-
Restauración da monarquía na persoa de Alfonso XII
Galicia vese inmersa nunha serie de cambios na súa estrutura económica e social que determinan a súa evolución e a introducen definitivamente na etapa contemporánea. A demografía galega caracterízase, a partir de agora, por un baixo crecemento poboacional, pola tendencia ao envellecemento, por unha distribución xeográfica de modo disperso e, sobre todo, pola constante emigración que se mantén durante máis dun século -
Caída das exportacións de gando vacún a Inglaterra
Supón o inicio dunha nova fase na economía galega contemporánea na que teñen lugar cambios fundamentais. As principais transformacións que se producen na agricultura xiran en torno á redención dos foros que converte ao campesiño en pequeno propietario e permite a mercantilización das explotacións familiares, privatízanse os montes comunais e mellora o rendemento das explotacións gracias á especialización produtiva e a aplicación de novos avances científicos e tecnolóxicos. -
Avance da industria conserveira
despega a industria conserveira e establécese a conexión por ferrocarril coa Meseta, feito que permite mellorar as relacións comerciais co resto de España. En xeral, as transformacións socioeconómicas producidas nas últimas décadas do século XIX e consolidadas no primeiro terzo do XX, permiten a Galicia os cambios necesarios para adaptarse á nova situación e superar a crise decimonónica. -
Cambios da economía acompañados dun cambio social
Os cambios sociais máis destacados son, sen dúbida, os que levan a desfacer a composición tradicional que a sociedade galega mantivera durante todo o século XIX. Isto reflíctese nunha nova estrutura social caracterizada pola desaparición da fidalguía e, en xeral, a figura do rendista agrario e, pola contra, pola aparición do campesiño propietario, da burguesía comercial e industrial e dun proletariado cada vez máis definido e independente dos gremios. -
Aumento das taxas de alfabetización.
as taxas de alfabetización medran, aínda que lentamente, e as autoridades tratan de dar ao conxunto da poboación, tanto feminina como masculina, unha formación mínima e básica en escolas públicas. Ao mesmo tempo, hai un maior interese polos temas culturais e polo coñecemento e a conservación da cultura e a lingua galega.