Ancient egypt history in hieroglyphic language at karnak

O antigo Exipto

  • Period: 3100 BCE to 2181 BCE

    IMPERIO ANTIGO

  • 3050 BCE

    Fúndase a cidade de Menfis

    Fúndase a cidade de Menfis
    Situada ao comezo do delta do Nilo, esta cidade foi a capital de Exipto durante o Imperio Antigo.
  • 2610 BCE

    Morte de Imhotep

    Morte de Imhotep
    Imhotep foi sumo sacerdote, conselleiro e arquitecto do faraón Zoser. É considerado como o "primeiro enxeñeiro da Historia".
  • 2570 BCE

    Remate da gran pirámide de Keops

    Remate da gran pirámide de Keops
    A máis grande e sonada das pirámides de Exipto.
  • 2400 BCE

    Ra convértese no deus principal dos exipcios

    Ra convértese no deus principal dos exipcios
    En torno a este século os sacerdotes de Heliópole establecen o deus solar Ra como o máis importante do panteón exipcio.
  • Period: 2181 BCE to 2055 BCE

    PRIMEIRO PERÍODO INTERMEDIO

  • 2061 BCE

    Inicio do reinado de Mentuhotep

    Inicio do reinado de Mentuhotep
    Este faraón conseguiu reunificar todo Exipto baixo o seu poder. Considérase o fundador do Imperio Medio.
  • Period: 2055 BCE to 1795 BCE

    IMPERIO MEDIO

    SEGUNDO PERÍODO INTERMEDIO
  • 1900 BCE

    Comeza a construción do santuario de Karnak

    Comeza a construción do santuario de Karnak
    Karnak foi o complexo relixioso máis importante do antigo Exipto, con templos e recintos adicados a varias divinidades.
  • 1889 BCE

    Inicio do reinado de Sesostris III

    Inicio do reinado de Sesostris III
    Durante o seu reinado os exércitos faraónicos conquistaron Nubia e Exipto acadou a súa maior extensión territorial.
  • Period: 1795 BCE to 1550 BCE

    SEGUNDO PERÍODO INTERMEDIO

  • Period: 1550 BCE to 1069 BCE

    IMPERIO NOVO

  • 1490 BCE

    Inicio do reinado de Hashepsut

    Inicio do reinado de Hashepsut
    Hashepsut foi a terceira muller en ocupar o cargo de faraón de Exipto grazas ao apoio dos sacerdotes.
  • 1352 BCE

    Inicio do reinado de Akenatón

    Inicio do reinado de Akenatón
    Durante o seu reinado intentou establecer o culto a un único deus: Atón, o disco solar.
  • 1347 BCE

    Inicio do reinado de Tutankamón

    Inicio do reinado de Tutankamón
    Tutankamón gobernou unicamente durante 9 anos, pero é un dos faraóns máis famosos por que a súa tumba foi atopada intacta.
  • 1279 BCE

    Inicio do reinado de Ramses II

    Inicio do reinado de Ramses II
    Un dos faraóns máis conñecidos na actualidade debido á gran cantidade de resto arquitectónicos que se conservan do seu reinado.
  • 1274 BCE

    Batalla de Qadesh

    Batalla de Qadesh
    Batalla que enfrontou ao exército de Ramses II contra unha gran forza do reino hitita. O faraón fixo crer aos exipcios que fora unha gran vitoria, pero na actualidade sabemos que o resultado foi semellante a un empate.
  • Period: 1069 BCE to 715 BCE

    TERCEIRO PERÍODO INTERMEDIO

  • Period: 715 BCE to 30 BCE

    BAIXO IMPERIO

  • 662 BCE

    Os asirios conquistan Exipto.

    Os asirios conquistan Exipto.
    O emperador asirio Asurbanipal saquea a cidade de Tebas e incorpora Exipto aos seus dominios.
  • 525 BCE

    Os persas conquistan Exipto

    Os persas conquistan Exipto
    O emperador persa Cambises II incorpora Exipto ao imperio.
  • 332 BCE

    Alexandre Magno toma o control de Exipto

    Alexandre Magno toma o control de Exipto
    Exipto é incorporado ao enorme imperio universal de Alexandre.
  • 305 BCE

    Ptolomeo coróase faraón

    Ptolomeo coróase faraón
    Ptolomeo inicia a última dinastía do antigo Exipto nomeándose a si mesmo gobernante independente.
  • 47 BCE

    Nace Ptolomeo XV César

    Nace Ptolomeo XV César
    Fillo de Cleopatra, última raíña de Exipto, e Xulio César, estaba destinado a ser o herdeiro da súa nai. Foi asasinado por Octavio Augusto, o primeiro emperador de Roma, e nunca chagou a gobernar.
  • 30 BCE

    Exipto convértese en provincia do Imperio Romano

    Exipto convértese en provincia do Imperio Romano
    Octavio Augusto somete Exipto ao poder de Roma. Exipto será unha das provincias máis importantes e abastecerá de comida á propia capital imperial.