-
Revolución Industrial
É o proceso de transformación económica, social e tecnolóxica que se iniciou no ano 1760 no Reino de Gran Bretaña. Rematou no ano 1840. -
Máquina de vapor
Aínda que a primeira máquina de vapor foi creada en 1633, a que revolucionou o mundo e foi realmente relevante foi a que creou James Watt no ano 1769 en Glasgow, Escocia. Foi a primeira con cámara de condensación externa de uso práctico. -
Revolución Francesa
Foi un conflicto social e político que enfrentaba a partidarios e opositores do Antiguo Réxime en Europa. Comezou en Francia no ano 1789 e finalizou no ano 1799. -
Telégrafo
Foi o físico estadounidense Joseph Henry quen creo o primeiro telégrafo. Samuel Morse impulsou moito o uso disto coa creación do código que leva o seu nome. -
Teléfono
Foi creado polo inventor italiano Antonio Meucci co obxectivo de falar coa súa esposa, inmovilizada en cama a causa dunha enfermidade, dende a oficina. -
Radio
Inventada polo físico italiano Guillermo Marconi, conectando por primeira vez na historia Europa e América mediante unha sinal radiotelegráfica. -
Televisor
O primeiro televisor comercial foi creado polo escocés John Logie Baird. El mesmo tamén desenvolveu o primeiro sistema de televisión pública e o primeiro tubo da televisión a color. -
Semiconductores
William Shockley, físico estadounidense e investigador dos Laboratorios Bell, inventou, xunto con Walter Houser Brattain e John Bardeen, o primeiro dispositivo semiconductor de Xermanio. -
Transistor
O primeiro (o transistor bipolar) foi desenvolvido por John Bardeen, Walter Houser Brattain e William Bradford Shockley nos Laboratorios Bell, nos Estados Unidos. Era un proxecto que tiña como obxectivo atopar un sustituto para as válvulas de vacío. -
eMail
O primeiro intercambio de correos electrónicos entre dous distintos ordenadores levouno a cabo no ano 1971 o enxeñeiro estadounidense Ray Tomlinson, o cal traballaba na empresa encargada de poñer en marcha Arpanet: Bolt Beranek and Newman. -
Internet
Creouno o Departamento de Defensa dos Estados Unidos ao aplicar o protocolo TCP/IP na súa rede Arpanet, dando lugar así á rede Arpa Internet, que logo evolucionou para chamarse unicamente Internet. -
Web 1.0
No ano 1991 a primeira páxina web, creada por Tim Berners-Lee usando unha computadora NeXT, é publicada na rede. -
Facebook
Foi creado en febreiro de 2004 por Mark Zuckerberg, que é o actual director executivo, en Massachusetts, nos Estados Unidos. -
Web 2.0
A primeira vez que se mencionou este término foi nunha conferencia en outubro de 2004 pola empresa estadounidense O'Reilly Media, coñecida pola súa editorial de libros sobre tecnoloxía. -
WhatsApp
Foi fundada polo ucraniano-estadounidense Jan Koum e o estadounidense Brian Acton nos Estados Unidos en febreiro de 2009. Foi adquirida no 2014 por Facebook por 19.000 millóns de dólares. -
Instagram
Fundada en San Francisco por Kevin Systrom e Mike Krieger en outubro de 2010. Foi adquirida por Facebook por 1.000 millóns de dólares en 2012. -
TikTok
Tiktok naceu en novembro de 2017 a partir da app china Douyin, que foi fusionada coa app estadounidense Musical.ly, a cal a comprara Bytedance (a empresa que desenvolveu Douyin), para dar lugar á app actual: Tiktok.