-
Piano
O primeiro piano construíuno en Italia Bartolomeo Cristofori. Unha das diferenzas co seu antecesor, o clavicordio, era que se podía modificar o volume. -
Máquina de escribir
O seu inventor foi Henry Mill, quen patentou un aparello co cal era posible imprimir as letras unha tras outra, -
Máquina de vapor
En 1768, James Watt construíu o primeiro modelo dunha máquina de vapor -
Máquina de coser
O inglés Tomás Saint patentou este aparello, que estaba destinado fundamentalmente a traballos en coiro. -
Bicicleta
Os antepasados directos da bicicleta actual foron os vehículos de dúas rodas ideados polo conde Mede de Sivrac. Tratábanse de dúas rodas de madeira unidas entre si por un madeiro horizontal ríxido. Sobre esta subíase o condutor, que se impulsaba cos pés, apoiándoos no chan sucesivamente. -
Lente de Fresnel
A Lente de Fresnel, chamada así polo seu inventor Augustin Fresnel, é un deseño de lentes que permite a construción de lentes de gran apertura e unha curta distancia focal sen o peso e volume de material que debería usar nunha lente de deseño convencional. -
Teléfono
Ao redor do ano 1857 Antonio Meucci construíu un teléfono para conectar a súa oficina co seu dormitorio, e acabou estendendose a idea por todo o mundo. -
Fonógrafo
Cando Thomas Alva Edison anunciou a invención do seu primeiro fonógrafo, a primeira peza interpretada foi " Mary had a little lamb" ("María tivo un corderito") o 21 de novembro de 1877, mostrou o dispositivo por primeira vez o 29 de novembro dese mesmo ano e patentouno o 19 de febreiro de 1878 -
Coca-Cola
John Stith Pemberton Nun primeiro momento, quería atopar a cura ás dores de cabeza e á tensión, Pemberton experimentou coa noz de cola e a coca. A bebida, que combinaba lima, canela, follas de coca e sementes de arbusto brasileiro, foi chamada por algúns como «o elixir médico».