-
Comezo dos conflictos entre as Colonias americanas e Reino Unido
Agravianse máis as diferenzas entre as Trece Colonias americanas e Reino Unido cando o rei Xurxo III
tratou de establecer unha serie de leis para regularizar os impostos coloniais. A reacción dos
territorios americanos foi responder cun boicot aos produtos británicos. -
O motín do té
O Parlamento británico aprobou as Tea Acts, polas que se outorgaba o monopolio do té nas
colonias á Compañía Inglesa das Indias Orientais. Os comerciantes americanos responderon co Motín
do té, incendiando os barcos británicos que esperaban cargados de té no porto de Boston. -
A Declaración de Dereitos de Virxinia
Thomas Jefferson redactou a Declaración de
Dereitos de Virxinia, onde se establecían os principios
de soberanía nacional, división de poderes e sufraxio. -
A Declaración de Dereitos dos Estados Unidos de América
Os representantes das Trece
Colonias asinaban a Declaración de Independencia
dos Estados Unidos de América. -
Paz de Versalles
O Reino Unido recoñeceu a independencia dos Estados Unidos, déspois de longos períodos de enfrentamentos. Os americáns estaban liderados por George Washington. -
A primeira constitución
Aprobouse a Constitución dos Estados Unidos, a primeira da historia.
Nela recoñecíanse a soberanía nacional e a separación de poderes. -
O primeiro presidente dos Estados Unidos
George Washington foi elixido como o primeiro presidente dos Estados Unidos. -
Convocatoria dos Estados Xerais
os Estados Xerais, que contaban con representantes de cada estamento, reuníronse en Versalles. Previamente, cada estamento redactou os seus cadernos de
queixas. A nobreza e o clero pretendían votar
por estamento, o que daría a maioría aos privilexiados. E o Terceiro
Estado, en cambio, quería votar por persoa, que Iles outorgaría a maioría. -
Asamblea nacional
os representantes do terceiro estado, que representaban ao
95% da poboación francesa, pasaron a denominarse Asemblea Nacional.
Despois, na Sala do Xogo de Pelota,
xuraron permanecer unidos e non abandonar Versalles de ata darlle a
Francia unha Constitución. Por iso a Asemblea Nacional pasou a
chamarse Asemblea Constituínte. -
A destitución de Jacques Nécker
O rei absolutista Luís XVI destitúe o seu ministro de finanzas, Jacques Nécker por pretender que os estamentos privilexiados paguen impostos. -
Manifestación do 12 de Xullo
Manifestación multitudinaria do pobo, protestando contra a destitución de Nécker. -
Subida do prezo do pan
O pobo reclama a redución do prezo do pan, o alimento básico, e asalta o convento de Saint Lazare. -
Toma da Bastilla
O pobo de París asalta a prisión real, A Bastilla na procura de municións.
Perante a negativa do gobernador de proporcionárllelas, asaltan e incendian a prisión. -
É unha revolución
Luis XVI é informado do asalto, e pregunta: “Trátase dun motín?”. Un servente contesta: “Non, maxestade, é unha revolución” -
Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán
A Asemblea Constituínte aboliu os dereitos feudais e varios
días máis tarde aprobou a Declaración dos Dereitos do Home e do
Cidadán -
Constitución de 1791
-Recoñecíanse a soberanía nacional e os dereitos fundamentais dos cidadáns. Monarquía parlamentarla como forma de goberno.
- Establecíase a división de poderes: o poder lexislativo a Asemblea, o executivo, o rei, e
o xudicial, aos tribunais independentes.
- A Asemblea elixiríase por sufraxio censatario: só podían votar os homes maiores
de 25 anos e dunha determinada renda. -
Asamblea Lexislativa
Foi elixida nas eleccións de outubro de 1791 -
Asalto ao palacio das Tullerías
O pobo de París asaltou o palacio das Tullerías, a residencia dos reis. E o
monarca foi destituído pola Asemblea. -
A Marsellesa
Este himno nace debido a que Austria e Prusia declaran a guerra a Francia por medo ás ideas revolucionarias. -
Convención Nacional
Forma parte da Convención xirondina (1792-1793).
