Mulleres Empresarias

  • MANUELA BARREIRO

    MANUELA BARREIRO
    Foi a primeira licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago e sétima en España, tivo que solicitar permisos especiais ao ministerio para estudar e para exercer. Un ano despois de obter o título, continuou despexando o camiño ao abrir a súa propia botica en Ribadeo, que rexentou até a súa xubilación. Foi tamén a primeira muller galega en conseguir o título de Bacharelato.
  • CARMELA ARIAS E DÍAZ DE RABAGO

    CARMELA ARIAS E DÍAZ DE RABAGO
    NACEMIENTO: 20 de novembro de 1920 (A Coruña). Primeira muller en España que accedeu á Presidencia do Consello de Administración dun BANCO.
    Foi nomeada polo Consello de Administración do Banco Pastor e foi vicepresidencia de Forzas Eléctricas do Noroeste (Fenosa). Dende ese momento, a súa labor encamiñase a perpetuar o legado do seu esposo nas súas dúas vertentes: a empresarial e a de mecenado.
  • MARY QUINTERO

    MARY QUINTERO
    converteríase nunha reputada fotógrafa, aínda que sempre acompañada polo seu pai ata que casou. Co tempo abriu o seu estudo propio en Vigo para o que tivo que asinar o seu pai o contrato xa que a ela non llo alugaban, eran outros tempos para as mulleres. “Ía a congresos de tres días eu soa, o resto eran todo homes e agora vexo a tantas". Recibiu o premio Empresarias de Galicia.
  • ROSALIA MERA GOYENECHEA

    ROSALIA MERA GOYENECHEA
    Chegou a ser considerada pola revista «Forbes» a muller máis rica de España e a terceira maior fortuna do país. Foi durante anos a muller máis poderosa do país, a outra mente detrás de Inditex. Da súa man saíron as primeiras batas que desembocarían no éxito da firma téxtil. Creadora da Fundación Paideia, dedicada á integración socio-laboral de discapacitados, e do viveiro de empresas Mans, apoiaba tamén ás mulleres do rural.
  • PURIFICACIÓN GARCÍA

    PURIFICACIÓN GARCÍA
    É unha das figuras máis internacionais da moda española dende os 80 e unha das primeiras en dar a coñecer no exterior o deseño nacional. Comezou a súa andaina fai case catro décadas, unha prolífera traxectoria (ao longo da que desfilou por Madrid, Barcelona, Milán ou Xapón) recoñecida no 2017 co Premio Nacional de Moda.
  • PILI CARRERA RODRIGUEZ

    PILI CARRERA RODRIGUEZ
    O seu negocio segue sendo familiar, pero sobre todo, coa súa filla Salomé á fronte da firma, segue sendo feminino.
    A súa empresa naceu no 1963 e hoxe en dia a marca “Pili Carrera” está consolidada e venden a persoas de alto nivel.
  • NADIA MARIA CALVIÑO SANTAMARIA

    NADIA MARIA CALVIÑO SANTAMARIA
    Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense e en Dereito pola UNED. Na administración española, exerceu de directora xeral da Comisión Nacional da Competencia. Pertence ao Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado. Pasou á Comisión Europea en 2006. Alí ocupou os postos de directora xeral adxunta. Desde 2014 foi directora xeral de Orzamentos, baixo o mando do comisario europeo alemán Günther Oettinger.
  • EMMA LUSTRES

    EMMA LUSTRES
    é unha produtora de cine galega. No ano 2003 fundou na Coruña a empresa Vaca Films, na que traballa dende entón como produtora executiva. O seu traballo conseguiu colocar ao cinema con selo galego entre os grandes do sector. É a responsable da produción de títulos como O descoñecido, El niño ou Celda 211 pola que gañou o Goya á mellor película no ano 2010. Traballa xéneros de acción, thriller e en menor medida comedia.
  • TERESA FERNÁNDEZ-VALDES

    TERESA FERNÁNDEZ-VALDES
    Formouse en Galicia onde cursou o Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña.
  • UXÍA e MARÍA DOMÍNGUEZ

    UXÍA e MARÍA DOMÍNGUEZ
    As dúas irmás son sobriñas do diseñador Adolfo Domínguez. Crearon no ano 2005 a súa firma “Bimba e Lola”, tres anos despois comezaron a internacionalizar a súa marca cunha tenda en París e no 2010 deron o salto a venda online.
  • LUCÍA FREITAS

    LUCÍA FREITAS
    Cociñeira e propietaria dun restaurante en Santiago. Sempre quixo ser cociñeira, un soño cumprido con fartura. Foi escollida no 2016 como a segunda mellor cociñeira do ano no salón Alimentaria. Membro do grupo Nove, é unha das cociñeiras españolas con maior proxección internacional. Propietaria do coñecido restaurante A Tafona Casa de Xantar, ten previsto abrir un segundo local en Santiago.