Estudiar historia geografia 1

Eixe dixital sobre a historia dos séculos XVIII e XIX.

  • 1º Revolución da burguesía inglesa contra o Rei da dinastía Estuardo.

    1º Revolución da burguesía inglesa contra o Rei da dinastía Estuardo.
    Esta revolución tivo lugar debido a que, na Inglaterra do Antigo Réxime, os reis da dinastía Estuardo intentaron establecer o absolutismo nos seus territorios. Ante a oposición da burguesía adiñeirada (que dominaba o parlamento), leváronse a cabo dúas revolucións: a de 1642 e a de 1688.
  • Period: to

    Parlamentarismo inglés

    O Parlamentarismo inglés era a forma de goberno que se estableceu no país británico, despois da expulsión da dinastía Estuardo do trono. Era bicameral e o rei estaba baixo o dominio da lei.
  • 2º Revolución da burguesía inglesa contra o Rei da dinastía Estuardo.

    2º Revolución da burguesía inglesa contra o Rei da dinastía Estuardo.
    Esta foi a segunda das revolucións levadas a cabo en Inglaterra en contra do absolutismo. Finalmente, impúxose o Parlamentarismo Inglés e triunfou a monarquía parlamentaria, polo que os Estuardo foron expulsados da coroa.
  • Declaración de Dereitos da monarquía parlamentaria inglesa..

    Declaración de Dereitos da monarquía parlamentaria inglesa..
    A monarquía parlamentaria instaurada en Inglaterra tiña como lei principal a superanía da lei sobre o rei. Ademais, elaborouse a Declaración de Dereitos, na cal se establecían unha serie de dereitos cara a poboación e a separación de poderes.
  • Morte de Carlos II

    Morte de Carlos II
    Carlos II era o rei de España nun período do Antigo Réxime. No 1700 morreu sen descendencia, polo que lle deixou a herdanza a Filipe V de Borbón, neto do rei de Francia.
  • Period: to

    Guerra de Sucesión

    Moitos países de Europa non estaban de acordo con que Filipe V fose rei de España, xa que así se reforzarían as alianzas entre España e Francia. Por iso, propuxeron outro candidato:O arquiduque Carlos de Habsburgo. Ante tal desacordo, deu comezo a Guerra de Sucesión.
  • Tratado de Utrecht

    Tratado de Utrecht
    Este tratado puxo fin á Guerra de Sucesión. Nel:
    - Filipe V foi recoñecido rei de España.
    - España entregoulle a Austria as súas posesións en Italia e Flandres.
    - España cedeulle a Gran Bretaña Menorca e Xibraltar e deulle vantaxes no comercio con América.
  • Period: to

    Reinado de Carlos III en España

    Carlos III foi un monarca que reinou en España e que impuxo o despotismo ilustrado no país: Adaptou os ideais da Ilustración ao absolutismo. Para iso, desenvolveu medidas económicas, educativas e relixiosas.
  • Industrialización Inglesa

    Industrialización Inglesa
    O primeiro país en industrializarse foi o Reino Unido. Alí, o proceso iniciouse no 1760 e pouco a pouco foise expandindo por toda Europa.
  • Period: to

    Revolución industrial

    A Revolución industrial foi unha revolución caracterizada polo uso de novas tecnoloxías (maquinas de vapor, telar mecánico...) que se levou a cabo entre o 1760 e o 1850 en toda Europa. A iniciativa partiu de Reino Unido, e logo foi expandíndose polo resto do continente e mesmo, polo resto do mundo. Grazas a ela, leváronse a cabo transformacións económicas, tecnolóxicas e sociais. https://www.youtube.com/watch?v=3LQAnFEADl4
  • Convocatoria da Asamblea de Notables

    Convocatoria da Asamblea de Notables
    Luís XVI, Rei de Francia, convocou unha asamblea de notables no 1787, pero os privilexiados negáronse e esixiron a convocatoria dos Estados Xerais.
  • Convocatoria dos Estados Xerais

    Convocatoria dos Estados Xerais
    Os Estados Xerais reuníronse en Versalles, onde trataron as reivindicacións que cada estamento (nobreza, clero e pobo común) redactaran no seu caderno de queixas.
  • Asamblea Nacional

