Cristobal colon descubrimiento america

OS GRANDES DESCUBRIMIENTOS XEOGRÁFICOS

  • 1487

    Chegada ao cabo de Boa Esperanza (ou das Tormentas)

    Chegada ao cabo de Boa Esperanza (ou das Tormentas)
    Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza,deixando aberto o paso cara
    o océano Índico.
  • Apr 17, 1492

    Capitulación de Santa Fe

    Capitulación de Santa Fe
    Foi un acordo entre os reis catolicos e Colon polo que establecíase que as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón
    recibiría os títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte das riquezas
    que atopase.
  • Nov 12, 1492

    Descubrimento de America

    Descubrimento de America
    Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves:
    a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os
    ventos alisios e o 12 de outubro de 1492 chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron
    Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana).
  • Jun 7, 1494

    Tratado de Tordesillas

    Tratado de Tordesillas
    Para evitar conflitos con Portugal, os Reis Católicos asinaron o Tratado de Tordesillas. Este
    documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as
    terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal.
    Creáronse os dous grandes imperios ultramarinos da Idade Moderna
  • 1498

    Expedición a India

    Expedición a India
    a expedición de Vasco da Gama alcanzou a India e abriu o camiño
    para novas expedicións ás illas das Especias (actual Indonesia).
  • Sep 19, 1513

    Descubrimento do Pacífico

    Descubrimento do Pacífico
    Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente.
  • Period: 1519 to 1522

    Primeira volta ao mundo

    Levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición, dirixida por Fernando de
    Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos
    Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.