-
Restauración da monarquía na persoa de Alfonso XII
-
Period: to
A Galicia moderna
Durante o período comprendido entre 1874 e 1936 Galicia vese inmersa nunha serie de cambios na súa estrutura económica e social que determinan a súa evolución e a introducen definitivamente na etapa contemporánea. -
Constitución de 1876
O sistema político ideado por Cánovas ten o seu piar fundamental na figura do monarca, arredor do cal se garante a estabilidade do sistema, grazas ás atribucións que a conservadora Constitución de 1876 lle reserva. Ademais, baseábase na ficticia disputa electoral entre dúas forzas políticas, os conservadores e os liberais, que na práctica supuña que ambos os dous compartisen o poder por un sistema de quendas. -
Crise vacuna
A caída das exportacións de gando vacún a Inglaterra, no marco da crise agraria de finais do século XIX, supón o inicio dunha nova fase na economía galega contemporánea que se prolongará ata a Guerra Civil e na que teñen lugar cambios fundamentais. -
Period: to
Principais Transformacións do siglo XIX
As transformacións socioeconómicas producidas nas últimas décadas do século XIX e consolidadas no primeiro terzo do XX, permiten a Galicia os cambios necesarios para adaptarse á nova situación e superar a crise decimonónica. -
Industria conserveira
Despega a industria conserveira e establécese a conexión por ferrocarril coa Meseta, feito que permite mellorar as relacións comerciais co resto de España. En xeral, as transformacións socioeconómicas producidas nas últimas décadas do século XIX e consolidadas no primeiro terzo do XX, permiten a Galicia os cambios necesarios para adaptarse á nova situación e superar a crise decimonónica -
Aumentos das taxas de alfabetización de Galicia
As taxas de alfabetización medran, aínda que lentamente, e as autoridades tratan de dar ao conxunto da poboación, tanto feminina como masculina, unha formación mínima e básica en escolas públicas. Ao mesmo tempo, hai un maior interese polos temas culturais e polo coñecemento e a conservación da cultura e a lingua galega. -
Period: to
Restauración en Galicia
O novo réxime, denominado Restauración, vaise desenvolver da fin do Sexenio Democrático ao ano 1923, tendo o seu corolario na Ditadura de Primo de Rivera e no curto período de transición que a sucede até as eleccións municipais de abril de 1931, que supoñen a caída da monarquía en España. -
Period: to
Dictadura de Primo de Rivera
A Ditadura de Primo de Rivera preséntasenos como o corolario final do período da Restauración. Cun sistema político acabado, sen ningunha posibilidade de reactivación interior, unha tentativa de goberno autoritario aplaudise como a única posibilidade para manter un sistema baseado na Monarquía. Mais resultou un período que só adiou oito anos a chegada da II República. -
Period: to
Política da dictadura de Primo de Rivera
O programa de acción de Primo de Rivera era verdadeiramente simple e contaba cun grande respaldo popular: orde social, e reorganización da política. En Galicia o réxime de Primo de Rivera sustentarase en tres piares sociopolíticos: os agrarios, os mauristas e os rexionalistas, aos que temporalmente se unirán os nacionalistas conservadores. Un dos nexos máis fortes entre estes grupos foi o catolicismo, mesmo entre os agrarios.