    Asamblea Nacional
    Esta asamblea estaba constituída por membros do pobo común e formalizouse na Sala do Xogo da Pelota do Palacio de Versalles. Alí, xuraron estar xuntos e non marchar de Versalles ata conseguir unha constitución para Francia, polo que pasaron a chamarse Asamblea Constituínte.
  • Asalto á Bastilla

    Asalto á Bastilla
    O 14 de xullo de 1789, os parisinos acudiron ao cuartel dos inválidos para coller armas. Logo, asaltaron a a fortaleza da Bastilla para coller municións. Sen embargo, acabaron queimando a prisión ante a negativa do gobernador de dárllelas.
  • Period: to

    Revolución Francesa

    A Revolución Francesa tivo lugar en Francia a finais do século XVIII. Este feito marca o final da Idade Moderna e o inicio da Idade Contemporánea. Foi causada polo descontento social que había na sociedade, pola influencia das ideas ilustradas e pola crise económica que se estaba a vivir naquela época. Finalizou co golpe de estado que deu Napoleón Bonaparte o 18 de brumario de 1799. https://www.youtube.com/watch?v=2U9WE3me1hM
  • Abolición dos dereitos feudais

    Abolición dos dereitos feudais
    Despois dun longo verán do medo, a Asamblea Constituínte aboliu os deritos feudais e presentou a Declaración de Dereitos do home e do Cidadán. Isto deu lugar ao triunfo do Revolución Liberal e ao fin do Absolutismo.
  • Period: to

    Movemento obreiro

    O movemento obreiro foi un movemento que se levou a cabo en toda Europa no século XIX, onde os membros do proletariado demandaban melloras das condicións laborais e de vida. https://www.youtube.com/watch?v=gwYZpUi3EkQ
  • 1º Constitución Francesa

    1º Constitución Francesa
    A primeira Constitución Francesa foi promulgada pola Asamblea Constituínte e recollía os principios de soberanía nacional, dereitos fundamentais, monarquía parlamentaria, sufraxio censatario e división de poderes.
  • Constitución da Asamblea Lexislativa

    Constitución da Asamblea Lexislativa
    A Asamblea Lexislativa foi conformada mediante unhas eleccións con sufraxio universal masculino. Porén, tiña en contra ao Rei e aos privilexiados.
  • Guerra entre Francia, Prusia e Rusia

    Guerra entre Francia, Prusia e Rusia
    Prusia e Rusia declaráronlle a guerra a Francia ao sentirse en perigo polas ideas revolucionarias. Durante esta guerra créase a o himno A Marsellesa.
  • Destitución de Luís XVI

    Destitución de Luís XVI
    O rei Luís XVI foi destituído pola Asamblea Lexislativa, despois de que o pobo de París asaltara o Palacio das Tullerías.
  • Period: to

    Convención Xirondina

    Despois da destitución de Luís XVI creouse a Convención Nacional, onde os Xirondinos, que eran republicanos moderados, accederon ao poder.
  • Period: to

    Convención Montañesa

    Os Montañeses accederon ao poder despois de derrotar aos Xirondinos. Estaban dirixidos por Maximilien Robespierre e estableceron unha Constitución Democrática, unha ditadura e reduciron os prezos máximos dos produtos básicos (aínda que limitaron os salarios). Ademais, implantaron o Réxime do Terror, levaron a cabo o Comité de Salvación Pública e instauraron un novo calendario.
  • Execución de Luís XVI

    Execución de Luís XVI
    Luís XVI foi condenado e levado á guillotina pola Convención Nacional, causando a declaración de guerra da potencias europeas que formaron a Primeira Coalición contra Francia.
  • Constitución Democrática

    Constitución Democrática
    O novo Goberno Montañés ou Xacobino, promulgou unha constitución en xuño de 1793 (Ano I), que recollía o sufraxio universal masculino e a soberanía popular.
  • Period: to

    Directorio e fin da Revolución

    Durante este período, instaurouse un goberno moderado que promulgou a Constitución de 1795. Este tivo que enfrontarse a Babeuf e os seus seguidores na Conxura dos Iguais e a unha revolta provocada polos realistas que querían restaurar aos Borbóns. Esta revolta foi freada por Napoleón Bonarparte que, posteriormente, adquiriría unha gran importancia.
  • Napóleon, Primeiro Cónsul.

