-
Period: 711 to 756
Califato Omeya
Entre os anos 711 e 715 o califato Omeya conquistou unha parte da península ibérica. Ese mesmo ano os visigodos foron derrotados e o seu rei Rodrigo morreu na batalla de Guadalete. -
Period: 756 to 929
Emirato de Córdoba
No ano 756 Abd al-Rahmán chegou a Córdoba e estableceu unha dinastía que gobernou al-Ándalus ata 1031. No ano 773 creou o emirato de Córdoba.
NO 912 subíu ao trono Abd al-Rahmán lll cando a decadencia do emiráto era un feito, proclamouse califa en 929. -
929
Arte do Emirato e o Califato
Neste arte mestúranse elementos da tradición local Hispanorromano-visigótica con elementos bizantinos, omeyas e abasíes.
Os máis importantes son a Mezquita de Córdoba, o alcazar de Mérida, Medina Azahara e Mezquita do Cristo da Luz de Toledo.
Tamen cómpre destacar os traballos en Marfil de todo tipo de oxetos, a produción de texidos en seda, os talleres de bronce e os de cerámica nos que a súa decoración eran motivos xeométricos e figurativos. -
Period: 929 to 1031
Califato de Córdoba
O poder do califato extendíase hacia o norte e en 950 o Sacro Império Romano-Xermano intercambiaba embaixadores con Córdoba. No 939 o exército cristiano de Ramiro ll de León derrotou as tropas árabes impedindo que se instaláran nas inmediacións do Duero.
A guerra civil que se desencadeou polo trono entre os partidários do último califa lexitimo e os sucesores do seu primer ministro provocou unha fragmentación en moitos reinos. -
Period: 1031 to 1085
Primeiros Reinos de Taifas
As taifas foron 39 pequenos reinos nos que se dividíu o califato por mor da guerra civil.
Este non foi un periodo pacífico xa que os distintos reinos combatían entre eles.
esta división de reinos fixo evidente que so un poder político centralizado e unificádo podía resistir o avance dos reinos cristias do norte como pasou na conquísta de Toledo en 1085. -
1032
Arte taifa
Nesta época aparece a arquitectura palatina e o mellor testemuño e a Aljafería de Zaragoza onde podemos atopar todo tipo de arcos lobulados, mixtilíneos, de ferradura, semicircular e apuntada, entrecruzados, superpostos e contrapostos todos feitos con materiais pobres pero revestidos de xeserías para aparentar riqueza.
No que respecta a cerámica consolidouse unha técnica chamada cerámica de corda seca onde se decora con liñas de oxido de manganeso formando motivos que se rechean con vidros. -
Period: 1085 to 1144
Imperio Almorávide
Alfonso vl na conquista de Toledo anunciaba a amenaza cristiá de acabar cos reinos musulmáns da península, ante esta situación os reis das taifas pediron axuda ao sultán almorávide do norte de África que derrotou a Alfonso Vl na batalla de Zalaca en 1086 e conquistou todas as taifas a partir do 1090.
A crise deste império comezou en 1118 coa pérdida de Zaragoza ata 1144 co movemento antialmorávide que comezou lbn Quasi. -
1086
Arte almorávide
Os almorábides substitúen a columna polo pilar. Adoptan o arco de ferradura e o lobulado engadindolle arcos túmidos, lobulados trebolados, mixtilíneos e lamberquíns estes estaban formados por pequenas curvas, ángulos rectos e claves pingantes, e tamén un motivo en s chamado Serpentiforme. Realizan extraordinarias cubertas cupuladas como a de mihrab da mesquita de Tremecén.
Na cerámica aparecen novas técnicas que son o esgrafiado e o estampillado. -
Period: 1144 to 1172
Segundos reinos de Taifas
Entre o 1140 e 1153 apareceron estes reinos a meirande parte deles foron barridos polo poder militar almohade en pouco tempo solo a Taifa de Maiorca sobrevivíu ata 1203. -
Period: 1172 to 1212
Imperio Almohade
En pouco máis de trinta anos os almohades crearon un poderoso imperio e conseguiron parar o avance cristiá derrotando as tropas castellanas en 1195 na batalla de Alarcos. Os gobernantes almohades tiveron problemas para dominar todo o territorio Ándalus.
A vitoria cristiá na batalla das Navas de Tolosa no 1212 marca o fin deste imperio. -
1173
Arte almohade
O arte almohade continuou a estela almorávide consolidando e profundizando nas súas tipoloxías e motivos ornamentais. Nesta época a arquitectúra palaciega acada o seu maior protagonismo o seu maior testemuño é o Alcázar de Sevilla.
A súa arquitectúra militar perfecciona a súa eficacia defensiva.
En relación aos elementos metálicos destacan os aguamaniles que son figuras de animais decoradas con incisións vexetais cinceladas. -
Period: 1212 to 1238
Terceros Reinos de Taifas
O derrube do poder central almohade conduce a unha nova fragmentación dos reinos e a aparición dos terceiros reinos de Taifas. -
1238
Arte nazarí
A arte nazarí e coñecido pola columna de fuste cilíndrico e o capitel de dous corpos, un cilindro decorado con bandas e outro cúbico con atrauríque. Os arcos preferidos son os de medio punto peraltado e engrelados.
Na cerámica destaca a conocida como lousa dourada que se caracteriza por facer a última cocción a lume moi baixo de oxixeno e menor temperatura.
Os tecidos caracterízanse por un colorido intenso e motivos idénticos a decoración arquitectónica. -
Period: 1238 to 1492
Reino nazarí de Granada
No 1238 entra en Granada Muhammed l ibn Nasr creador da dinastía nazarí e o fundador do Reino de Granada.
Nas últimas décadas da dinastía nazarí de Granada estivo dividida por unha guerra civil interna entre Al-Zagal, Muley Hacen irmán de Al-Zagal, e o seu fillo Boabdil.
Boabdil foi o último rei na dinastía nazarí, a súa derrota en 1492 polos Reis Católicos puxo fin a Reconquista e o Reino de Granada foi anexionado a Coroa de Castela.