-
A invención da máquina de Turing
A máquina de Turing foi unha máquina inventada polo inglés matemático Alan Turing. Esta máquina, inventada durante a 2ª Guerra Mundial descifrou as mensaxes encriptadas por parte dos inimigos e axudou a acabar esta guerra dous anos antes do que se prevía que ía durar. A creación da máquina de Turing axudou moito ó mundo da informática, xa que esta máquina está considerada como a predecesora das computadoras. -
Aparición dos ordenadores de 1ª xeración
Esta xeración identifícase polos "tubos de vacío", coñecidos como bulbos electrónicos, que tiñan o tamaño dun foco de luz casero.
Estas máquinas diferenciábanse das máquinas de cálculo anteriores en que agora o procesador electrónico podía tomar decisións lóxicas. Isto é posible se a persoa comunicou previamente á máquina como comportarse nos diferentes casos posibles. -
O primeiro ordenador dixital, a ENIAC
ENIAC, foi unha das primeiras computadoras dixitais de propósito xeral. Foi inicialmente deseñada para calcular táboas de tiro de artillería destinadas ó Laboratorio de Investigación Balística do Exército de EEUU. Os enxeñeiros leváronse o mérito pola construción, pero foron seis mulleres quenes a programaron: Betty Snyder Holberton, Jean Jennings Bartik, Kathleen McNulty Mauchly Antonelli, Marlyn Wescoff Meltzer, Ruth Lichterman Teitelbaum e Frances Bilas Spence. -
Aparición dos ordenadores de 2ª xeración
Esta xeración nace co uso do "transistor", que substituiu ós bulbos electrónicos. O transistor foi inventado en 1948 por Walter H. Brattain, John Bardeen e William B. Shockley. O transistor é un pequeño dispositivo que transfiere sinais eléctricas a través dunha resistencia. As vantaxes dos transistores sobre os bulbos son: o seu menor tamaño, non necesitan tempo de calentamento, consumen menos enerxía e son máis rápidos e confiables. -
A invención de ARPANET, o predecesor de Internet
ARPANET foi unha red de computadoras creada por encargo do Departamento de Defensa dos Estados Unidos para utilizala como medio de comunicación entre as diferentes institucións académicas e estatais.O primeiro nodo foi creado na Universidade de California en Los Ángeles , e foi a espina dorsal de Internet ata 1990, tras finalizar a transición ó protocolo TCP/IP, iniciada en 1983. -
Aparición dos ordenadores de 3ª xeración
Os ordenadores de 3ª xeración apareceron co desarrollo dos circuitos integrados. Estes estaban feitos con pastillas de silicio nas que se colocan miles de componentes electrónicos en miniatura. As computadoras novamente fixéronse máis pequenas, máis rápidas, desprendían menos calor e eran enerxeticamente máis eficientes. A creación do primeiro chip foi en 1958 polo enxeñeiro Jack S. Kilby, o que deu anos máis tarde orixe á terceira xeración de computadoras. -
A invención de Internet
Internet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP, o cal garantiza que as redes físicas heteroxéneas que a componen constitúan unha red lóxica única de alcance mundial. A súa orixe remóntase a 1969, cando se estableceu a primeira conexión de computadoras, conocida como ARPANET, entre tres universidades en California (Estados Unidos). -
Aparición dos ordenadores de 4ª xeración
Dous melloras na tecnoloxía das computadoras marcan o inicio da cuarta xeración, o reemplazo das memorias con núcleos magnéticos polas de chips de silicio e a colocación de moitos máis compoñentes nun Chip, produto da microminiaturización dos circuitos electrónicos. O tamaño reducido do microprocesador e de chips fixo posible a creación das computadoras personales (PC). -
Aparición dos ordenadores de 5ª xeración
O período de quinta xeración comezou no 1980. Esta xeración está basada en hardware e software de AI (Inteligencia Artificial) de procesamento paralelo. AI é unha rama emerxente en informática, que interpreta medio e método de fabricación de ordenadores como seres humanos. Todos os idiomas de alto nivel como C e C++, Java,. net, etc., son utilizados nesta xeración. -
A primeira victoria dun ordenador contra o campeón vixente do xadrez
En 1996 o campeón de xadrez ruso, Garry Kasparov enfrentouse ó ordenador Deep Blue a un xogo de xadrez ó mellor de 6 partidas.
O resultado foi favorable ó xogador ruso que, ganando 3 partidas, empatou dos e perdeu unha, dando un global de 4-2 . Sin embargo, foi a primeira vez que un ordenador ganou ó campeón do mundo.