Jacques bertaux   prise du palais des tuileries   1793

Era das revolucións - Eva Broz

  • 1200

    Capitalismo

    Capitalismo
    Sistema económico baseado en medios de produción de propiedade privada e no mercado libre. O prezo establécese en función da oferta e da demanda, sen a intervención do goberno. Implica tamén a liberdade de empresa, segundo a cal cadaquén é libre de comezar ou rematar un plan de empresa. A ampla variedade que hai no mercado xera, por tanto, moitas alternativas entre as que escoller, fomentando unha competencia por parte das empresas para mellorar a calidade e o prezo dos seus servizos.
  • George Washington

    George Washington
    Foi o primeiro presidente dos Estados Unidos entre 1789 e 1797, e comandante xefe do Exército Continental revolucionario na guerra da Independencia dos Estados Unidos. Considérase o pai da Patria. É un dos pais fundadores, e tratou de crear unha nación capaz de soster a paz cos seus países veciños.
  • Socialismo

    Socialismo
    Doutrina política e económica onde o estado controla a economía e é o responsable de reducir a desigualdade social mediante programas, para obter a igualdade política, social e económica de todas as persoas. Baséase na propiedade colectiva dos medios de produción e distribución, buscando o ben social e repartindo a riqueza de xeito igualitario. Diferénciase do capitalismo en que existe unha maior centralización, reducindo a capacidade de decisión do mercado.
    Vídeo: https://youtu.be/hm-gRuBPu64
  • Maximilien Roberspierre

    Maximilien Roberspierre
    Avogado, escritor, orador e político francés alcumado “o Incorruptible”. Foi un dos máis prominentes líderes da Revolución Fancesa, diputado, presidente da Convención Nacional en dúas ocasións e xefe dos xacobinos.
    Vídeo: https://youtu.be/d8Nx0cOvXTs
  • Revolución industrial

    Revolución industrial
    Período histórico de transformacións económicas e sociais, entre 1760 e 1840, que desencadeou cambios para as sociedades de todo o mundo. Estivo caracterizada polo uso de novas tecnoloxías aplicadas a produción en masa, os avances no transporte, a mellora da produtividade e o aumento da renta per cápita, o que supuxo unha ruptura coas estruturas socioeconómicas que había ata o momento.
    Vídeo: https://youtu.be/3LQAnFEADl4
  • Sector téxtil, da siderurgia, da máquina de vapor e do ferrocarril como motores da Revolución Industrial

    Sector téxtil, da siderurgia, da máquina de vapor e do ferrocarril como motores da Revolución Industrial
    O crecemento demográfico promoveu o emprego de maquinarias no sector téxtil, que aumentou a súa produción e satisfixo a demanda que existía na época. A siderurxia proporcionaba ferro, pero grazas ás melloras, a produción incrementouse fortemente. O ferrocarril permitiu conectar lugares moi distantes e crear relacións económicas. A máquina de vapor foi a base de todo o anterior, e permitiu modernizar todas as industrias grazas a novas maquinarias.
    Vídeo: https://youtu.be/koi1IjGnyyI
  • Napoleón Bonaparte

    Napoleón Bonaparte
    Militar e estadista francés, xeneral republicano durante a Revolución Francesa e o Directorio e artífice do golpe de Estado que o converteu no primeiro cónsul da república, sendo coroado tamén como rei de Italia. Durante máis dunha década tivo o control de case toda Europa Occidental e Central grazas a conquistas e alianzas. Máis tarde veuse obrigado a abdicar, e despois foi desterrado á illa de Santa Elena, onde morreu.
    Vídeo: https://youtu.be/QPnwSnNMZMY
  • Klemens von Matternich

    Klemens von Matternich
    Político, estadista e diplomático austríaco que foi durante vinte e sete anos o ministro de Asuntos Exteriores do Imperio austríaco, exercendo á súa vez como canciller desde 1821 ata a chegada das Revolucións. Era o inimigo de Napoleón. Era conservador oposto aos liberais e revolucionarios, que defendía as monarquías europeas mediante o Congreso de Viena, tratando de restaurar o Antigo Réxime.
  • Industrialización

