Descarga

Historia da informática

  • Charles Babbage anuncia o motor de análise

    Charles Babbage anuncia o motor de análise
    Un ordenador moderno de propósito xeral que supuxo un gran avance na historia da informática. A súa finalidade xeral era unha máquina que puidese ser programada polo usuario, capaz de executar as instrucións e comandos desexados. Era de natureza mecánica e xa tiña moitas das partes dun ordenador moderno. Podía almacenar 1000 números de 50 díxitos cada un.
  • Period: to

    Primeira Xeración

    Basease na tecnoloxía do tubo de baleiro. Este é un período no que se construíron moitas máquinas de calcular que, polo seu gran tamaño, precisaban dun sofisticado sistema de refrixeración e funcionaban moi lentamente.
  • Period: to

    Segunda Xeración

    Os seus protagonistas son os transistores, que solucionaron o problema do tamaño e do quecemento dos ordenadores, xa que se trata dun semicondutor eléctrico capaz de imitar e reproducir un proceso lóxico.
  • Primeiro prototipo de calculadoras de escritorio

    Primeiro prototipo de calculadoras de escritorio
    Alá polo ano 1954, IBM presentou en EEUU a primeira calculadora electrónica do mundo, feita con transistores, algo dos máis revolucionarios e tecnolóxicos para a época. Era dun tamaño considerable (como levala a clase) e o seu prezo podía roldar os 80.000 dólares.
  • Period: to

    Terceira Xeración

    Céntrase na tecnoloxía dos microcircuítos integrados, dos que xorden os teleprocesos.
  • Creación de ARPANET

    Creación de ARPANET
    ARPANET non era máis que unha pequena rede informática que foi creada por orde do Departamento de Defensa dos Estados Unidos. Fixérono como medio de comunicación para as distintas organizacións do país.
  • É enviado o primeiro e-mail

    É enviado o primeiro e-mail
    A primeira mensaxe foi enviada por Ray Tomlinson. No que atopamos as primeiras letras do teclado do ordenador. Un texto indescifrable sen máis significado.
  • Period: to

    Cuarta Xeración

    Aparecen microprocesadores e ordenadores persoais, redes, procesos compartidos e interactivos, e tamén se diversifica o seu uso.
  • IBM lanza o "PC"

    IBM lanza o "PC"
    IBM alcanzou un fito na historia da humanidade en xeral e da informática en particular: conseguiu, coa comercialización do ordenador persoal, ou PC, que a informática deixase de ser un misterio oculto para a maioría, e se convertese en algo útil e práctico para todos.
  • Period: to

    Quinta Xeración

    A intelixencia artificial comeza a utilizarse, tanto no hardware como no software, para resolver problemas complexos como a tradución automática dunha lingua a outra. Esta quinta xeración, na que vivimos actualmente, está a conseguir cambios verdadeiramente espectaculares na evolución da informática, a través dun procesamento máis rápido, desenvolvemento de programas, desenvolvemento multimedia e avances en intelixencia artificial e realidade virtual, entre outras moitas sorpresas por vir.
  • Tim Berners-Lee escribe o primeiro sitio web

    Tim Berners-Lee escribe o primeiro sitio web
    Foi exactamente o 20 de decembro de 1990 cando Berners-Lee, un científico británico, subiu esta páxina aos servidores do CERN, coa misión de explicar os principios básicos do que ía ser a web moderna.