    Napóleon, Primeiro Cónsul.
    No 1799, Napoleón Bonaparte foi nomeado Primerio Cónsul.
  • Period: to

    Consulado

    Napoleón instaurou un consulado cun réxime personalista. El acaparou todo o poder e promulgou a Constitución de 1800 (Ano VIII), na que non había división de poderes.
  • Golpe de Estado

    Golpe de Estado
    O 18 de brumario, Napoleón deu un golde de Estado e estableceu un Consulado. Con este feito, púxose fin á Revolución Francesa.
  • O Ludismo

    O Ludismo
    O Ludismo foi un movemento que se levou a cabo a partir do 1800 en Gran Bretaña. Este causou a destrución das máquinas e a queima das fábricas por parte dos traballadores.
  • Napoleón, Cónsul Vitalicio

    Napoleón, Cónsul Vitalicio
    No 1802, Napoleón Bonaparte foi proclamado Cónsul Vitalicio.
  • Napoleón, Emperador

    Napoleón, Emperador
    No 1804, Napoleón foi proclamado emperador. Levou a cabo continuas guerras con outros países e desenvolveu unha política expansionista. Logou controlar case todo o poder en Europa e instaurou o bloqueo continental.
  • Period: to

    Guerra da Independencia española

    Napoleón intentou invadir Portugal. Para iso precisaba atravesar España, polo que firmou o tratado de Fontainebleau co Rei Carlos IV. Realmente, o que quería Napoleón era invadir España, e así o fixo. Obrigou a abdicar ao rei e ao seu herdeiro e causou miles de mortes. Finalmente, en 1814 foi derrotado e expulsado de España.
  • Derrota de Napoleón na batalla de Leipzig

    Derrota de Napoleón na batalla de Leipzig
    Napoleón foi derrotado na batalla de Leipzig por unha coalición, rematando así, o seu período de goberno.
  • Abdicación de Napoleón Bonaparte

    Abdicación de Napoleón Bonaparte
    Napoleón abdicou o 6 de abril de 1814 e exiliouse na illa de Elba. Despois, volveu ao goberno durante cen días, mais foi derrotado en Waterloo e deportado á illa de Santa Helena.
  • Industrialización de Francia

    Industrialización de Francia
    Na realidade, o proceso de industrialización francés comezou a finais do século XVIII, pero viuse paralizado pola Revolución Francesa de 1789. Por iso, o período de máis auxe da industrialización levouse a cabo entre o 1815 e o 1860.
  • Industrialización de Alemaña

    Industrialización de Alemaña
    O proceso de industrialización en Alemaña, iniciouse no 1815 e rematou no 1835 (aprox.).
  • Revolucións burguesas de 1820

    Revolucións burguesas de 1820
    Nestas Revolucións, os burgueses levantáronse principalmente contra os pensamentos absolutistas. Leváronse a cabo nos países do Mediterráneo e en Rusia, onde os reis absolutistas tiveron que aceptar constitucións.
  • Independencia das Colonias Americanas

    Independencia das Colonias Americanas
    No 1825, as colonias que España tiña baixo o seu poder, independizáronse desta, despois dunha serie de guerras e levantamentos contra as tropas españolas.
  • Independencia de Grecia

    Independencia de Grecia
    No 1829, Grecia independizouse do Imperio Otomán
  • Revolucións burguesas de 1830

    Revolucións burguesas de 1830
    Esta onda revolucionaria empezou en Francia e logo estendeuse por, practicamente, toda Europa. Os liberais alcanzaron o poder en moitos territorios e algúns países, como Bélxica, conseguiron independizarse do Estado ao que pertencían.
  • Industrialización de España