    Industrialización
    Fenómeno de carácter económico baseado na produción de bens a gran escala ou de xeito intensivo empregando máquinas accionadas por novas fontes de enerxía. Supuxo un impulso económico e social para sectores e países que a puxeron en práctica. Coñécese como o proceso polo cal o Estado pasa dunha economía agraria a outra industrial, que ofrece traballo á maioría da poboación.
  • Guerra de Independencia

    Guerra de Independencia
    Conflicto bélico que enfrontou as 13 colonias americanas orixinais con Gran Bretaña. Rematou co Tratado de París en 1783.
    Unha vez obtida a independencia, creouse un gobierno federal con dúas cámaras lexislativas. A súa constitución inspirábase nos principios de igualdade e liberdade defendidos polos ilustrados franceses. Estaba baseada no liberalismo político, establecendo un réxime republicano democrático onde non había un sistema estamental. Causou un impacto na opinión e política europeas.
  • Liberalismo

    Liberalismo
    Filosofía política, moral e económica que defende a liberdade individual, a limitación do Estado e a igualdade ante a lei. Tamén podemos entender por liberalismo unha doutrina política, económica e social con orixe a finais do século XVII, que defende a liberdade do individuo e a intervención mínima do estado na vida social e económica.
    Vídeo: https://youtu.be/RWhmY5yGiMY
  • Revolución Francesa

    Revolución Francesa
    Conflito social e político con distintos períodos de violencia, que convulsionou Francia e outras nacións europeas, que enfrontaban a partidarios e opositores do Antigo Réxime. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asamblea Nacional en 1789, e rematou co golpe de Estado de Napoleón Bonaparte en 1799. Estivo impulsada polo fracaso do Antigo Réxime e para responder á crecente desigualdade social e económica, ao desemprego e aos altos prezos.
    Vídeo: https://youtu.be/ttdq818TGD0
  • Adam Smith

    Adam Smith
    Economista e filosófo escocés, considerado un dos maiores exponentes da economía clásica e de a filosofía da económica. Foi o precursor do liberalismo económico, que avogaba pola liberdade económica na que non existise o control estatal e que estivera rexida pola lei da oferta e da demanda.
    Vídeo: https://youtu.be/F7QfSQveAr8
  • Anarquismo

    Anarquismo
    Sistema filosófico e teoría política que corresponde á ausencia do goberno.
    Propúxoo William Godwin, que afirmaba que a sociedade podía vivir sen leis e restricións dun goberno, logrando o seu equilibrio a través da liberdade dos individuos. Propón principios baseados no fin da propiedade privada e a división de clases sociais, o que supón a ausencia de autoritarismo, opresión e dominación. Apoia a creación de institucións por libre acordo e a educación para desenvolver as capacidades do home.
  • Constitución do Ano VIII

    Constitución do Ano VIII
    A Constitución do Ano VIII, redactada por Pierre Daunou, estableceu un réxime autoritario que concentraba o poder en mans de Napoleón Bonaparte, para salvar a república dunha posible restauración monárquica. Esta, a diferencia das anteriores, non incluía unha declaración sobre os dereitos fundamentais dos cidadáns. O poder executivo recaía no primeiro cónsul: Napoleón Bonaparte, e os outros dous, que tiñan un poder consultivo.
  • Imperio napoleónico como difusor continental dos principios revolucionarios

    Imperio napoleónico como difusor continental dos principios revolucionarios
    Ao conquistar numerosos territorios en Europa, Napoleón difundiu por gran parte do continente algunhas ideas da Revolución, en particular as de liberdade e igualdade ante a lei. Ademais, concentrou todo o poder nel mesmo, como Xefe de Estado e Xefe de Goberno, rodeouse de Estados satélites, cuxo goberno foi entregado a parentes seus: Holanda, España, Westfalia, Nápoles e Italia, e estableceu o bloqueo continental, que impedía aos habitantes do Imperio comprar produtos creados por Gran Bretaña.
  • Nacionalismo

