-
O SÉCULO DAS LUCES
Durante o s. XVIII xorde un movemento intelectual que se viña en chamar Antigo Réxime (Absolutismo e Sociedade estamental, en que o monarca e nobres ostentaban o poder). -
Period: to
A CONSTRUCIÓN DO MUNDO CONTEMPORÁNEO: AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS (LIBERALISMO E REVOLUCIÓN INDUSTRIAL )
Durante aproximadamente un século, unha nova clase social – a burguesía – foi levando a cabo dous tipos de transformacións:
- Económicas: a revolución industrial ( a do carbón e a máquina de carbón, o ferrocarril )
- Políticas: as revolucións, primeiro en Francia ( 1789 ) e logo no resto de Europa ( 1820, 1830, 1848 )
Consolidan así a súa ideoloxía económica e política: o Liberalismo. -
Period: to
DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
Debido a rivalidades entre as potencias europeas, estala a I Guerra Mundial.Unha vez rematada a I Guerra Mundial e debido á situación en Europa agravada pola gran crise económica de 1929 crecen as ideoloxías totalitarias, que conducen a unha rúa sen saída: a II Guerra Mundial . -
Period: to
CARA AOS XXI
Da II Guerra Mundial saíron dous grandes vencedores: EE.UU. (capitalista) e a URSS (comunista), que se ven enfrontadas na chamada Guerra Fría.Mentres, nos anos sesenta, os países africanos e asiáticos colonizados no s XIX comezan os seus proceso de independencia.O 11 setembro de 2001 un ataque de Al Qaeda ao World Trade Center de Nova York ( as Torres Xemelgas ) a cargo dun grupo terrorista islámico parece poñer sobre a mesa o enfrontamento entre o Islam e o sistema capitalista occidental. -
Period: to
CONTINUAN OS XXI
Nos últimos anos, a globalización, a tecnoloxía dixital, internet fixeron do mundo o que algúns denominan unha “aldea global“. Pero nun mundo que acadou tal grao de avance económico, industrial, científico e tecnolóxico, aínda hai case mil millóns de persoas que pasan fame, grandes desigualdades, o cambio climático, o problema dos residuos ...