    Industrialización de España
    A industrialización española levouse a cabo a partir do 1830. Ésta foi moi pouco relevante, debido a que a burguesía da época non se interesaba moito pola industria, xa que prefería invertir en terras desamortizadas ou realizar outras actividades para imitar á nobreza.
  • O Cartismo

    O Cartismo
    O cartismo foi un movemento que se levou a cabo en Reino Unido, onde os membros do proletariado protestaron polo mal que ía a economía, a industria e a política naquela época. Rematou no 1848.
  • Independencia de Bélxica

    Independencia de Bélxica
    No 1839, Bélxica conseguiu separarse dos Países Baixos, a quen se anexionara en contra da súa vontade despois do Congreso de Viena. Con esta separación, en Bélxica instaurouse unha monarquía liberal.
  • Revolucións burguesas de 1848

    Revolucións burguesas de 1848
    Estas revolucións comezaron en Francia e despois, extendéronse polo resto de Europa, onde as revoltas foron máis radicais e máis multitudinarias. A forte agresividade dos revolucionarios fixo que os burgueses instalasen un liberalismo conservador. Ademais, ésta estivo enmarcada dentro do movemento obreiro que se desenvolvía na época.
  • Comezo da Unificación italiana

    Comezo da Unificación italiana
    A unificación de Italia comezou no norte, concretamente no reino de Piamonte-Sardeña, no 1859.
  • Period: to

    Unificación de Italia

    Tivo lugar en Italia, onde os sete estados que compoñían a Península Itálica, se uniron formando un único Estado. A unificación iniciouse no reino de Piemonte-Sardeña e tivo como protagonistas ao ministro Cavour, ao rei Víctor Manuel II e a Garibaldi.
  • Proclamación do Reino de Italia

    Proclamación do Reino de Italia
    Despois da incorporación de Lombardía, do Reino das Dúas Sicilias e dos ducados de Parma, Módena e a Toscana ao reino de Piamonte- Sardeña, proclamouse o Reino de Italia no ano 1861.
  • Comezo da Unificación alemana

    Comezo da Unificación alemana
    No 1864 iniciouse a Unificación alemana. O principal interesado era o Reino de Prusia, o cal quería crear un Estado sen incluír a Austria, o seu principal inimigo.
  • Asociación Internacional de Traballadores. (AIT)

    Asociación Internacional de Traballadores. (AIT)
    A AIT foi unha asociación creada no Reino Unido que buscaba loitar en contra dos problemas que tiña o proletariado e intentar arreglar a súa organización política.
  • Period: to

    Unificación de Alemaña

    A Unificación de Alemaña comezou no 1864 e finalizou no 1871. A súa finalidade era conseguir a unificación dos 39 Estados que conformaban a Confederación Xermánica, dando lugar a un único Estado. O principal protagonista foi o Reino de Prusia.
  • Anexión de Venecia

    Anexión de Venecia
    No 1866, Venecia anexionouse ao Reino de Italia.
  • Unificación dos Estados alemáns do Norte

    Unificación dos Estados alemáns do Norte
    No 1866, Prusia enfrontouse a Austria na Batalla de Sadowa e ganoulle, unificando os Estados do Norte e formando a Confederación Xermánica do Norte.
  • Conquista dos Estados Pontificios e fin da Unificación

    Conquista dos Estados Pontificios e fin da Unificación
    No 1870, conquistáronse os Estados Ponificios, un dos últimos estados necesarios para a Unificación italiana. Con esta conquista, púxose fin á Unificación de Italia.
  • Unificación dos Estados alemáns do Sur

    Unificación dos Estados alemáns do Sur
    No 1870, Prusia enfrontouse a Francia en Sedán, a quen lle ganou. Así, incorporou Alsacia e Lorena e unificou os Estados alemáns do Sur.
  • Inicio do II Reich

    Inicio do II Reich
    No 1871, proclamouse o Imperio Alemán ou II Reich.
  • Segunda Asociación Internacional de Traballadores

    Segunda Asociación Internacional de Traballadores
    A Segunda Asociación Internacional de Traballadores creouse no 1889. Éstes, apoiábanse no Marxismo e buscaban unhas leis que melloraran a vida do proletariado. Ademais, instauraron o 1º de maio como o Día do Traballador.