Noriega varela

A poesía galega no século XX. Feitos importantes entre 1900-1910.

By Txiki
  • Morte de Alfredo Brañas

    Morte de Alfredo Brañas
    Brañas foi concelleiro en Santiago entre 1890 e 1891, e en 1890 participa na creación da Asociación Regionalista Gallega (ARG) e escribe no seu voceiro, La Patria Gallega, no que fala por primeira vez de Galicia como nacionalidade.
    O rexionalismo de Brañas baseábase nun catolicismo e un historismo tradicionalista, ao tempo que arremete contra a industrialización, o liberalismo e o capitalismo, reclamando a volta aos gremios.
    A súa morte significou o fin do 1º Rexurdimento.
  • Publicación de Montañesas

    Publicación de Montañesas
    Neste ano, Noriega Varela publicou o seu primeiro libro Montañesas, poemario costumista con fórmulas decimonónicas que logo serán abandonadas en favor dun lirismo "franciscanista" máis depurado.
  • Real Academia Galega

    Real Academia Galega
    En 1904 Manuel Murguía publicou un artigo no que propugnaba a creación dunha academia galega. Este artigo espertou interese e en 1905 constituíuse na Habana a Sociedade Protectora da Academia Gallega, grazas a Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. En Galiza seguiron esta iniciativa algúns persoeiros e constituíuse o 30 de setembro de 1906 a Real Academia Galega, presidida por Manuel Murguía e con corenta membros.
  • Solidaridad Gallega

    Solidaridad Gallega
    No verán de 1907, 44 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega na que conflúen os republicanos, os republicanos federais, os tradicionalistas e os rexionalistas.
    O anticaciquismo e o apoio ao asociacionismo agrario foron os dous piares da organización. Baixo o seu patrocinio formáronse 400 sociedades agrarias.
    Nas eleccións municipais de 1909 maioría absoluta en 12 concellos, pero as diferenzas entre os membros impediron a súa consolidación.
  • A Nosa Terra

    A Nosa Terra
    A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega que se editaba na Coruña. Fundouse por iniciativa de Rodrigo Sanz, Manuel Murguía, Manuel Lugrís Freire e Florencio Vaamonde. O primeiro número saíu o 4 de agosto de 1907, dirixíao Uxío Carré Aldao.
    Foi unha publicación bilingüe que se mantivo ata outubro de 1908; en total saíron 60 números.
    Entre os colaboradores estivo Eladio Rodríguez González.
  • Estrea do Himno Galego

    O texto do himno escribiuse con motivo da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar a un certame que ía elixir o mellor himno galego. O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto dun certame musical
    Estreouse na Habana o 20 de decembro de 1907. http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/12/os-pinos.html
  • Revista Acción Gallega

    Revista Acción Gallega
    No 1909, un grupo de políticos, intelectuais e xornalistas galegos residentes en Madrid reuníanse, día tras día. Eran Basilio Álvarez, Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares etc. O tema de discusión constante era o das loitas agrarias en Galiza, concretamente o da liberación do campesiño e do país galego.
    O 15 de xaneiro de 1910 o movemento deu o primeiro sinal público coa aparición da revista Acción Gallega, na que o estilo inconfundíbel de Basilio Álvarez quedaba claramente reflectido.