Despois do asalto á residencia dos monarcas houbo unhas novas elección nas que nacería a Convención Nacional que aboliu a monarquía. -
O réxime do Terror
Produciuse un
golpe de Estado dos sans-culottes contra os
xirondinos en xuño de 1793. Os montañeses,
dirixidos por Maximilien Robespierre, fixéronse co poder. Os montañeses
aprobaron unha Constitución democrática en 1793. Robespierre asumiu todos os
poderes e implantou unha ditadura. Debido ás situación internas e externas do país instaurouse un Comité de Salvación Pública para así poder implantar o réxime do Terror. Robespierre foi destituído e guillotinado xunto aos seus seguidores en 1794. -
Execución de Luis XVI
Luis XVI foi executado por traizón na guillotina. -
Constitución do ano III
Para evitar unha nova ditadura, instaurouse un Goberno moderado, que aprobou a Constitución de 1795. Nela recoñecíanse a soberanía nacional e a separación de poderes: o poder lexislativo era exercido
por dúas cámaras (Consello dos Cincocentos e Consello dos Anciáns), e o executivo por un Directorio integrado
por cinco membros. -
Golpe de Estado do 18 de brumario
Despois de volverse moi popular polas súas batallas, Napoleón, apoiado pola alta burguesía, da un golpe de Estado e estableceu un Consulado formado por: Napoleón, Ducos e Sieyés. -
Constitución do ano VIII
Nela non había división de poderes o que acabou provocando que Napoleón se convertira en emperador en 1804 (4 anos despois). -
Guerra de Independencia
En 1807, Napoleón intentaba o bloqueo de Inglaterra, pero Portugal, aliado dos ingleses, éralle un obstáculo.
Por iso asina o Tratado de Fontainebleu con Carlos IV, para que lle permita atravesar España coas súas tropas e
invadir Portugal, acordando nomear a Godoy rei do país veciño.
Pero o que pasou en realidade foi que Napoleón aproveitou ó ter as súas tropas en España para conquistala e nomear como rei ao seu irmán José I Bonaparte. -
O levantamento popular contra as tropas napoleónicas
O 2 de maio tivo lugar un levantamento popular en Madrid que acabou reprimindo duramente á poboación. -
La Pepa
Uns representantes das xuntas reuníronse en Cádiz para, tras 2 anos de traballo, crear unha constitución que contaba cos principios do liberalismo. A constitución incluía unha declaración de dereitos dos cidadáns e a igualdade de todos os españois ante a lei. -
Retirada de España de Napoleón
Napoleón, que non podía abordar dous conflictos como a guerra en España e a conquista de Rusia, optou por retirarse de España en 1814. -
Fernando VII chega a España
Fernando VII apodado "o desexado" chega a España entre vitoreos dos españois. Os españois divídense en dous grupos: os liberais, que creen que o rei gobernará según a constitución e os absolutistas, que queren que se reinstale o Antigo Réxime. -
O fin do imperio Napoleónico
O imperio Napoleónico contaba cunha política moi expansionista, na que conquistou moitos territorios. Eso levou a que o imperio estivera en guerra con moitos territorios simultaneamente. Cando Napoleón intentou conquistar Rusia gran parte do seu exército morreu debido ao clima da estepa rusa e iso sumado as importantes derrotas en Leipzig e en España fixeron que Napoleón abdicase. Despois diso volvería ao poder durante 100 días, pero sería derrotado definitivamente en Waterloo en 1815. -
O Congreso de Viena
As potencias vencedoras de Napoleón (Prusia, Rusia, Austria e Reino Unido) crean o Congreso de Viena para devolver a europa ao Antigo Réxime. E obrigaron a Francia a volver aos seus límites de 1791 -
A Santa Alianza e a Cuádruple Alianza
Para preservar a orde establecida polo Congreso de Viena crearonse dúas alianzas: A Santa Alianza (Austria, Prusia e Rusia) e a Cuádruple Alianza (Austria, Prusia, Rusia e Reino Unido). -
Revolucións de 1820
