-
19
1870-A ÉPOCA DOS IMPERIALISMOS E A 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Ao longo do s XIX a sociedade foi mudando. Podemos dicir que se formaron dúas clases sociais: a burguesía (que monopoliza o poder social, económico e político) e o proletariado, a clase obreira (campesiños e obreiros das industrias).
Os primeiros buscan manter o seu poder e aumentar os seus capital (de aí o nome de capitalismo); os segundos, mellorar as súas condicións de vida e traballo. -
20
1914: A ÉPOCA DOS IMPERIALISMOS E A 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Nesta etapa, lévase a cabo unha segunda revolución industrial que cambia o mundo: o petróleo, a electricidade, o motor de combustión interna, o automóbil....
Europa lánzase á conquista dos “espazos baleiros de poder” en África e Asia, na procura de materias primas e mercados para a súa industria. É o Imperialismo. -
20
1914- DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
Debido a rivalidades entre as potencias europeas, estala a I Guerra Mundial (1914-18). Mentres tanto, en 1917 os bolxeviques poñen fin ao réxime dos tsares en Rusia: e a Revolución – comunista – rusa. -
20
1945: DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
Unha vez rematada a I Guerra Mundial e debido á situación en Europa (sobre todo en Alemaña), agravada pola gran crise económica de 1929 (o Crack do 29), crecen as ideoloxías totalitarias (fascistas - a Italia de Mussolini - e nazis- a Alemaña de Hitler), que conducen a unha rúa sen saída: a II Guerra Mundial (1939 – 45). -
20
1945- CARA AOS XXI
Da II Guerra Mundial saíron dous grandes vencedores: EE.UU. (capitalista) e a URSS (comunista), que se ven enfrontadas na chamada Guerra Fría, cun escenario principal en Europa (co chamado “pano de aceiro”) e outros secundarios ( Vietnam, Corea ...). -
20
1945 : CARA AOS XXI
Mentres, nos anos sesenta, os países africanos e asiáticos colonizados no s XIX polas potencias europeas, comezan os seus proceso de independencia. Como exemplo máis coñecido podemos citar á India de Ghandi.
1989 é un ano crucial para Europa e para o mundo. Cae un símbolo –o Muro de Berlín– e con el a Guerra Fría (desaparace a URSS ). -
21
1945 – 2016: CARA AOS XXI
O 11 setembro de 2001 un ataque de Al Qaeda ao World Trade Center de Nova York ( as Torres Xemelgas ) a cargo dun grupo terrorista islámico parece poñer sobre a mesa o enfrontamento entre o Islam e o sistema capitalista occidental. Boa proba diso son a Guerra de Afganistán ou a de Irak. -
21
1945 – 2016: CARA AOS XXI
Nos últimos anos, a globalización, a tecnoloxía dixital, internet fixeron do mundo o que algúns denominan unha “aldea global“. Pero nun mundo que acadou tal grao de avance económico, industrial, científico e tecnolóxico, aínda hai case mil millóns de persoas que pasan fame, grandes desigualdades, o cambio climático, o problema dos residuos ... -
O SECULO DAS LUCES:A ILUSTRACION
Durante o s. XVIII xorde un movemento intelectual que pon en dúbida e critica o que se viña en chamar Antigo Réxime (Absolutismo e Sociedade estamental, en que o monarca e nobres ostentaban o poder). Os ilustrados pensaban que podían iluminar o mundo ( segundo eles nas tebras ) coas luces da razón. -
Period: to
A CONSTRUCIÓN DO MUNDO CONTEMPORÁNEO: AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS (LIBERALISMO E REVOLUCIÓN INDUSTRIAL )
Durante aproximadamente un século, unha nova clase social – a burguesía – foi levando a cabo dous tipos de transformacións:
- Económicas: a revolución industrial ( a do carbón e a máquina de carbón, o ferrocarril )
- Políticas: as revolucións, primeiro en Francia ( 1789 ) e logo no resto de Europa ( 1820, 1830, 1848 )
Consolidan así a súa ideoloxía económica e política: o Liberalismo.