-
Aparición dos ordenadores da 1º xeración (ENIAC)
Estes ordenadores conteñen válvulas electrónicas e son de grandes dimensións, chegando a pesar unhas 30 toneladas. Estropéanse con facilidade e consumen moita enerxía. O primeiro ordenador recibe o nome de ENIAC e foi desarrolado en Philadelphia -
Aparición dos transistores na 2ª xeración de ordenadores (IBM 360)
Na segunda xeración de ordenadores aparecen os transistores, que sustituen ás válvulas de vacío, e tamén aparece a conmutación electrónica. Estes ordenadores reduxeron tamaño, consumo,etc. IBM vendeu por un valor de 1 230 000 dólares o seu primiero sistema de disco magnético, o RAMAC. Os ordenadores máis destacados son: IBM 1401, IBM 1620 e PDP-1. Sacouse á venta o primeiro videoxogo da historia: o Spacewar -
Aparecen os circuitos integrados na 3ª xeración de ordenadores
Na 3ª xeración de ordenadores aparecen os circuitos integrados ou chips, pequenas estruturas semicondutoras que sustitúen ós tubos de vacíos e reducen o prezo e o consumo. Na terceira xeración aparecen os ordenadores IBM 360 e o CDC 6600 -
Ponse en órbita o primeiro satélite e a empresa Unimation comercializa o primeiro robot industrial (Syncom 2)
Os EEUU poñen en órbita o primeiro satélite de comunicacións chamado Syncom 2,e tamén se establece a 1ª comunicación telefónica vía satélite.
Neste ano, a empresa americana Unimation comercializa o 1º robot industrial chamado Unimate -
Emprego da fibra óptica
Emprégase a fibra óptica para transmitir conversacións telefónicas. As fibras ópticas utilíanse máis comúnmente como un medio para transmitir luz entre dous puntas dunha fibra e ten un amplio uso nas comunicaciós por fibra óptica, onde permiten a transmisión en distancias e nun ancho de banda (velocidade de datos) máis grandes ca os cables eléctricos. -
Rede Arpanet e TCP/IP
O ministerio de Defensa dos Estados Unidos desenvolve a rede Arpanet ,utilizándoa como medio de comunicación entre as diferentes institucións académicas e estatais, e o protocolo de transmisións TCP/IP, permitindo que un equipo poida comunicarse a través dunha rede. -
Microprocesadores e 4ª xeración de ordenadores (PDP-11)
Texas Instruments fabrica os primeiros microprocesadores, que ven sendo o "cerebro" do ordenador. É o encargado de executar os programas, dende o sistema operativo hasta as aplicacións de usuario, realizar operacións aritméticas,... E lanza a primeira
calculadora de peto cun microprocesador, como a Canon Pocketronic que baseose na Cal-Tech de Texas Instruments. Na 4ª xeración de ordenadores destacan: PDP-10,PDP-11,Cray-1 e Cray X-MP -
Conexións televisivas por cable
En EEUU instálanse conexións televisivas por cable a través da fibra óptica que sustituen ás antenas transferindo mellores imaxes para dentro duns anos poder conectarse a Internet e proporcionar servizos de telefonía grazas á fibra óptica -
Aparición dos sistemas multiusuario
IBM crea terminais dependentes dun ordenador central, é dicir, que se poidan conectar varios usuarios á vez: os chamados sistemas multiusuario. -
Grabación e reprodución de ondas sonoras dixitais
As empresas Philips (neerlandesa) e Sony (xaponesa) foron as primeiras en permitir a grabación e reprodución de ondas sonoras dixitais a través dos discos compactos (CD) utilizados para almacenar datos en formato dixital, podendo almazenar 80 minutos de audio ou 700MB de datos. -
Rede Internet
Xorde a rede Internet nos estados Unidos: primeiro foi en ambientes universitarios e despois en empresas ata xeneralizarse o seu uso. -
TAT
Inaugúrase o máis moderno sistema de transmisión de información por cable de fibra óptica. É o TAT (Trans Atlantic Telephone), que constitúe o primeiro paso para o establecemento dunha rede integral de comunicacións (datos, imaxes e sons). Une Nova Xersei con Gran Bretaña e Francia e ten unha lonxitude de 5870 km. A fabricación do cable costou 335 millóns de dólares e estaba composto de tres cables de fibra óptica: dous en activo e un de seguridade -
Hispasat
España dá luz verde ao programa Hispasat, empresa operadora de satélites de comunicacións que permite contar cun satélite de comunicación propia a partir do verán de 1992, o que supuxo que as Olimpíadas dese ano en Barcelona foran as primeiras transmitidas en directo pola televisión -
Tecnoloxía inalámbrica
Comenza a implantarse a tecnoloxía inalámbrica a través dun servidor usando a WiFi como conectador entre os dispositivos. -
WiMAX
Investíganse sistemas inalámbricos de longo alcance: os WiMAX, que son unha norma de transmisión de datos que pode ter unha cobertura de ata 70 km.