-
SÉCULOS DAS LUCES: A ILUSTRACIÓN.
Durante o século XVIII xorde un movemento intelectual que non pon en dúbida e critica o que se viña en chamar Antigo Rexime. Os ilustrados pensaban que podían iluminar o mundo coas luces da razón. -
A CONTRUCCIÓN DO MUNDO CONTEMPORÁNEO.
Durante aproximadamente un século, unha nova clase social -a burguesía- foi levando a cabo dous tipos de transformacións.
-Económicas, a revolución industrial.
-Políticas, as revolucións, primeiro en Francia (1789) e logo no resto de Europa (1820, 1830, 1848).
Consolidan así a súa ideoloxía económica e política: o Liberalismo. -
A ÉPOCA DOS IMPERIALISMOS E A 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.
Ao longo do s XIX a sociedade foi mudando. Podemos dicir que se formaron dúas clases sociais: a burguesía e o proletariado, a clase obreira. Os primeiros buscan manter o seu poder e aumentar os seus capital; os segundos, mellorar as súas condicións de vida e traballo.
Nesta etapa, lévase a cabo unha segunda revolución industrial que cambia o mundo: o petróleo, a electricidade, o motor de combustión interna, o automóbil.... -
DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL.
Debido a rivalidades entre as potencias europeas, estala a I Guerra Mundial. Mentres tanto, en 1917 os bolxeviques poñen fin ao réxime dos tsares en Rusia: e a Revolución – comunista – rusa.
Unha vez rematada a I Guerra Mundial e debido á situación en Europa, agravada pola gran crise económica de 1929, crecen as ideoloxías totalitarias que conducen a unha rúa sen saída: a II Guerra Mundial (1939 – 45). -
CARA AOS XXI
Da II Guerra Mundial saíron dous grandes vencedores: EE.UU. e a URSS , que se ven enfrontadas na chamada Guerra Fría, cun escenario principal en Europa e outros secundarios.
Mentres, nos anos sesenta, os países africanos e asiáticos colonizados no s XIX polas potencias europeas, comezan os seus proceso de independencia.
O 11 setembro de 2001 un ataque de Al Qaeda ao World Trade Center de Nova York. -
ACTUALIDADE.
Nos últimos anos, a globalización, a tecnoloxía dixital, internet fixeron do mundo o que algúns denominan unha “aldea global“. Pero nun mundo que acadou tal grao de avance económico, industrial, científico e tecnolóxico, aínda hai case mil millóns de persoas que pasan fame, grandes desigualdades, o cambio climático, o problema dos residuos ...