Ferrocarril

Inventos da Revolución Industrial

  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    A máquina de vapor é un motor de combustión externa que transforma a enerxía térmica dunha cantidade de auga en enerxía mecánica, esta foi innovada por James Watt.
  • Tear hidráulico

    Tear hidráulico
    A máquina fiadora é unha invención do período da Revolución Industrial, ideada para fabricar fíos ou fiados de fibras como a la ou o algodón de forma mecanizada. Foi desenvolta en Gran Bretaña no século XVIII por Richard Arkwright e John Kay.
  • Desmotadora

    Desmotadora
    Unha desmotadora é unha máquina que separa rápida e facilmente as fibras de algodón das súas sementes. A primeira desmotadora patentada constaba de catro partes. Unha tolva onde se cargaba o algodón. Un tubo cuberto de ganchos virado por unha manivela levaba o algodón a unha terceira parte inmóbil, operación que separaba as fibras das súas sementes. A cuarta parte da máquina consistía nun cilindro cuberto de porcas que, virando en dirección oposta, lograba extraer o algodón dos ganchos de arame.
  • Barcos

    Barcos
    Un barco de vapor é un buque propulsado por máquinas de vapor, actualmente en desuso, ou por turbinas de vapor. Consta elementalmente dunha caldeira de vapor, dunha turbina de vapor ou máquina de vapor e dun condensador refrixerado por auga. A transmisión conséguese cun cegoñal nas máquinas de vapor ou cunha caixa redutora no caso de usar turbinas.
  • Ferrocarril

    Ferrocarril
    Trátase dun transporte con vantaxes comparativas en certos aspectos, tales como o consumo de combustible por tonelada/quilómetro transportado, a entidade do impacto ambiental que causa ou a posibilidade de realizar transportes masivos, que fan relevante o seu uso no mundo moderno.
  • Telégrafo

    Telégrafo
    O telégrafo é un aparello ou dispositivo que emprega sinais eléctricos para a transmisión de mensaxes de texto codificados, como co código Morse, mediante liñas alámbricas ou comunicacións de radio.
  • Convertidor Bessemer

    Convertidor Bessemer
    O procedemento Bessemer foi o primeiro proceso de fabricación químico que serviu para a fabricación en serie de aceiro, fundido en lingotes, de boa calidade e con pouco custo a partir do arrabio. Este procedemento foi chamado así en honra de Henry Bessemer, quen obtivo a patente en 1856 e utilizouna a través da Henry Bessemer and Company, sociedade implantada en Sheffield, cidade do Norte de Inglaterra.
  • Dinamita

    Dinamita
    A dinamita é un explosivo moi potente composto por nitroglicerina, unha substancia explosiva líquida a temperatura ambiente e moi inestable que ao ser absorbida nun medio sólido, convértese nun explosivo máis estable. A dinamita foi inventada por Alfred Nobel en 1866, foi patentada no 1867.
  • Teléfono

    Teléfono
    O teléfono é un dispositivo de telecomunicación creado para transmitir sinais acústicos a distancia por medio de sinais eléctricos. Foi inventado polo italiano Meucci, quen en 1854 construíu o seu primeiro prototipo, aínda que non formalizou a súa patente por dificultades económicas, presentando só unha breve descrición do seu invento na Oficina de Patentes de Estados Unidos en 1871.
    En 1876, Graham Bell rexistrou unha patente que realmente non describía o teléfono, pero mencionábao como tal.
  • Bombilla eléctrica

    Bombilla eléctrica
    Unha lámpada eléctrica ou lámpada é un dispositivo eléctrico que produce luz a partir de enerxía eléctrica. Esta conversión pode realizarse mediante distintos métodos como o quecemento por efecto Joule dun filamento metálico, por fluorescencia de certos metais ante unha descarga eléctrica ou por outros sistemas.
  • Automóbil

    Automóbil
    Un dos inventos máis característicos do século XX foi sen dúbida o automóbil. Os primeiros prototipos creáronse a finais do século XIX pero non foi ata a primeira década do XX onde o público empezou a miralos como algo útil. O primeiro vehículo a vapor (1769) foi o Fardier, creado por Nicolas-Joseph Cugnot.O primeiro automóbil con motor de combustión interna atribúese a Karl Friedrich Benz.
  • Motor diesel

    Motor diesel
    O motor diésel foi inventado en 1894 polo enxeñeiro alemán Rudolf Diesel, empregado da firma MAN, que por aqueles anos xa estaba na produción de motores e vehículos de carga de rango pesado.
  • Avión

    Avión
    Un avión é un aerodino de á fixa, ou aeronave con maior densidade que o aire, dotado de ás e un espazo de carga, e capaz de voar impulsado por un ou máis motores. Inventado polos irmáns Wrigth