Onu

Fases da Descolonización

  • Autogoberno de Canadá

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Period: to

    Ata a Primeira Guerra Mundial

  • Anexión de Cuba polos Estados Unidos

    Desaparición do Imperio colonial español
  • Autogoberno de Australia

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Autogoberno de Nova Celandia

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Autogoberno de Sudáfrica

    Foille concedido por Gran Bretaña
  • Period: to

    Período de entreguerras

  • Declaración Balfour

    Declaración Balfour
    O goberno británico emite a Declaración Balfour, na que "contempla con beneplácito o establecemento en Palestina dun fogar nacional para o pobo xudeu e fará uso dos seus mellores esforzos para facilitar a realización deste obxectivo, entendéndose claramente que non se fará nada que poida prexudicar os dereitos civís e relixiosos das comunidades non xudías existentes en Palestina, ou os dereitos e o status político dos xudeus en calquera outro país"
  • Period: to

    Conflito Árabe-Israelí en Oriente Medio

  • Mandato Británico de Palestina

    Mandato Británico de Palestina
    Entra en vigor o Mndato Británico de Palestina por encomendación da Sociedade de Nacións. Formalízase así a presencia británica en Palestina, territorio que xa controlaban desde 1917, tras expulsar as forzas otomanas durante a Primeira Guerra Mundial.
  • Period: to

    De 1945 a 1959

    Produciuse a independencia de case totalidade dos territorios coloniais de Asia oriental e meridional, así como do mundo islámico de Oriente Próximo e do norte de África, en moitos casos marcados pola violencia e a guerra (Indochina, Alxeria, Indonesia)
  • Partición da India

    Partición da India
    Tras a Acta de Partición da India en 1947 deu lugar á aparición de dous novos Estados: a Unión India, de maioría hindú, e Paquistán, de maioría musulmá e integrado por duas zonas separadas: Paquistán occidental e paquistán oriental (hoxe bangladesh). Desde a Independencia, a tensión entre estas dúas comunidades mantívose constante e deu lugar a varias guerras
  • Independencia da India

    Independencia da India
    A sede da protesta contra o dominio británico na India xorde xa a finais do S. XIX. Entre os seus líderes destacaron Gandhi quen para conseguir a independencia do dominio británico propuxo fórmulas novas; a non cooperación basada na non violencia e a resistencia pasiva, combinadas con manifestacións masivas, estas protestas foron moi intensas nos anos 20 e 30 e a tras a II guerra mundialo goberno de Atlee favoreceu a independencia que concluíu ca partición da India o 15 de Agosto de 1947.
  • Independencia de Alxeria

    Independencia de Alxeria
    Alxeria constituía desde 1830 a colonia máis importante de África. . En 1947 fundouse a Fronte de Liberación Nacional dirixida por Ahmed Ben Bella que propuxo a insurreción armada como medio para conseguir a independencia e a imposición dun novo réxime de carácter socialista.
  • Independencia de Israel

    Independencia de Israel
    En 1947 foi aprobado o programa de partición da ONU que prevía a división de Palestina en dous estados: un xudeu e un arabe, dando como resultado unha guerra civil e a expulsión e huida dunha gran poboación Palestina.
    Un ano despois Israel declara a súa Independencia e un día despois desátase a guerra árabe-israelí
  • Period: to

    De 1960 a 1975

    Son os anos da independencia das colonias de África Subsahariana. Os vellos imperios de Gran Bretaña, Francia, Bélxica. España e Portugal desapareceron. En liñas xerais, a independencia foi negociada
  • Fin da Guerra de Independencia de Alxeria

    Fin da Guerra de Independencia de Alxeria
    Varios xenerais franceses opostos á independencia deron un golpe de Estado que provocou a caída da IV República. Para intentar salvar a democracia chamouse de novo ao poder ao xeneral De Gaulle, quen recuperou o control e tentou manter a Alxeria dentro de Francia . O elevado custo económico e en vidas humanas determinou a independencia da República Democrática Popular de Alxeria.
  • Period: to

    De 1976 en adiante

    Fase final do proceso descolonizador. As poucas colonias que aínda permanecían gobernadas polos occidentais foron alcanzando paulatinamente a Independencia. Trátase de pequenos territorios e de escasa poboación