro internacional, tras a Primeira Guerra Mundial. A proposta que se derivou da conferencia foi a instauración do denominado patrón cambio ouro. -
Plan Dawes
Denomínase Plan Dawes ao programa que se negociou baixo o auspicio dos Estados Unidos para conseguir que os aliados vencedores da Primeira Guerra Mundial (sobre todo Reino Unido, Francia, e EE. UU.) conseguisen as súas reparacións de guerra.
A fórmula buscaba que Alemaña quedase en disposición de poder facer fronte aos seus acredores e que estes saldasen tamén as súas obrigacións, establecéndose unha especie de circuíto dinerario no que USA quedaría como destinatario final. -
Acordos de Locarno
Os acordos de Locarno foron oito pactos destinados a reforzar a paz en Europa despois da I Guerra Mundial asinados polos representantes de Bélxica, Checoslovaquia, Francia, Alemaña, Reino Unido, Reino de Italia e Polonia en Londres, Inglaterra. -
Pacto Briand-Kellogg
O pacto Kellogg- Briand, tamén coñecido como pacto de París, é un tratado internacional que foi asinado o 27 de agosto de 1928 en París por iniciativa do ministro de Asuntos Exteriores de Francia, Aristide Briand, e do Secretario de Estado dos Estados Unidos, Frank B. Kellogg mediante o cal os quince estados signatarios comprometíanse a non usar a guerra como mecanismo para a solución das controversias internacionais. -
Plan Young
O Plan Young foi un programa establecido entre 1929 e 1930, para resolver o problema das reparacións de guerra impostas a Alemaña ao finalizar a Primeira Guerra Mundial. O Plan Young substituíu ao Plan Dawes de 1924, que fixaba montos elevados de pago anual en calidade de reparacións de guerra. En canto fíxose evidente que Alemaña nunca podería cumprir tales compromisos por un prazo indefinido, os países vencedores da Gran Guerra decidiron buscar outras alternativas. -
Crac do 29
O crac do 29 foi unha crise financeira que tivo lugar en outubro de 1929 e foi a caída máis devastadora da bolsa en Estados Unidos debido a grande especulación e a superprodución nos EE.UU que fixo que a demanda fose máis grande ca oferta.
Tendo terribles consecuencias sociais non só sobre os norteamericanos, se non sobre todo o mundo. Tal foi a súa repercusión, que provocou un duro período de crise económica coñecido como a Gran Depresión. -
A Gran Depresión
A Gran Depresión, tamén coñecida como crise de 1929, foi unha gran crise financeira mundial que se prolongou durante a década de 1930, nos anos previos á Segunda Guerra Mundial. Orixinouse en Estados Unidos, a partir da caída da bolsa de valores de Nova York o martes 29 de outubro de 1929 (coñecido como crack do 29 ou Martes Negro, aínda que cinco días antes, o 24 de outubro, xa se produciu o Xoves Negro), e rapidamente estendeuse a case todos os países do mundo como Francia, Alemaña... -
Formulación da teoría do keyneysianismo
O keynesianismo é a teoría que afirma que o Estado debe intervir na economía para manter o equilibrio e reverter os ciclos de crises. Defende que o mercado non se regula de forma natural, polo que os Gobernos deben minimizar as fluctuaciones económicas. O seu ideólogo foi o economista británico John Maynard Keynes que tiña como obxectivo frear a Gran Depresión coas súas teses de carácter estatista e keyneysianista. -
O New Deal
No 1933 Franklin D. Roosevelt chegaba ó poder dos EE.UU en plena Gran Depresión para pór en marcha o New Deal.
O New Deal foi a política intervencionista posta en marcha para loitar contra os efectos da Gran Depresión en Estados Unidos. Este programa desenvolveuse entre 1933 e 1938 co obxectivo de soster ás capas máis pobres da poboación, reformar os mercados financeiros e redinamizar unha economía estadounidense ferida desde o crac de 1929 polo desemprego e as quebras en cadea.