-
-
Nace Nikola Tesla
Serbio de etnia, pertencía ao Imperio AustroHúngaro (actual Croacia)
A fama de Tesla rivalizaba coa de calquera inventor ou científico na historia, pero debido á súa personalidade excéntrica e ás súas afirmacións aparentemente incribles e algunhas veces case inverosímiles, acerca do posible desenvolvemento de innovacións científicas e tecnolóxicas, Tesla foi finalmente relegado ao ostracismo e considerado un científico tolo. -
Edisón patenta unha lámpada que funcionaba 48 horas seguidas.
Realmente non foi o inventor da lámpada incandescente, senón que a perfeccionou.
O invento fora desenvolvido primeiramente por Humphry Davy e perfeccionado por Warren de la Rue.
Edison, tras moitos intentos, conseguiú un filamento que acadaba a incandescencia sen fundirse.
Ese filamento non era de metal senón de bambú carbonatado. -
GUERRA DAS CORRENTES ELÉCTRICAS
Foi unha competencia económica polo control do incipiente mercado eléctrico. George Westinghouse e Thomas Edison convertéronse en adversarios debido á promoción da corrente continua de Edison para a distribución de enerxía eléctrica e que á súa vez estaba en contra da corrente alterna defendida por Westinghouse e Nikola Tesla, -
NiKola Tesla chega a Nova York
Artigo MICROSIERVOSCon 28 anos e unha carta de recomendación para Tomas Alva Edisón dun dos seus socios en Europa que decía así "Querido Edison: coñezo dous grandes homes e vostede é un deles. O outro é este mozo"
Naquela época Tesla estaba moi interesado no estudo da corrente alterna, algo que Edison vía en parte como competencia ás súas instalacións de corrente continua. -
George Westinghouse
Rico empresario Fundou a Westinghouse Electric para competir coa General Electrics de Edisón.
Titular das máis de 400 patentes creadas por Nikola Tesla.
Foi o principal responsable da adopción dos conceptos de Nikola Tesla sobre a corrente alterna para a subministración de enerxía eléctrica en Estados Unidos para o cal tivo que vencer a oposición de Edisón que era partidario da corrente continua.