Revolucións anti absolutistas producidas en: España, Portugal, Nápoles, Piemonte e Rusia. Ao final triunfou o absolutismo. -
Sexenio Absolutista
Etapa do reinado de Fernando VII na que o monarca gobernou de maneira absolutista. Anulando a Constitución de 1812. (1814-1820) -
O movemento obreiro
É un movemento de carácter revindicativo. Que en primera instancia mostrouse en forma de destrucción de máquinas (ludismo) que según os obreiros son as responsables de quedarse sen traballo. Aparecen durante o século XIX por exemplo 1821. -
Trienio Liberal
Etapa do reinado de Fernando VII na que triunfa o levantamento liberal do xeneral Riego que fai que o rei xure a constitución e goberne según os seus estándares. (1820- 1823) -
Independencia de América Latina
Independízanse de España -
Independencia de Grecia
Movemento Nacionalista independentista que fai que Grecia independícese do Imperio Otomán. -
Revolucións de 1830
Revolucións que conseguiron levar o liberalismo ao poder en moitos Estados: Francia, Bélxica, Polonia e algúns estados de Italia e Alemaña. -
Pragmática sanción
Fernando VII derogou a Lei Sálica para que a súa filla Isabel II poda gobernar. -
Década Ominosa
Época do reinado de Fernando VII na que o rei recupera todos os seus poders. Pero ten que facer fronte a varios problemas como: a grave crise ecconómica, a guerra colonial e o conflicto sucesorio. (1823-1833) -
O inicio da época isabelina
Tras a morte de Fernando VII Isabel II pasaría a ser a gobernante do país pero o irmán de Fernando, Carlos, non estaba de acordo e declarou a guerra. Isto deu lugar as guerras carlistas. -
Independencia de Bélxica
Conseguiron independizarse de Países Baixos. -
Primeira guerra carlista
Enfrontou aos carlistas (absolutistas) e aos isabelinos (liberais) polos problemas de sucesión no trono. Acabaron ganando os partidarios de Isabel. -
1º Revolución Industrial
É o proceso de transformación social, económico e tecnolóxico desde o Neolítico. Isto fai que a economía pase de ser una economía basada no campo a unha industrialización completa da sociedade, sobre todo nas grandes cidades. (1820-1840) https://www.bing.com/videos/riverview/relatedvideo?&q=1+revoluci%c3%b3n+industrial&&mid=2ABE3574C8287473BEB32ABE3574C8287473BEB3&&FORM=VRDGAR -
Reinado de Isabel II
Cando Isabel e considerada maior de idade pasa a gobernar o país. O seu goberno está caracterizado por unha gran inestabelidade e enfrontamentos. -
Revolucións de 1848
Foron as máis radicais e producironse nestes territorios: Francia (Segunda República), Prusia, Austria-Hungría, confederación xermánica e algúns estados de Italia. -
Década Moderada
Apoiase na Constitución de 1845 que defendía un poder executivo compartido. (1844-1854) -
Bienio Progresista
Redactouse unha constitución en 1856 que non chegou a publicarse. (1854-1856) -
Unificación de Italia
Movemento Nacionalista unificador que comeza no reino de Piamonte-Serdeña. Os protagonistas foron Víctor Manuel II, Cavour e Garibaldi. (1859-1870) -
Unificación alemana
A iniciativa é do reino de Prusia que decide unificar Alemaña pero sen Austria. Derrotando a Austria e a Francia, Prusia foi capaz de unificar Alemaña. (1864-1871). -
Goberno de Amadeo de Savoia
Foi elixido polo goberno para dirixir España en forma de monarquía constitucional. (1870-1873) -
Sexenio Revolucionario
En 1868, a monarquía viviu unha crise, na que triunfou a Revolución Gloriosa, unha revolución para derrocar a Isabel II. Formouse un goberno provisional con base na Constitución de 1868. (1868-1874) -
A Primeira República
Despois de que Amadeo de Savoia abdicara creouse a Primeira República. Este foi un período de moita inestabilidade e que tivo que facer frente a moitos problemas: nova guerra carlista, conflicto con Cuba...
(1873-1874)