    Nacionalismo
    Ideoloxía que resalta e impulsa a idea que que a nación é o concepto máis importante na constitución dun Estado. Naceu para que cada nación puidera constituirse como Estado dentro dunhas fronteiras en confrontación aos antigos imperios e ás invasións napoleónicas do século XIX. Porén, no século XX, o nacionalismo convértese nun escudo que xustifica o racismo e a xenofobia, así como a conquista doutros países e a superioridade racial.
  • Congreso de Viena

    Congreso de Viena
    Congreso de Viena: encontro internacional convocado na capital de Austria para establecer as fronteiras de Europa logo da derrota de Napoleón Bonaparte e reorganizar as ideoloxías políticas do Antigo Réxime. Pretendía devolver Europa á situación anterior á Revolución Francesa, restablecer as fronteiras nacionais e asegurar un equilibrio do poder que evitase conflitos armados a gran escala.
  • Otto von Bismark

    Otto von Bismark
    Estadista e político alemán, que logrou a unificación alemán e un dos protagonistas das relacións internacionais durante a segunda metade do século XIX. Foi apodado o "Canciller de Ferro", debido á determinación coa que perseguía os obxectivos políticos.
  • Sistema de Restauración

    Caracterizouse por unha estabilidade institucional e a construción dun modelo liberal de Estado xurdido a raíz da revolución industrial, que pretendía volver ao modelo de goberno do Antigo Réxime, así como as fronteiras existentes durante este período de tempo.
    Vídeo: https://youtu.be/eJc2-gA5jDw
  • Revoltas de 1820

    Revoltas de 1820
    Baseadas no liberalismo e nacionalismo, sacudiu con máis forza aos países europeos do sur, especialmente a España. Xurdiron como reacción á Restauración logo da caída do Imperio Napoleónico.
  • Víctor Manuel II

    Víctor Manuel II
    Último rei do reino de Sardeña e o primeiro rei de Italia. Foi o primoxénito de Carlos Alberto I e de María Teresa de Austria. Tamén foi duque de Saboya, príncipe de Piamonte e duque de Xénova. Levou a cabo a Unificación italiana.
    Vídeo: https://youtu.be/ao6aBfkIjDA
  • Revoltas de 1830

    Revoltas de 1830
    Orixinouse en París, para despois desenvolverse en Francia e estenderse ata Bélxica. Foi unha revolta das clases medias e populares contra o rei e o seu goberno autocrático.
  • As bases da nova sociedade de clases

    As bases da nova sociedade de clases
    Logo da industrialización, a sociedade divídese segundo o mérito e o seu capital, polo que a burguesía gaña importancia e convértese nun grupo social moi estendido que acumulaba o poder e as propiedades, aínda así, había dous tipos: a alta burguesía e a baixa burguesía, mentres que o proletariado tamén é indispensable para traballar nas novas industrias que aparecen e máis tarde loitar e reivindicar os seus dereitos laborais e sociais.
  • Revoltas de 1848

    Revoltas de 1848
    Oleada revolucionaria que acabou coa Europa da Restauración (o predominio do absolutismo no continente europeo desde o Congreso de Viena).
  • Sindicalismo

    Sindicalismo
    Movemento que permite a representación dos obreiros mediante o sindicato: unha organización que reúne aos traballadores para a defensa dos seus intereses. Pretende optimizar a situación dos traballadores no mercado laboral desenvolcendo negociacións coas autoridades laborais do goberno e coas empresas para obter melloras (aumento de salarios, redución de horarios, maior protección social, etc.)A súa labor vincúlase á política, pero a esencia está na defensa dos intereses de clase dos obreiros.
  • Unificación de Italia

    Unificación de Italia
    Italia inicia a súa unificación desde o reino de Piamonte, que quita o control dos reinos do norte a Austria. Garibaldi conquista os Estados do sur, e únense ambas, proclamándose o reino de Italia en 1861.
  • Unificación de Alemania

    Unificación de Alemania
    Alemaña inicia unha guerra contra Austria e unifica os estados alemáns do norte en 1866, e en 1870 os Estados do sur incorpóranse. En 1871 proclámase o II Reich (Imperio) Alemán.