-
Period: 2501 BCE to
Precursores dos ordenadores
Os precursores son aqueles instrumentos creados para facer cálculos matemáticos que co paso do tempo, foron cambiando según as necesidades do cálculo da época, sendo cada vez mellores e máis precisas, que favoreceron á evolución dos ordenadores. -
2500 BCE
O ábaco
Este instrumento é considerado o máis antigo empregado para contar. Foi usado principalmente nas actividades comerciais. Estaba composto dun marco ou taboleiro que sostén varios arames paralelos polos que corren unhas bólas. (O ano da súa primeira aparición é aproximado). -
1453
Máquina de suma Da Vinci
Leonardo Da Vinci elaborou un deseño dunha máquina para facer sumas, que anos máis tarde foi construída. -
As táboas de Napier
Jonh Napier fabricou un taboleiro con reborde no que se colocaban as varillas neperianas para realizar as operacións de multiplicación ou división. -
Máquina de calcular
Wilhelm Schickard crea unha máquina que facía sumas, restas, multiplicacións e divisións. -
Pascalina
Blaise Pascal inventou esta máquina que funcionaba con rodas e engrenaxes, capaz de realizar operacións aritméticas con resultados entre os números 0'01 e 999.999'99. -
Roda de Leibniz e a máquina de multiplicar
Gottfried Leibniz inventou a roda escalonada para graduar unidades ,constaba cun conxunto de dentes de lonxitude incremental á que se lle acopla unha roda de conteo, foi un elemento fundamental nas calculadoras creadas até antes da chegada da calculadora electrónica no 1970. Ademáis tamén inventou a máquina de multiplicar baseada do modelo de Pascal no 1692, que podía elevar ao cadrado e tiña menos fallos. -
Telar Jacquard
Charles Jacquard crea a primeira máquina programable, é un telar controlado por tarxeta nas cales os ocos estaban estratéxicamente perforados. -
Arithnometer
Charles Xavier Thomas de Colmar creou esta calculadora capaz de resolver os catro tipos de operacións básicas. -
Máquina diferencial de Babbage
Baseada no telar de Jacquard, deseñada para traballar con vapor, era unha máquina do tamaño dunha locomotora. Tiña como función resolver ecuacións diferenciais. Durante o transcurso do tempo, Babbage comenzó a traballar na primeira computadora de uso xeral ou máquina analítica (1876). -
Máquina tabuladora de Hollerith
Hollerit é considerado o primeiro informático ao dar o paso ao procesamento de datos automatizado co sistema de tarxetas perforadas coa súa máquina. Máis tarde fundou a compañía IBM. -
Atanasoff Berry Computer (ABC)
John Vincent Attanasoff creou unha das primeiras computadoras electrónico-dixitais que usaba números e letras. Usaba o sistema binario para representar todos os números e datos. Realizaba todas as operacións usando a electrónica. A computación estaba separada do sistema de almacenamento. -
Z1
Konrad Zuse creou a primeira computadora libremente programable no mundo que empregou lóxica booleana e números de punto flotante binarios, pero non era fiable na operación. Tiña programación limitada e lía instruccións dunha película de celuloide perforada. Foi destruída en decembro de 1943 nun bombardeo aliado en Berlín. -
Colossus Mark 1
Dr. Howard H. Aiken da Universidade de Harvard crea Mark I, programábase recibindo as súas secuencias de instruccións a través dunha cinta de papel. Na cinta ían perforadas as instruccións e números que transferíanse dun rexistro a outro polo medio de señais eléctricas, capaz de realizar operacións aritméticas e cálculos complexos de ecuacións. Pesaba cinco toneladas e contaba cunha lonxitude de 15 m. Utilizouse para descifrar as comunicacións dos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. -
Period: to
Primeira xeración
Os ordenadores estaban compostos por electroválvulas, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas, perforadas. -
Z3
Konrad Zuse creou a primeira máquina programable e completamente automática, coas características usadas para definir a un computador. Estaba construído con 2200 relés, tiña unha frecuencia de reloxo de 5 Hz, e unha lonxitude de palabra de 22 bits. Os cálculos eran realizados con aritmética en coma flotante puramente binaria. A orixinal foi destruída nun bombardeo aliado en Berlín no 1944. -
ENIAC
Foi a primeira computadora eléctronica de propósito xeral creada na Universidade de Pennsylvania, empregada polo Laboratorio de Investigación Balística do exército dos EE.UU. Realizaba os cálculos de maneira inmediata e facía tarefas antes imposibles. Na súa construcción utilizaron válvulas de baleiro e necesitaba un potente sistema de refixeración. A entrada e saída de datos facíase mediante tarxetas perforadas. -
Invención do transistor
John Bardeen, Walter H. Brattain e William Shockley nos Laboratorios bell inventan o transistor, que permitía procesar información dunha maneira máis rápida e máis fiable que os tubos de baleiros. Pero o gran avance produciuse en o tamaño físico dos transistores que reducían as súas dimensións de unha forma moi notable xa que onde antes situábase un tubo sen carga agora podían colocarse 200 dos novos transistores. -
Period: to
Segunda xeración
As electroválvulas remplazáronse polos transistores, polo que o tamaño das computadoras reduciuse considerablemente e eran máis eficientes, tamén contan coas primeiras memorias. Impoñense as primeiras linguaxes de programación. -
