Silvar Pérez- Historia de Galicia

  • 711

    Galicia na alta Idade Media (711-1037)

    Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica remata o reino visigodo e desaparece a monarquía visigoda.
    Durante o s. VIII, Gallaecia mantense á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise integrando no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e de Ordoño I.
    A economía galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixo rendemento. A sociedade, caracterízase pola presenza de campesiñado, conservando ós servos.
    Aparece Santiago como referente espiritual e ideolóxico.
  • 1037

    Plena Idade Media (1037-1284)

    Nestes séculos Galicia define o territorio que conserva ata a actualidade.
    No s. XII (Era Compostelá), Galicia xogou un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
    Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III, Galicia pasa a un segundo plano político.
    Nestes séculos, as aldeas enchen os espazos rurais, xorden as parroquias, configúranse os dominios eclesiásticos e, as cidades, crecerán integradas na contorna rural.