UNIVAC 1
O primeiro ordenador con propósitos comerciais, creado por Mauchly y Eckert. UNIVAC 1 tiña a capacidade de ser programable cunha linguaxe de programación. Tamén empregaba tubos de baleiro e tarxetas perforadas. -
EDVAC
John Von Neumann propuxo unha versión modificada do ENIAC; o EDVAC, que se construíu en 1952. Esta máquina presentaba dúas importantes diferenzas respecto ao ENIAC: En primeiro lugar empregaba aritmética binaria, o que simplificaba enormemente os circuítos electrónicos de cálculo. En segundo lugar, permitía traballar cun programa almacenado. Non necesitaba unha modificación da cablaxe para cada novo programa, podendo procesar instrucións tan rápido como os datos. -
Fibra óptica
É un filamento transparente e delgado, usualmente feito de vidro ou plástico para transmitir sinais de luz a través de moita distancia. É empregado en redes de datos pola gran cantidade e velocidade de transmisión. A súa creación foi un longo proceso de investigacións e experimentos que a levan ata como a coñecemos o día de hoxe. Xa existen diferentes tipos de fibras ópticas. No 1956 a Universidade de Míchigan a usou para a transmisión de imaxes, e a patentou. -
Circuíto integrado
Jack S. Kilby constrúe o primeiro circuíto integrado ou chip. A integración de grandes cantidades de diminutos transistores en pequenos chips foi un enorme avance fronte al válvulas de baleiro de fai apenas unha década. A capacidade de produción masiva de circuítos integrados, a súa confiabilidade e a facilidade de agregarlles complexidade, levou á súa estandarización, xa que tamén eran menos custosos e máis eficientemente enerxéticos. -
Period: to
Terceira xeración
Aparece o chip de silicón, moito máis eficiente que os sistemas anteriores e que reducía moito o tamaño e o prezo dos ordenadores, polo que comenzáronse a comercializar en masa. Tamén invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiron a multiprogramación, entre outras funcións. -
COBOL
COmmon Business Oriented Language é unha das primeiras linguaxes de programación compilada similar á lingua na súa sintaxe. Emprégase especialmente en empresas, en finanzas e en equipos da administración; fundamentalmente en servidores de empresas. O seu creador é CODASYL baseada no traballo de Grace Hopper. -
Syncom 2
A NASA lanza o Syncom 2, o primeiro satélite de comunicacións que establece a primeira comunicación telefónica vía satélite. -
ARPANET
ARPANET (Advanced Research Projects Agency Network) foi unha rede desenvolvida polo Departamento de Defensa norteamericano a partir de 1966 e e que consistía na conexión de varias redes de ordenadores sen un centro neurálxico e que deu orixe, co tempo, á actual internet. A primeira ligazón entre universidades realizouse en 1969. En 1984 os servizos militares de ARPANET pasaron a MILNET, que deron lugar ao primeiro internet. -
Microprocesador
A empresa Intel Corporation crean o Intel 4004, deseñado para a fabricación de calculadoras de peto. O primeiro microprocesador en saír ao mercado foi o Intel 8008, empregado nos IBM PC. Eran máis pequenos e potentes ca os chips. -
Period: to
Cuarta xeración
Os microprocesadores melloraban moito a potencia e a memoria dos ordenadores. Aparecen tamén os Sistemas operativos de tempo compartido. Creánse as primeiras redes de comunicación e despois Internet. -
Sistema multiusuario
IBM crea terminales dependentes dun ordenador central: varios usuarios á vez. Despois de varios anos, o DOS (Disk Operating System) o primeiro sistema multiusuario integrouse a Windows. Este sistema xa está descontinuado e hoxe empregase similares para a interpretación de ordes. -
Apple II
Steve Jobs e Stephen Wozniak crean o Apple II nun garaxe, que orixina a actual empresa Apple Inc. O seu procesador era de 8 bits (MOS 6502), programaba no linguaxe BASIC. Os seus gráficos eran a cor e de alta resolución de son. Para o almacenamento de datos usou unha unidade de disco externo. -
IBM PC
O IBM PC ou ordenador persoal de IBM é unha marca comercial da compañía IBM. Debido ao éxito do IBM PC, o termo xenérico PC converteuse en algo común para todas as microcomputadoras compatíbeis coa especificación IBM. O sistema operativo destes ordenadores foi Microsoft, co sistema operativo MS-DOS, xa en pleno apoxeo. Foi un dos primeiros ordenadores persoais. -
Hispasat
Hispasat (fundada en 1989) lanza no verán do 1992 o primeiro satélite de comunicacións de España. É unha empresa española de satélites de comunicacións, que ofrece cobertuda en América, Europa e Norte de África. Estes satélites permiten distribuír máis de 1300 canais de TV e radio a máis de 30 millóns de fogares, tamén ofrece servicio de banda larga en fixos e móbiles. -
WiMAX
Worldwide Interoperability for Microwave Access é unha norma de transmisión de datos que utiliza as ondas de radio nas frecuencias de 2,5 a 5,8 Ghz e pode ter unha cobertura ata de 70 km. É unha tecnoloxía dentro das coñecidas como tecnoloxías de última milla, tamén coñecidas como bucle local que permite a recepción de datos por microondas e retransmisión por ondas de radio. -
Period: to
Quinta xeración
A intelixencia artificial está aínda en desarrollo, pero xa existen funcións coma o reconocemento de voz. A computación cuántica e a nanotecnoloxía molecular cambiarán a cara das computadoras nos próximos anos.